cuma Invitado
|
Publicado: Dom Sep 02, 2007 7:32 pm Título del mensaje: U R X E N T E !!!!!!!!!! |
|
|
SACADO DE galiza.indymedia.org, onde tamén podes ver as accións que xa se levan feitas -columna dereita:
Convocatoria :: deriva transfronteiriza na Corunha
En apoio ás compañeiras migrantes, ás que coactivamente se lles nega toda posibilidade de falar en voz alta para comunicar e denunciar públicamente as súas precarias condicións existenciais, convócase unha deriva transfronteiriza para expresar o rexeitamento social á acción policial do pasado mércores 26 na r/ Real da Corunha e pola libre circulación de toda persoa, sen distinción de raza nen condición socio-laboral.
Partirase desde o Teatro Rosalía de Castro, situado na propia r/Real, ás 20:00h do vindeiro luns 3 de setembro.
O proceso de globalización económica fai que a institución-fronteira, entendida como liña divisoria entre as diferentes soberanías nacionais se vexa difuminada. Non obastante, dase ao mesmo tempo un proceso de multiplicación das fronteiras, entendidas como un antinomadismo; unha fixación dos individuos a neo-apartheids xeográficos e sociais. A experiencia-fronteira contemporanea está atravesada, a máis, por unha guerra productora de orde e capital vía de afirmación de poder.
Actos como os acontecidos o pasado mércores, engadidos ás radicalmente inaceptabeis declaracións de quen ten boa parte da responsabilidade dos mesmos; a asociación de empresarios da Area Comercial Obelisco, así como o modo no que se veñen explicando desde varios medios de comunicacións as netamente pacíficas resistencias das migrantes, que siguen ocupando a r/Real para conseguir algo que levar á boca, merecen ser contestados por unha sociedade que exprese un rotundo rexeite destas fronteiras, exteriores ou intrametropolitanas, que son atravesadas de maneira diferente por blancos e ricos que negros |
|