Índice de Masa Crítica Coruña Foro Masa Crítica Coruña



Pincha no debuxo para ir ao foro das Masas Críticas Galegas
  • Compartir Foro Masa Crítica Coruña en:



 
 F.A.Q.F.A.Q.   BuscarBuscar   Lista de MiembrosLista de Miembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RegístreseRegístrese 
 PerfilPerfil   Conéctese para revisar sus mensajesConéctese para revisar sus mensajes   ConectarseConectarse 


Multa a ciclista en Santiago

 
Publicar Nuevo Tema   Responder al Tema    Índice de Masa Crítica Coruña -> Recomendacións
Ver tema anterior :: Ver siguiente tema  
Autor Mensaje
Marcial
Administrador


Registrado: 10 Oct 2006
Mensajes: 403
Ubicación: A Coruña
Reputación: 20.8Reputación: 20.8

MensajePublicado: Jue Sep 13, 2007 9:53 am    Título del mensaje: Multa a ciclista en Santiago Responder citando

Ola,

A través dunha amiga souben que a unha rapaza (amiga dela) puxéronlle unha multa dobre en Santiago de Compostela. A pobre quería información sobre como pode actuar ou se ten algún tipo de defensa ou xeito de protesta.

Multáronlle por ir en bici polo casco vello e por usar o móbil. Dous en un, xa vedes. Ademais está preocupada por si lle quitan puntos do carnete de conducir, por iso pide que alguén lle poda informar como están as cousas en Santiago sobre este tema...

P.D.1 Cando empecen a multar aos coches que me pasan a medio metro tan panchos como se circulasen correctamente, pois empezarei a aceptar multas coma esta... pero claro, unha bici andando a paso de tartaruga polo casco vello é algo perigosísimo!!!! faltaría mais, moito mais que se un coche pasa por riba dun ciclista, ao mellor pode espantar a algunha pomba ou faille cambiar lixeiramente de traxectoria a un peón...

P.D.2 Como me toque a min algunha destas se ganarán a un pesado chamando ao 092 cada vez que un coche me pase rozando... e serán moitas veces ao día... A lei é a lei non? (sería o respostarían eles)
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado   Visitar sitio web del autor
xanduro



Registrado: 02 Nov 2006
Mensajes: 19

Reputación: 11

MensajePublicado: Jue Sep 13, 2007 4:56 pm    Título del mensaje: Multa dobre Responder citando

Ola,
Facendo un repaso da normativa municipal compostelana accesíbel a través da web www.santiagodecompostela.org só atopei as seguintes restricións:

Normativa Municipal de Compostela referida as bicicletas:

ORDENANZA XERAL DE CIRCULACIÓN E USO DA VÍA PÚBLICA

Artigo 25.- Peóns
3.- En ningún caso os vehículos poderán circular polas beirarrúas nin polas demais zonas peonís, agás no suposto de usos compartidos con bicicletas que estean debidamente sinalizados.
Artigo 27.- Bicicletas
1. Os condutores de bicicletas axustarase ás mesmas normas que regulan a circulación dos demais vehículos. O ciclista só terá a consideración de peón cando circule a pé.
2. Nos espazos de uso compartido por peóns e bicicletas, a velocidade destas deberá axustarse á dos peóns, que sempre terán prioridade en caso de conflito.
3. Cando exista unha vía de uso exclusivo para bicicletas deberá estar expresamente sinalizada. Nestas vías as bicicletas terán prioridade sobre os peóns e sobre os demais vehículos, debendo utilizala obrigatoriamente sen invadir o resto da calzada.
4.En horario nocturno, só poderán circular por vías iluminadas, con luces de posición e con algún elemento reflectinte na bicicleta ou na indumentaria do ciclista.
Artigo 32.- Prohibición de parada.
14.- Nos pasos ou carrís reservados exclusivamente para o uso de ciclistas.
Artigo 155.- Estacionamentos que perturban a circulación de peóns e vehículos.
7.- Cando se atope estacionado nos pasos de peóns ou nos pasos para ciclistas.

