|
Foro Masa Crítica Coruña

Pincha no debuxo para ir ao foro das Masas Críticas Galegas
- Compartir Foro Masa Crítica Coruña en:
|
| Ver tema anterior :: Ver siguiente tema |
| Autor |
Mensaje |
luisete 104

Registrado: 27 Nov 2006 Mensajes: 70
 
|
Publicado: Mie Jul 18, 2007 6:31 pm Título del mensaje: Masa Crítica setembro "Especial Torre de Hércules" |
|
|
Sei que é un pouco pronto pero e que acabo de ler unha noticia que creo nos pode interesar para esa masa.
O alcalde vai apoiar a candidatura da Torre a patrimonio da humanidade. A votacion farase a finais de setembro e o señor Losada ten previsto un "gran acto cidadán" no citado mes.
Creo que é unha boísima ocasión de facer a "pelota" e axudar á candidatura da Torre, facer unha MASA ESPECIAL TORRE o venres 7 de setembro. "masa crítica coa torre", e demais trangallada a modo de carteis, camisetas, panfletos, e toda a nosa maquinaria propangandística. Ese dia o ideal sería facer ruta polo paseo (polo menos a ida), e por onde haxa carril-bici, usalo (cumprindo a normativa). Pode ser moi vistoso ver un pelotón duns setenta, perdón, cen ou douscentos comprometidos cidadáns, todos circulando en liña polo carril-bici que chegan a Torre para facer unha ofrenda ou calqueira cousa que se estime oportuna, previa e post foto e ofrenda de toda a masa coas nosas pancartas diante do concello para disfrute do noso querido alcalde, corporación municipal e prensa que citaremos para un evento de tan grandes magnitudes.
Creo que agunha vez esta ben apuntarse ó carro da adminstración para tentar de caerlles un pouco ben ou en todo caso ter unha maior repercusión nos medios. _________________ o home 104 |
|
| Volver arriba |
|
 |
Marcial Administrador
Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 403 Ubicación: A Coruña
  
|
Publicado: Jue Jul 19, 2007 12:46 am Título del mensaje: |
|
|
Gracias pola aportación Luis, de todos modos eu non estou pola labor de facer o que propós.
- Eu nunca gostei de facerlle ás beiras a ninguén, e menos a algún político ou cargo político neste caso. Por outra banda, só faltaría que dado o "nada" que fixeron polos ciclousuarios en toda a vida, agora teñamos que agradecerlles algo.
- Non estou a favor destos tinglados de patrimonios da carallada, nos que simplemente se adoptan decisións influenciadas pola presión económica, mediática e cidadán das "posibles" candidatas. Ademais a finalidade é exclusivamente turística, para atraer a mais visitantes á cidade por estar nun listado que manexarán axencias e rotas turísticas.
- Ademais todo este tinglado fomenta a competitividade, como se xa non sobrase competitividade por todas partes nas nosas vidas. A competitividade duns contra os outros, que si o meu monumento ou patrimonio é mais chulo que o teu, que se somos a cidade mais chachi do planeta, ... Ademais xa sobra nesta cidade esa equivocadiiiiiiiisima idea de que somos a millor cidade do mundo, que non hai cidade millor e tal e cual (e senón preguntade por ahí e xa veredes). Somos unha cidade bonita, con algunha cousa positiva, pero a moooooiiiitos anos luz do que debería ser unha cidade moderna e para os cidadáns.
- Dito todo isto, eu estaría moi moi incómodo participando de tal pantomima, o único elemento positivo é que pode que con isto saiamos nos medios e nos coñeza todavía mais xente (se é que alguén todavía non nos coñece, que habelos hailos). Por outro lado seriamos mais coñecidos, pero perderíamos completamente ese espírito e imaxe de grupo íntegro, loitador e molestón co poder político que sempre fomos e que creo que non deberiamos deixar de ser.
Asi, se á xente lle apetece facer algo que se asemelle a isto, como mal menor eu consideraría que se pode facer desvinculándoo da masa crítica, coma un conxunto de ciclistas que están a favor da candidatura da torre. |
|
| Volver arriba |
|
 |
luisete 104

