|
Foro Masa Crítica Coruña

Pincha no debuxo para ir ao foro das Masas Críticas Galegas
- Compartir Foro Masa Crítica Coruña en:
|
| Ver tema anterior :: Ver siguiente tema |
| Autor |
Mensaje |
Marcial Administrador
Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 403 Ubicación: A Coruña
  
|
Publicado: Jue Ene 11, 2007 10:29 am Título del mensaje: V Premio ConBici á mobilidade sostible |
|
|
| Cita: | | Eu propoño á súa santidade Francisco Vazquez polo seu traballo pola mobilidade sostible, porque o ascensor de San Pedro como non o sosteña alguén cae para abaixo fixo. |
A Coordinadora ConBici convoca o V Premio ConBici á Mobilidade Sostenible, que ten por obxecto o recoñecemento da Coordinadora ao labor máis destacado en prol da movilidad sostenible (xa sexa na promoción do transporte público, do desprazamento peatonal ou da bicicleta).
1. Candidatos
Poderán optar a este premio acodes ou organizacións (institucións, colectivos, empresas) que se distinguiron pola promoción e/ou defensa da Mobilidade Sostenible.
2. Presentación de Candidaturas
As propostas materializaranse mediante carta dirixida á actual Oficina Permanente de ConBici cuxa dirección é:
Oficina permanente:
Coordinadora ConBici
C/Verneda 16-22, 08018 Barcelona
Tel. / Fax. 93 307 71 00
ou por correo electrónico a info(arroba)conbici(punto)org. Esta dirección de correo electrónico está protexida contra os robots de spam, necesita ter Javascript activado para poder vela.
A proposta constará:
-Presentación da persoa, institución, colectivo ou entidade.
-Argumentación sobre a importancia do candidato e repercusiones da súa actividade en prol da Mobilidade Sostenible (poden incluírse publicacións, dossier de prensa, etc).
As candidaturas poden presentarse polos propios candidatos ou por outras entidades. En igualdade de condicións primaranse as iniciativas de cidadáns e cidadás fronte ás institucionais.
Valoraranse positivamente, aínda que non soamente, aquelas iniciativas nas que a utilización da bicicleta como medio de transporte reciba un impulso de importancia.
3. Prazo de Presentación
As candidaturas deberán de recibirse na Oficina Permanente de ConBici antes das 14 horas do día 22 de abril do 2007.
4. Modalidade de Premios
O premio consistirá nunha insignia de prata co logo de ConBici e nun diploma personalizado e enmarcado, como recoñecemento do labor en prol da mobilidade sostenible.
5. Xurado
Será a asemblea de ConBici que se celebrará en abril de 2007 en Vigo.
No caso de que houbese un número moi cuantioso de propostas, o Secretariado de ConBici podería facer unha preselección para levar á Asemblea un número de candidatos que permita unha valoración adecuada de cada un deles.
6. Entrega de premios
Procurarase facer a entrega o 5 de xuño do 2007, día Mundial do Medio Ambiente. Se non se puidese entregar este día, buscarase outro día que conveña ás partes.
ConBici. Coordinadora en Defensa da Bici.
Os galardonados en anos anteriores foron:
2003 Pedro Delgado, ciclista.
2004 Concellos SanSebastian-Donostia e Córdoba.
2005 Programa Vías-Verdes da Fundación dos Ferrocarrís Españois.
2006 Alfonso Sanz, urbanista.
Fonte: Convocatoria del V Premio “ConBici” a la movilidad sostenible 2007 |
|
| Volver arriba |
|
 |
JaSe

Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 129 Ubicación: Os Rosales/A Coruña.--.666781940
  
|
Publicado: Jue Ene 11, 2007 4:43 pm Título del mensaje: |
|
|
Yo propongo a todos los que van a la masa critica todos los meses anuque llueva o haya cualquier otra cosa "mas importante". _________________ -->JaSe<--
<---------A metro y medio por farvor---------> |
|
| Volver arriba |
|
 |
sonia
Registrado: 06 Nov 2006 Mensajes: 58
 
|
Publicado: Sab Ene 13, 2007 3:10 pm Título del mensaje: apoio o mensaxe anterior |
|
|
eu tamén "quero nominar e nomimo" a MASA CRÍTICA¡¡¡¡¡¡¡ Presentamonos? _________________ SONIA |
|
| Volver arriba |
|
 |
Xiana

Registrado: 03 Nov 2006 Mensajes: 180 Ubicación: Os Castros_A Coruña
   Votos: 3
|
Publicado: Mie Ene 17, 2007 9:40 pm Título del mensaje: |
|
|
| Veña, esa Masa Crítica!!! |
|
| Volver arriba |
|
 |
|
|
No puede crear mensajes No puede responder temas No puede editar sus mensajes No puede borrar sus mensajes No puede votar en encuestas
|
Foro creado Gratuitamente en http://www.mundoforo.com Crea gratis tu foro en http://www.mundoforo.com
Mapa del sitio
Powered by phpBB © 2001, 2005 phpBB Group
|