ORDENANZA XERAL DE PROTECCIÓN DO MEDIO AMBIENTE URBANO

CAPITULO II.-PROTECCION DE ELEMENTOS VEXETAIS
Artigo 78.-Con carácter xeral, para a boa conservación e mantemento das diferentes especies vexetais das zonas verdes, non se permitirán os seguintes actos:
6.. Aclarar, arrincar ou partir árbores, pelar ou arrincalas súas cortizas, cravar plantas, atar ós mesmos, escaleiras, ferramentas, soportes de andamiaxe, ciclomotores, bicicletas, carteis ou calquera outro elemento, gabear ou subir ós mesmos.
CAPITULO V.-VEHICULOS NAS ZONAS VERDES
Artigo 86.
a) Bicicletas.
Os nenos de ata dez anos poderán circular en bicicleta polos paseos interiores dos parques, sempre que a escasa afluencia de público o permita e non causen molestias ós demais usuarios dos parques.
CAPITULO VII.-INFRACCIONS
2.-Considéranse infraccións graves:
10. Usar bicicletas en lugares non autorizados.

Se existe algún decreto ou bando sobre a zona vella non fun que de atopalo, máis coido que na multa debe ir a tipificación da normativa incumplida.

Entre os ciclousuarios/as de Compostela sempre se asumiu a existencia desa prohibición (quizais unha lenda urbana) pero nunca a chegei ver reflictida nunha norma. Agora ben, todas andamos en bici pola zona monumental e nunca din nada. De feito o paso á catedral dos/as peregrinos/as en bicicleta é pola parte vella.

Ao respecto da perda de puntos do carne mandei unha mensaxe ao Grupo de Traballo sobre Lexislación de ConBici a ver que saben
_________________
Xan Duro
Coordenador Xeral de Verdegaia
www.verdegaia.org
www.bicis.info
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado   Visitar sitio web del autor
xanduro



Registrado: 02 Nov 2006
Mensajes: 19

Reputación: 11

MensajePublicado: Jue Sep 13, 2007 5:56 pm    Título del mensaje: Resposta Responder citando

Xa contestaron dende ConBici. Non se poden quitar puntos de carne por infraccións feitas en bici. Así o manifestou o Director Xeral de Tráfico en varias ocasións. Se por casualidade llos quitan, que recurra que gana seguro.
_________________
Xan Duro
Coordenador Xeral de Verdegaia
www.verdegaia.org
www.bicis.info
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado   Visitar sitio web del autor
Marcial
Administrador


Registrado: 10 Oct 2006
Mensajes: 403
Ubicación: A Coruña
Reputación: 20.8Reputación: 20.8

MensajePublicado: Jue Sep 13, 2007 6:18 pm    Título del mensaje: Responder citando

Graciñas Xan, transmitirei esta información, e a ver en que queda a cousa, tereivos informado.
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado   Visitar sitio web del autor
xotengo



Registrado: 01 Jun 2007
Mensajes: 12

Reputación: 2.3Reputación: 2.3

MensajePublicado: Jue Sep 13, 2007 9:40 pm    Título del mensaje: Responder citando

Curioseando por ahí, me he encontrado este artículo: http://www.consumer.es/web/es/motor/educacion_y_seguridad_vial/2007/01/31/159461.php

En el artículo dice expresamente que las multas no supondrán pérdida de puntos al no exigirse carnet de conducir a los ciclistas, pero pagar hay que pagar.

Un saludo.
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado  
Mostrar mensajes anteriores:   
Publicar Nuevo Tema   Responder al Tema    Índice de Masa Crítica Coruña -> Recomendacións Todas las horas están en GMT + 2 Horas
Página 1 de 1

 
Saltar a:  
No puede crear mensajes
No puede responder temas
No puede editar sus mensajes
No puede borrar sus mensajes
No puede votar en encuestas
Foro creado Gratuitamente en http://www.mundoforo.com
Crea gratis tu foro en http://www.mundoforo.com

Mapa del sitio



Powered by phpBB © 2001, 2005 phpBB Group
 

MundoForo.com - Perteneciente a MundoGratis.com

 
Programas Gratis Subir Imagenes - Fotolog Crear Blog Personal
 
Chistes Juegos Gratis Manuales Gratis