Índice de Masa Crítica Coruña Foro Masa Crítica Coruña



Pincha no debuxo para ir ao foro das Masas Críticas Galegas
  • Compartir Foro Masa Crítica Coruña en:



 
 F.A.Q.F.A.Q.   BuscarBuscar   Lista de MiembrosLista de Miembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RegístreseRegístrese 
 PerfilPerfil   Conéctese para revisar sus mensajesConéctese para revisar sus mensajes   ConectarseConectarse 


Recollida sinaturas pra defensa do Círculo Lítico da Mourela

 
Publicar Nuevo Tema   Responder al Tema    Índice de Masa Crítica Coruña -> Convocatorias doutros grupos sociais
Ver tema anterior :: Ver siguiente tema  
Autor Mensaje
Xiana



Registrado: 03 Nov 2006
Mensajes: 180
Ubicación: Os Castros_A Coruña
Reputación: 19.7Reputación: 19.7
Votos: 3

MensajePublicado: Mar Ene 30, 2007 2:11 pm    Título del mensaje: Recollida sinaturas pra defensa do Círculo Lítico da Mourela Responder citando

Recollida de sinaturas para a defensa do Círculo Lítico da Mourela:

Pra asinar nesta dirección web:

http://www.amigus.org/web/archives/005491.php
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado  
jesus
Administrador


Registrado: 10 Oct 2006
Mensajes: 13

Reputación: 6.8Reputación: 6.8Reputación: 6.8Reputación: 6.8Reputación: 6.8Reputación: 6.8

MensajePublicado: Mie Ene 31, 2007 9:30 am    Título del mensaje: Responder citando

Asinado Cool
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado  
Xiana



Registrado: 03 Nov 2006
Mensajes: 180
Ubicación: Os Castros_A Coruña
Reputación: 19.7Reputación: 19.7
Votos: 3

MensajePublicado: Mie Ene 31, 2007 2:19 pm    Título del mensaje: Responder citando

Very Happy

Ok! graciñas!!
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado  
Moncho do Orzán



Registrado: 11 Ene 2007
Mensajes: 64

Reputación: 7.6Reputación: 7.6Reputación: 7.6Reputación: 7.6Reputación: 7.6Reputación: 7.6Reputación: 7.6

MensajePublicado: Vie Jun 08, 2007 10:27 am    Título del mensaje: Responder citando

O martes as paleadoras atravesaron o círculo lítico da Mourela nas Pontes co permiso de Património. Eles din que as tres mámoas que hai na zona están intactas, pero o certo é que están a bastante menos dos 200m que esixe a Lei do Solo.

Mourela, D.E.P.
3000 a.c. - 5 de xuño do 2007
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado  
Moncho do Orzán



Registrado: 11 Ene 2007
Mensajes: 64

Reputación: 7.6Reputación: 7.6Reputación: 7.6Reputación: 7.6Reputación: 7.6Reputación: 7.6Reputación: 7.6

MensajePublicado: Vie Jun 08, 2007 10:29 am    Título del mensaje: Responder citando

Tedes máis info en: www.amigus.org/mourela.php
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado  
Xiana



Registrado: 03 Nov 2006
Mensajes: 180
Ubicación: Os Castros_A Coruña
Reputación: 19.7Reputación: 19.7
Votos: 3

MensajePublicado: Vie Jun 08, 2007 4:34 pm    Título del mensaje: Responder citando

Menudos fillos da puta!! Déixovos esto que me pasaron para ler.


D.E.P. Círculo Lítico da Mourela: 3000 AC-5 de xuño de 2007

5 de xuño de 2007: día de loito para o Patrimonio Cultural de Galiza. Na mañá do Día Mundial do Medio Ambiente, a necrópole da Mourela foi arrasada por dúas escavadoras. Sen facer públicos os traballos arqueolóxicos sobre o Circulo Lítico, sen estudar outras alternativas ao trazado previsto, sen valorar a posibilidade de construir un túnel por baixo da necrópole como propuña ADEGA, e sen termos constancia de que a D. X. de Patrimonio dera o visto bo, a CPTOPV arrasou o monumento, enclave crucial do megalitismo galego. Rematan así 5.000 anos de historia do Círculo Lítico da Mourela. ADEGA e a Plataforma pola Defensa do Patrimonio das Pontes esiximos responsabilidades por esta desfeita.



--------------------------------------------------------------------------------
COMUNICADO de ADEGA e a Plataforma pola Defensa do Patrimonio das Pontes
A Asociación Ecoloxista ADEGA e a Plataforma na Defensa do Patrimonio das Pontes queren facer público o seguinte:
O día 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente, as consellerías de Cultura e Política territorial borraron dun plumazo o Círculo Lítico da Mourela, no concello das Pontes de García Rodríguez. A media mañá varias máquinas entraron no xacemento destruindo a súa superficie. Alén disto a situación na que quedan as tres mámoas da necrópole é insostíbel, dado que unha gabia de máis de 50 metros de profundidade atravesará este conxunto pola metade.
Ante esta situación, cremos que se repetiron os erros do pasado e non se fixo ningún intento por parte da Administración por dar transparencia a esta destrucción. Ignorouse ademais a alternativa da execución dun túnel presentada polas nosas organizacións, que no mes de novembro de 2006 contaba co apoio da Dirección Xeral de Patrimonio, que confiaba nesta alternativa como solución á destrucción.
Hai que sinalar que a Lei do Patrimonio Cultural Galego esixe a formulación e o estudo de tódalas alternativas existentes denantes de destruir o patrimonio. Cremos que no caso da Mourela a Lei non estivo vixiante.
A decisión de construir un túnel que salvagardara a necrópole megalítica non era unha cuestión económica nin legal, era unha decisión política, polo que consideramos que a Administración tomou o camiño equivocado. Por isto dende ADEGA e a Plataforma, pedimos a demisión do Dir. Xeral de Obras Públicas D. Manuel Morato, por non estudar a alternativa existente e coaccionar á Dir. Xeral de Patrimonio, na toma desta decisión. Logo de apoio público da Dir. Xeral de Patrimonio á alternativa do túnel lamentamos profundamente que o seu director xeral D. Felipe Arias, non tivese a entereza suficiente para esixirlle á Dirección Xeral de Obras Públicas a valoración e o estudo da alternativa do túnel e en consecuencia pedimos que os responsábeis desta situación, demitan.
Ademais aproveitamos este comunicado para anunciar a activación dun dispositivo de loita activa contra a especulación do noso patrimonio arqueolóxico, que inclúe medidas de carácter social e legal.
Durante os vindeiros días anunciaremos as diferentes movilizacións que se producirán como repulsa a este atentado patrimonial. Hoxe é un día triste para a arqueoloxía en Galiza, mais tamén o é para a Cultura Galega. Os veciños e veciñas das Pontes non aturararán máis destruccións do noso Patrimonio: coas nosas mans conseguiremos virar o rumbo desta nave da sinrazón e por a nosa proa na dirección axeitada, para que remate dunha vez por todas a especulación co noso Patrimonio Cultural.


