| Ver tema anterior :: Ver siguiente tema |
| Autor |
Mensaje |
Marcial Administrador
Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 403 Ubicación: A Coruña
  
|
Publicado: Mie Ago 22, 2007 2:16 am Título del mensaje: Semana da mobilidade |
|
|
Xa sabedes que a Masa Crítica Galiza coincide coa semana da mobilidade (evidentemente non é unha casualidade jeje). Pero ademais de participar neste importantísimo evento, hai outra serie de accións a realizar na nosa cidade con motivo desta sinalada data.
O lema deste ano da semana é "a cidade para os cidadáns", o cal é algo moi signidicativo e destacable, non para os coches, non para o ruido, non para a contaminación, senón para os cidadáns.
De momento existen duas accións a levar a cabo durante estas datas:
- Reunión cos políticos que nos governan, ou mal governan se temos en conta as accións realizadas en favor da mobilidade dentro da nosa cidade. Haberá que escoitar e falar, ver o que nos promente e ver o que fixeron ou non fixeron do que xa prometeran, ...
- Realizar unha nova carreira de medios.
Seguimos co tema... |
|
| Volver arriba |
|
 |
JaSe

Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 129 Ubicación: Os Rosales/A Coruña.--.666781940
  
|
Publicado: Mie Ago 22, 2007 12:04 pm Título del mensaje: |
|
|
eu creo que o mellor e unha nova carreira de medios, porque moita xente, sen ir máis lonxe os meus pais, di: claro, pillachedes un día con moitisimo tráfico e saltando semáforos, así o fago eu en patinete. _________________ -->JaSe<--
<---------A metro y medio por farvor---------> |
|
| Volver arriba |
|
 |
rotor Administrador

Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 101
  
|
Publicado: Jue Ago 23, 2007 12:32 am Título del mensaje: |
|
|
eu mañan vou pedir reunión co alcalde e coa concelleira de medio ambente, unha oportunidade para entregarlle as firmas e polo menos que pasen o mal trago...chus, vai afiando os caninos
...un día despois....
ben, a concelleira de medio ambente esta de vacacións ata o día 31, o día un volvo a chamar, supoño que nos recibira antes da semán da mobilidade |
|
| Volver arriba |
|
 |
Xiana

Registrado: 03 Nov 2006 Mensajes: 180 Ubicación: Os Castros_A Coruña
   Votos: 3
|
Publicado: Jue Ago 23, 2007 1:58 pm Título del mensaje: |
|
|
| Teño que rescata-las miñas sinaturas... non sei onde as metín. Incluso podo tentar de recoller máis, aínda estamos a tempo se vai para longo... |
|
| Volver arriba |
|
 |
candicaramelo

Registrado: 11 Oct 2006 Mensajes: 10
 
|
Publicado: Lun Sep 17, 2007 11:53 am Título del mensaje: Carpas no Obelisco... |
|
|
Como xa alguén comentou polo foro, as carpas que hai no obelico son para a semana da mobilidade. Non sei a qué se adicarán exactamente, pero hai ben delas (ó mellor aparcan un carro en cada unha... ).
De calquera xeito, creo que non estaría demáis pasar por alí, por se acaso hai persoal ó cal mostrarlle o noso desacordo coa política de mobilidade nesta cidade, e recordarlles que o resto do ano tamén nos movemos. Xa sabemos o moito que lles gusta ós politicos o tema das carpas (deben ter pago o seu aluguer ata outubro, e agora inventaron isto.).
Espero que pasedes coas vosas bicicletas, e reivindiquedes o voso ben merecido agasallo por mirar pola mobilidade todo o ano... (ó mellor regálan o espantabestas, manel...!!!... non creo... Como moito, regalarán os paquetes de tabaco requisados na semana da saúde, pra que empecemos a fumar...)
POr suposto, eu vou pasar todos os días a tocar os co%$&#s e montar cisco. Xa sabedes, se e que estou asilvestrado...!!!!  |
|
| Volver arriba |
|
 |
JaSe

Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 129 Ubicación: Os Rosales/A Coruña.--.666781940
  
|
Publicado: Lun Sep 17, 2007 12:22 pm Título del mensaje: |
|
|
eu xa fun por ali e hai un tranvia para velo por dentro, un autobus, e nas carpas teñen o do biodiesel, outra con cousas da bici, patines, patinetes..., outra co coche que vai a hidróxeno e un coche electrico. seguro que se me pasa lgo. _________________ -->JaSe<--
<---------A metro y medio por farvor---------> |
|
| Volver arriba |
|
 |
luisete 104

Registrado: 27 Nov 2006 Mensajes: 70
 
|
Publicado: Mar Sep 18, 2007 7:43 pm Título del mensaje: |
|
|
Boas novas.
Na semana da mobilidade non todo van ser coches.
O concello tamen pensa nos ciclousuarios, e quere darlles un bo servizo para que poidan usar a cidade e as suas instalacions mais comodamente.
Acaban de sacar para estas datas un novo e revolucionario sistema de aparcamento para bicicletas. Xa sei. Non o credes. Pero e verdade.
Contrataron unha chea de expertos da bicicleta e incluso varios artistas para que estes novos aparcamentos teñan a estetica adecuada á categoria desta cidade.
O bo que ten este sistema é que ocupan moi pouco espazo nas ruas e ten unha enorme capacidade.
E ademais, ten a capacidade de aproveitar todolos rinconciños perdidos que non teñen moito uso.
Velai vos van unhas fotos:
 _________________ o home 104 |
|
| Volver arriba |
|
 |
luisete 104

