Marcial Administrador
Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 403 Ubicación: A Coruña
  
|
Publicado: Mar Abr 24, 2007 12:11 pm Título del mensaje: Noticias do Concello sobre a bici previas as eleccións |
|
|
Empezan a ternos en consideración porque, como dicía Manel, non é casualidade que o propio día das 12 horas e poucos días despois saian noticas relacionadas coa bici enviadas polo concello aos principais diarios.
Os puntos para o aluguer de bicicletas instalaranse en varias zonas da cidade (La Voz de Galicia)
O Concello porá en marcha un servizo municipal de aluguer de bicicletas para favorecer o uso deste transporte na cidade. Para iso, segundo anunciaron onte responsables municipais, haberá varios puntos nos que os coruñeses disporán das bicicletas, tanto no centro como nos barrios, que se poderán usar por un tempo determinado para deixalas noutro aparcadoiro establecido.
Ademais, o goberno local anunciou que nestes momentos está en estudo a creación dunha zona para bicicletas no tramo que non ten carril-bici no paseo marítimo, entre a Casa dos Peixes e o Millennium. Trátase de crear unha zona de tránsito para as bicis nas que terían preferencia o peón, pero pola que poderían circular as bicicletas e sinalizaríase cunha baldosa en liña de diferente cor.
De todos os xeitos, xa existen diversas zonas de aparcadoiro para bicicletas en distintos puntos do Paseo Marítimo, en Riego de Auga e noutras vías da cidade. Doutra banda, o Concello sacou a concurso as obras do proxecto de carril bici na contorna do IES Someso e a Escola de Imaxe e Son, que permitirá ampliar o carril bici ata a zona universitaria. O orzamento é de 93.446,56 euros.
Concursos (La Opinion)
El Concello ha sacado a concurso las obras del proyecto de carril bici en el entorno del IES Someso y la Escuela de Imagen y Sonido hasta la zona universitaria en Elviña. Los proyectos no podrán superar el presupuesto establecido de 93.446 euros y el plazo de ejecución deberá ser de dos meses. El carril ocupará 420 metros cuadrados y, para realizarlo es necesario que, previamente, se despeje y desbroce el terreno. |
|