Marcial Administrador
Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 403 Ubicación: A Coruña
  
|
Publicado: Vie Jul 27, 2007 8:29 am Título del mensaje: VII Festival da Terra e da Língua |
|
|
Ola,
Este finde celébrase o VII Festival da Terra e da Língua, en Pedroso (Narón), organizado pola Fundaçom Artabria.
É un festival moi chulo, porque non está masificado, hai bo ambiente, combina diversas actividades, teatro e actuacións musicais. O entorno onde se celebra é unha zona pegada a un río que está preparada como área recreativa con mesas e camiños, onde montan unha carpa, barra (para eles balcón jeje), palco de concertos, ...
No apartado musical, sábado actúan ás 20.30 horas, Mini e Mero (Música Tradicional), Os tres trebóns (Fusom), Bonovo (Folk-Fusom), Zenzar (Rock), Trapalhada (Ska) e Skárnio (Ska). Eu achegareime por alí sábado, aínda non sei se volverei pola noite a Coruña o me quedarei en tenda de campaña ata domingo. Alguén se anima?
Mais información: Festival da Terra e da Lingua en Narón
Programa detallado de eventos: Apresentado aos meios de comunicaçom o VII Festival da Terra e da Língua
 |
|