Registrado: 27 Nov 2006 Mensajes: 70
 
|
Publicado: Jue Jul 19, 2007 11:40 am Título del mensaje: |
|
|
Comprendo Marcial.
Creo que non me expliquei ben ou non entendiches o que quería plantexar.
Se te fixas no meu avatar, levo na miña bici ó político de turno que temos como alcalde. Nin de coña teño algunha intención de facerlle a pelota (púxeno entre comiñas para que non signifique o mesmo), do que se trata é de amosarlle o camiño e utilizalo para os nosos intereses. Non ten nada que ver co que dis de non gostar de facerlle as beiras a ninguén. A min tampouco. Pero a actitude de estar en contra deles por sistema non leva a nada bo, aínda que si esteamos en contra.
O da candidatura da torre como dis non ten maior importancia, teña esa distinción ou non a torre vai ser a mesma. Pero se iso atrae mais turistas a cidade non me parece que sexa un mal efecto secundario tendo en conta que normalmente a xente de fora as veces fai turismo en bicicleta, entende que é un bo medio de transporte e desa maneira poden influír na creación das infraestructuras que nós demandamos.
Non queremos competir nin que digan que somos a mellor cidade do mundo. Impórtame ben pouco. Cando plantexei a iniciativa era coa única finalidade de utilizar a linguaxe que utiliza a nosa administración de acadar o que quere. Non vamos a ir a ningún acto co alcalde nin achegados. Utilizaremos os seus medios informativos e a súa publicidade para facernos ver.
Na miña opinión, non necesitamos que a xente coñeza que existe algo chamado masa crítica, necesitamos que respeten os ciclousuarios. A rúa non é dos coches e temos que facerllo ver. Estou ata o gorro que me pasen pola pasaxe a menos de medio metro e inda por riba pitándome. Coma todos supoño.
A proposta que fixen para o da torre, e so iso, unha proposta. Por favor que ninguén vexa nela argumentos ou intencións políticas porque pouca xente lle ten tanto noxo como lles teño eu, como clase social que son e representan. A proposta e para aproveitar a súa forma de actuar. Posar para eles en María Pita co da torre non é un agradecemento. É unha ironía. Como o meu avatar. A torre non é deles. E se podemos sacar puntos da súa iniciativa, creo que debemos facelo. Pero sempre á nosa maneira.
Vémonos. _________________ o home 104 |
|
| Volver arriba |
|
 |
Marcial Administrador
Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 403 Ubicación: A Coruña
  
|
Publicado: Vie Jul 20, 2007 8:53 am Título del mensaje: |
|
|
Ola de novo Luis,
Todo ao que me refería anteriormente non quería sinalar que ti pensaras así ou que a túa intención fose esa, senón o que eu entendía que pode significar que nós participemos na acción.
Hai que ter en conta que a nosa intención exacta cando se participa de algo pode pasar desapercibida, silenciada ou ocultada, é dicir, o evento en si, os políticos e outros actores interesados e a eterna imprecisión e pouca rigorosidade dos medios de comunicación cando tratan unha noticia simplemente amosará a nosa acción e cada un sacará as súas propias conclusións, non escoitarán as nosas.
Non repetirei os argumentos xa sinalados arriba, creo que sería o que suporía a nosa participación nun acto deste tipo. O que pode facerse en todo caso é aproveitar a idea de Patrimonio da Humanidade para facer un acto paralelo, incluso cerca da torre para relacionalo, por exemplo reclamando ao Ciclousuario da Coruña como Patrimonio da Humanidade e facer un paripé dalgún tipo para xustificalo. Masa Crítica especial "Ciclousuario coruñés como patrimonio da humanidade".
De todos modos ao millor estamos falando moito e para setembro xa está apalabrada unha masa por algún barrio, algo así me sona jeje. |
|
| Volver arriba |
|
 |
rotor Administrador

Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 101
  
|
Publicado: Vie Jul 20, 2007 1:59 pm Título del mensaje: |
|
|
si, pero "onde dixen dijo eu, dijo diego ou" e o carallo, non pasa nada, se fala con Huesa e pode pasarse para outubro
o falamos, a min non me parece tan mala idea, e unha forma como outra de facer lobby e sair na prensa...poderiamos ir espidos outra vez  |
|
| Volver arriba |
|
 |
sonia
Registrado: 06 Nov 2006 Mensajes: 58
 
|
Publicado: Sab Jul 21, 2007 11:45 am Título del mensaje: vale logo¡¡¡¡¡ |
|
|
volvemos a quitarnos a roupa....que se lle vai facer.... _________________ SONIA |
|
| Volver arriba |
|
 |
Marcial Administrador
Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 403 Ubicación: A Coruña
  
