Josiño Administrador

Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 267 Ubicación: GOLFO ARTABRO
  
|
Publicado: Dom Mar 18, 2007 8:45 pm Título del mensaje: Universidade consciente |
|
|
Verdegaia, a USC e a Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible poñen en marcha un programa de préstamo de bicicletas nos campus de Lugo e Santiago
Este programa diríxese a todos os membros da comunidade universitaria co obxectivo de fomentar o uso de medios de transporte alternativos ao coche, fornecendo unha ferramenta práctica para visualizar a viabilidade da bicicleta como modo de transporte, e estudar as particularidades do seu uso en Santiago e Lugo.
O transporte, do que o consumo enerxético unha das súas facianas principais, é unha das causas fundamentais da actual crise ecolóxica. A súa integración cotiá na nosa vida fai que esquezamos ou descoñezamos os profundos efectos destrutivos tanto locais como globais que provoca nas súas actuais dimensións e características. Os seus efectos non son só ambientais (efecto invernadoiro, contaminación acústica, atmosférica e do chan) senón tamén sociais (accidentes, exclusión social, illamento, expropiacións, despoboamento) e mesmo culturais.
Nos últimos 30 anos estamos a asistir a unha explosión da demanda de transporte desmesurada. No período entre 1998 e 2003, a intensidade media de vehículos lixeiros nas estradas e cidades galegas medrou un 50,3% e un 49.2% o tráfico pesado. O desbaldimento de recursos materiais e enerxéticos e a contaminación xerada que reflicten estas cifras están a conformar unha situación ambiental grave.
Os Campus universitarios da Universidade de Santiago de Compostela sofren tamén un incremento exponencial do tráfico e do espacio adicado a estacionamento.
O inicio da solución dos problemas inherentes ao transporte e a mobilidade pasa, dende unha óptica ecolóxica e de sustentabilidade, en primeiro lugar por ser conscientes de que movernos incide no ambiente, incide no noso entorno social e incide noutros países e colectivos dos que parten as materias primas para manter o actual sistema de transporte. Cómpre escoller o medio máis axeitado en cada momento tendo en conta todos os factores e favorecendo o menor impacto. Nesta nova cultura da mobilidade, a bicicleta está chamada a ter un papel central e as tres entidades apostan polo seu uso cotián.
Os Obxectivos do Programa Piloto de Empréstito de Bicicletas desenvolvido por Verdegaia, a Oficina de Desenvolvemento Sostible da USC e Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible son:
* Fornecer de exemplos prácticos a usuarios/as doutros medios de transporte onde visibilizar a viabilidade da bicicleta como ferramenta de transporte.
* Estudar a posibilidade de establecer un servizo permanente de cesión de bicicletas e avaliar as posíbeis eivas con vistas a elaborar un programa máis amplo.
* Valorar a reacción do colectivo universitario e o interese xerado pola iniciativa.
* Estudar as particularidades do uso da bicicleta no entorno dos dous campus e da cidade de Santiago.
O programa desenvolverase dende o 10 de abril ate o 29 de xuño e fundaméntase no préstamo de bicicletas aos membros da comunidade universitaria que se acollan ao programa e se comprometan a empregala habitualmente nos seus desprazamentos cotiáns. Durante este periodo, recibirán clases de mecánica básica e condución urbana da bicicleta e analizarán as posibilidades da bicicleta como modo de transporte |
|