Registrado: 27 Nov 2006 Mensajes: 70
 
|
Publicado: Mie Sep 19, 2007 12:49 pm Título del mensaje: carreira ciclista do concello do dia 23 de setembro |
|
|
O outro dia falamos algo sobre isto. Non gustamos do trato do concello cara os ciclousuarios e falamos de facer algo nesa "marcha ciclista". Eu non creo que vaia, pero ocorreuseme algo. Xa que a este tipo de eventos todo o mundo vai disfrazado para circular pola cidade como se fosen participar da volta a españa, nos deberiamos non ir disfrazados. Ou sexa, coa roupa dos domingos. Así que ide sacando o traxe dos domingos de toda a vida do roupeiro para pasarlle o cepillo. Creo que estaría ben se somos uns cantos, ir de traxe. Como non creo que todos teñan un traxe, algo mais sinxelo e comodo sería ir cun pantalón finiño, de vestir, camisa branca e corbata oscura. Dame que iso podemolo ter todos. Sería a estetica do oficinista, roupa de traballo para moita xente. O complemento perfecto e levar un par de bolis no peto da camisa. Se somos uns cantos ainda habemos chamar a atención. Ou sexa, a maioria da xente que vai usa o traxe todolos dias para traballar, e o domingo poñense o chandal. Pero como andar na bici pola cidade non é un deporte, que é un medio de transporte, hai que ir coa roupa dos domingos. A isto añadimos os carteis que dixo juan bello, e a montala. _________________ o home 104 |
|
| Volver arriba |
|
 |
Marcial Administrador
Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 403 Ubicación: A Coruña
  
|
Publicado: Mie Sep 19, 2007 1:18 pm Título del mensaje: |
|
|
Jo, apetéceme moito a idea. De feito xa falaramos de facer unha masa especial etiqueta, para ir de traxe, maqueados, pintarraxeados ou como sexa. Para amosar que a bici non entende de posición social, tipo de traballo, etc.
Eu ainda non decidín se quedo a durmir en Santiago o sábado, polo que depende diso se vou ou non. Pero de todos modos deberiamos ir un número mínimo, porque senón en vez de tentar de representar algo poderiamos ser: mira que dous colgados como van.
Fagamos isto ou non o domingo, eu sigo desexando facelo nunha masa, ben preparado, con tempo, ben anunciado... para conseguir ser o maior número de xente posible. De feito é unha imaxe moi impactante para a prensa se a queremos convocar. Eu teño traxe, Isaac ten un impecable traxe branco que deberia usar máis jeje, as rapazas que normalmente non usan traxe seguro que teñen vestidos de saír ou tipo fin de ano, ou poden maquearse ben. |
|
| Volver arriba |
|
 |
Moncho do Orzán

Registrado: 11 Ene 2007 Mensajes: 64
       
|
Publicado: Mie Sep 19, 2007 1:56 pm Título del mensaje: |
|
|
A idea é formidábel! Contade comigo!!! Un detalle: a marcha parte ás 10h!!!!!!!!!!!!!!
No Concello calculan que no dia da bici participarán máis de 10.000 persoas!!! Que ostias terá un acto deste tipo e que ostias lle falta á Masa Crítica!???? En fins... botade-lle un ollo a esta ligazón: http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2007/09/19/0003_6154204.htm |
|
| Volver arriba |
|
 |
Xiana

Registrado: 03 Nov 2006 Mensajes: 180 Ubicación: Os Castros_A Coruña
   Votos: 3
|
Publicado: Mie Sep 19, 2007 2:19 pm Título del mensaje: |
|
|
| Marcial escribió: | | ... as rapazas que normalmente non usan traxe seguro que teñen vestidos de saír ou tipo fin de ano, ou poden maquearse ben. |
Perdoa, Marcialiño, pero eu teño traxe... e é a prenda de vestir que máis amorticei pra eventos dese calibre... Asi que o día da bici é este domingo... pois van ser 9.999 persoas... _________________ Gravados Rupestres: Patrimonio da Humanidade!! |
|
| Volver arriba |
|
 |
luisete 104

Registrado: 27 Nov 2006 Mensajes: 70
 
|
Publicado: Mie Sep 19, 2007 7:42 pm Título del mensaje: |
|
|
ben por marcial. xa que non creo que o domingo as dez da mañá haxa moita xente "dos nosos", e no enlace da voz que puxo moncho, falese dunha carreira (nos non temos presa), así que pode ser mellor facer unha masa especial "business", como xa se falara. que a forza vos acompañe a santiago  _________________ o home 104 |
|
| Volver arriba |
|
 |
|