|
Publicado: Mar Jul 24, 2007 8:53 am Título del mensaje: |
|
|
A ver se o venres da masa empezamos a concretar se gosta a idea de aproveitar o evento do patrimonio da humanidade e cómo facelo, ou facemos a masa onde estaba previsto.  |
|
| Volver arriba |
|
 |
Marcial Administrador
Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 403 Ubicación: A Coruña
  
|
Publicado: Mie Ago 22, 2007 2:07 am Título del mensaje: |
|
|
Unha vez falado conseguimos consensuar (non sen momentos de tensión e duros combates dialécticos jejeje) que finalmente faremos a Masa Crítica "Especial Torre de Hércules" Patrimonio da Humanidade.
Así que temos que empezar a traballar no evento. Isaac a facer o percorrido, Jose a elaborar o cartel e o resto a tratar de comunicar e lograr a maior repercusión posible.
Aquí tamén se necesita un texto ou algo que nos sirva de convocatoria e difusión do evento.
P.D. Xa temos altavoz !!! ninoninoninoooo |
|
| Volver arriba |
|
 |
JaSe

Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 129 Ubicación: Os Rosales/A Coruña.--.666781940
  
|
Publicado: Mie Ago 22, 2007 12:07 pm Título del mensaje: |
|
|
pois gardao ben, porque retiraron 13000 altavoces deses por imitar o son dun coche de policía _________________ -->JaSe<--
<---------A metro y medio por farvor---------> |
|
| Volver arriba |
|
 |
Xiana

Registrado: 03 Nov 2006 Mensajes: 180 Ubicación: Os Castros_A Coruña
   Votos: 3
|
Publicado: Jue Ago 23, 2007 1:51 pm Título del mensaje: |
|
|
| Que a Torre de Hércules nos guíe no noso camiño!!!! |
|
| Volver arriba |
|
 |
rotor Administrador

Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 101
  
|
Publicado: Mar Ago 28, 2007 6:48 pm Título del mensaje: |
|
|
pois os carteis da torre xa están, envieninos polo yahoogroups e falei con David Pena e voulles pasar 100 hoxe para que os peguen por todo o barrio de montealto pois eles van facer unha macro pegada a finais de seman pra anunciar a festa de apoio a torre que se vai celebrar ó sabado 8 nas inmediacións da mesma....
ben, pois, ahora so falta o resto da cidade, tendas de bicis, bares e tabernas....
penso que é moi efectivo a pegada conxunta un día da seman na zona centro de viños e tapas, en 30 minutos podemos pegar más de 100 carteis en unha das zoas máis frecuentadas da cidade
se vos parece poñemos data para a birropegada que, para que non o sepa, consiste en quedar in front of ó dublín, repartir os carteis é quedar pasada media hora into o dublín disfrutando dunha boa birra fresca fresca fresca con su espumita... : poderiamos quedar por exemplo
XA, ahora, VEÑA JOSITO eu xa vou... ben, se vos parece este xoves, nunha primeira convocatoria as 21 horas...por poñer un día |
|
| Volver arriba |
|
 |
Marcial Administrador
Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 403 Ubicación: A Coruña
  
|
|
| Volver arriba |
|
 |
rotor Administrador

Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 101
  
|
Publicado: Mie Ago 29, 2007 12:53 pm Título del mensaje: |
|
|
ben, pois acabanme de avisar que mañan teño unha reunion ineludible as 17 horas e vai ser moi dificil que poda estar as 21 no dublín
o que vou facer é deixar unha carpeta a nome de Masa Crítica na barra do local
farei o posible por chegar, pero me cheira que a cousa vai pa largo |
|
| Volver arriba |
|
 |
Marcial Administrador
Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 403 Ubicación: A Coruña
  
|
Publicado: Mie Ago 29, 2007 1:03 pm Título del mensaje: |
|
|
| Apúntome, xoves ás 21h estarei alí. |
|
| Volver arriba |
|
 |
Josiño Administrador

Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 267 Ubicación: GOLFO ARTABRO
  
|
Publicado: Mie Ago 29, 2007 1:13 pm Título del mensaje: |
|
|
| Non prometo nada,¿non dixemos (dixestes) de abandoar atécnica dos carteis por ineficaz? |
|
| Volver arriba |
|
 |
|
|
No puede crear mensajes No puede responder temas No puede editar sus mensajes No puede borrar sus mensajes No puede votar en encuestas
|
Foro creado Gratuitamente en http://www.mundoforo.com Crea gratis tu foro en http://www.mundoforo.com
Mapa del sitio
Powered by phpBB © 2001, 2005 phpBB Group
|