http://www.culturagalega.org/noticia_arquivo.php?id=10103

As obras da Autovía 64 entre Ferrol e Vilalba rematan cos restos do círculo lítico de A Mourela, nas Pontes

Era un dos poucos círculos líticos do megalitismo documentados no país. O erudito local Federico Maciñeira localizouno a finais do século XIX, pero as súas pedras foron empregadas na construción dunha estrada. Só despois de ser aprobado o trazado da autovía AG64 entre Ferrol e Vilalba, que atravesaba polo medio do xacemento, se puideron comezar as excavacións na zona, que demostraron a existencia do círculo lítico e unha posterior edificación medieval. Onte a Consellaría de Cultura levantou a zona de cautela sobre o xacemento, tras recibir un informe da Consellaría de Obras Públicas desestimando un cambio no trazado da autoestrada. As escavadoras xa comezaron a levantar a terra. Un activo movemento local e veciñal defendeu durante estes anos a escavación, a preservación dos restos e o desvío do trazado da autoestrada.



http://vello.vieiros.com/gterra/nova.php?Ed=45&id=50525

O Círculo lítico da Mourela
[07/06/2006 17:03] Non é descoñecido que na Galiza grande parte do noso patrimonio foi gradualmente destruído. Ás máis das veces a causa foi o trazado de vías de comunicación que non tiveron un mínimo respeito polo patrimonio existente.
Desta vez estamos diante da queda dun xacimento arqueolóxico único na Galiza e Europa. Parece todo indicar que miles de anos de testemuña do decorrer histórico galego poderían estragarse nuns minutos.

É o círculo lítico da Mourela en Ferrolterra, nomeademente nas Pontes.

A destrución deste emprazamento milenario deriva da construción dunha autovía que, segundo o trazado aprobado, uniría Ferrolterra coa Terra Chá.
Como reacción a este feito constituise unha plataforma que denuncia a falta de sensibilidade co patrimonio coa que se está a tratar o emprazamento prehistórico amiazado polas obras da autovía Ferrol-Vilalba (tramo As Pontes-Cabreiros).

A denominada Plataforma Cidadá en Defensa do Círculo Lítico da Mourela redixíu un manifesto no que salientan que as obras "suporán a desaparición definitiva do devandito hachádego arqueolóxico", destacando que o "problema... nace co anterior goberno da Xunta, en tanto que o estudo de impacto ambiental do tramo non se recollía a existencia do hachádego". Contodo afirman que "ao longo da pasada semana, parece que as presións da actual Consellería de Política territorial e das empresas adxudicatarias ("Puentes y carreteras" y "Viviendas y Ferramentos") fixeron efecto no que en teoría é a entidade administrativa con maior capacidade para a preservación do patrimonio histórico de Galicia, como é a Direción xeral de patrimonio, dependente da Consellería de Cultura".

A Plataforma indica que parece iminente que "...os 5.000 anos de historia do círculo lítico serán aniquilados polas maquinarias das empresas adxudicatarias da construción".

Neste senso apunta a organización popular que "se ben a autovía Ferrol-Vilalba é algo esencial para o futuro desenvolvemento do Concello das Pontes, e que o retraso da súa finalización suporía un incremento do orzamento inicial, non é motivo como para non aumentar a marxe de tempo para levar a cabo as investigacións pertinentes sobor dun elemento patrimonial de gran importancia non só a nivel local, senón tamén galego e europeo".

Segundo informacións que algúns medios publicaban no día de hoxe, estase tentando chegar a unha postura de consenso entre a administración e a Plataforma de cara a non danar o xacemento e procurar alternativas ao trazado incialmente aprobado polo Partido Popular.
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado  
Mostrar mensajes anteriores:   
Publicar Nuevo Tema   Responder al Tema    Índice de Masa Crítica Coruña -> Convocatorias doutros grupos sociais Todas las horas están en GMT + 2 Horas
Página 1 de 1

 
Saltar a:  
No puede crear mensajes
No puede responder temas
No puede editar sus mensajes
No puede borrar sus mensajes
No puede votar en encuestas
Foro creado Gratuitamente en http://www.mundoforo.com
Crea gratis tu foro en http://www.mundoforo.com

Mapa del sitio



Powered by phpBB © 2001, 2005 phpBB Group
 

MundoForo.com - Perteneciente a MundoGratis.com

 
Programas Gratis Subir Imagenes - Fotolog Crear Blog Personal
 
Chistes Juegos Gratis Manuales Gratis