sonia
Registrado: 06 Nov 2006 Mensajes: 58
 
|
Publicado: Vie Abr 13, 2007 8:58 pm Título del mensaje: Verdegaia |
|
|
Mercadiño de troco no Barrio de San Pedro en Compostela PDF Imprimir Correo-e
Martes, 10 de Abril do 2007
logo_consumes_ou_devorasO vindeiro sábado 14 de abril, Verdegaia celebra unha nova xornada de troco a partires das 11 da mañá na praza da igrexa da Rúa de San Pedro en Compostela. Os obxectos a trocar serán libros, menaxe de cociña, xoguetes e xogos varios que estean en bo estado, pero que xa non se usen para buscarlles un novo dono/a, nunha proposta de economía alternativa, apostando polo local, a cercanía e o consumo consciente.
Esta é a segunda xornada de troco que Verdegaia organiza en Compostela posto que xa se levou adiante con grande éxito de asistencia e intercambio, un mercadiño de troco en decembro.
O mercado de troco de Verdegaia comezará ás 11 da mañá na Praza da igrexa da rúa de San Pedro. Ata as 13 horas, recibirase e seleccionarase o material a trocar, acéptándose unicamente obxectos en bo estado de uso quedando expostos para que as persoas os examinen. Entre as 13:30 horas e as 14:30 horas, as persoas poderán decidir e levar o que máis lles interesa dos obxectos expostos. A selección e avaliacións dos obxectos establécese medianteun sistema de VALEs: cando se recibe un obxecto, a organización outórgalle un, dous ou tres vales e son eses vales os que despois se trocan polos obxectos, que á súa vez custan un, dous ou tres vales (Ex.Un libro equivale a un VALE).
O troco é un sistema de mercado no que se ten en conta o valor das cousas, non o seu prezo en moeda e que diminúe as diferenzas sociais á hora de consumir. Conleva unha reflexión previa sobre o que valoramos e o que non valoramos do que xa posuímos, diminúe a produción de residuos posto que aquilo que xa non é útil para unha persoa, si pode selo para outra. Diminúe o impacto do transporte posto que pasan dunhas mans a outras dentro da mesma cidade, neste senso tamén é un xeito de achegar ás persoas, creando sinerxias e pon en cuestión o valor actual dos cartos amosando un xeito á marxe do capitalismo para consumir. _________________ SONIA |
|