|
Foro Masa Crítica Coruña

Pincha no debuxo para ir ao foro das Masas Críticas Galegas
- Compartir Foro Masa Crítica Coruña en:
|
| Ver tema anterior :: Ver siguiente tema |
| Autor |
Mensaje |
Marcial Administrador
Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 403 Ubicación: A Coruña
  
|
Publicado: Lun May 07, 2007 7:05 pm Título del mensaje: Masa Crítica Galiza |
|
|
E para acabar de rematar o apretario calendario propoño o retomar o tema de facer a masa crítica galiza. Agora que comeza o verán é unha boa época. Eu proporía ou o sábado 30 de xuño ou o sábado 7 de xullo, supoño que nesas datas os exames xa rematarían e sería antes de que moit*s marchen de vacacións.
Aquí non habería moito que preparar en principio. Principalmente informarnos de se poderiamos ir en tren os que vaiamos ou en caso contrario cómo faremos para desplazarnos a Santiago. Porque supoño que o lugar idóneo sería Santiago por estar nun punto máis intermedio. E sendo alí, a organización da recepción, posibles comilonas, ... espero que corran a cargo dos maseiros santiagueses.
Tamén sería un bo momento para invitar as asociacións e todos os ciclousuarios de Galiza a que veñan e que se animen a montar a Masa Crítica da súa cidade ou pobo. Poderían preguntarnos dúbidas, problemas, experiencias, ... Creo que Ourense, Pontevedra, Ferrol e Lugo pronto deberían ter a súa propia masa crítica, e sería bo que xurdira tamén en outras localidades (Lalín, Arzúa, Melide, Valdeorras, Baiona, Mondoñedo, Sarria, ...).
Non nos emocionemos jejeje, está claro que hai que aspirar ao máximo ainda que os pasiños sexan pequenos.
¿Podemos con todo? ¿Masa de maio e xuño, marcha ciclonudista, marcha galiza? Seguro que sí, porque somos moitos e moi chachis  |
|
| Volver arriba |
|
 |
sonia
Registrado: 06 Nov 2006 Mensajes: 58
 
|
Publicado: Lun May 07, 2007 8:09 pm Título del mensaje: masa critica galiza |
|
|
... isto... non nos veñen ven as datas, e aquí inclúo o resto dos compañeiros de greenpeace, xa que o último fin de semán de xuño remata en Coruña o tunel de enerxía, e para o primeiro fin de semán de xullo é a festa do percebe en corme, así que ises días que propós nada de nada... o da marcha nudista andamolo a pensar, xa contaremos.
Un biquiño. _________________ SONIA |
|
| Volver arriba |
|
 |
Marcial Administrador
Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 403 Ubicación: A Coruña
  
|
Publicado: Lun May 07, 2007 9:03 pm Título del mensaje: |
|
|
| Ok, o ¿14 de xullo entón? Máis tarde pode que haxa moita xente de vacacións, pero será cuestión de falalo coa xente que queira ir a Santiago. En principio deberiamos propor unha data que nos veña ben a nós, pero haberá que esperar ao que digan o resto das masas de Compos e Vigo. |
|
| Volver arriba |
|
 |
Fran
Registrado: 24 Ene 2007 Mensajes: 19
        
|
Publicado: Mar May 08, 2007 3:00 pm Título del mensaje: |
|
|
Acabo de enviar a tódalas acociación de ciclousuari@s de Galiza que están integradas en ConBici a proposta da MASA CRITICA GALEGA. Seguro que entre todos este ano reuniremos en Santiago o maior número de bicis xuntas nunha cidade galega.
Dende a miña opinion, penso que unha boa data sería un domingo, ou a finais de xuño ou a principios de xullo |
|
| Volver arriba |
|
 |
Xan Duro Invitado
|
Publicado: Mar May 08, 2007 4:44 pm Título del mensaje: datas para a masa crítica galega |
|
|
Ola a tod@s,
Adiante co evento. En Verdegaia podemonos encargar do que sexa necesario preparar en Compostela.
Respecto a datas, válenos calquera agás o fin de semana do 30 xuño/1 xullo. |
|
| Volver arriba |
|
 |
Xiana

Registrado: 03 Nov 2006 Mensajes: 180 Ubicación: Os Castros_A Coruña
   Votos: 3
|
Publicado: Vie May 11, 2007 3:17 pm Título del mensaje: |
|
|
| Está fenómeno!! Eu se podo vou, desde logo. |
|
| Volver arriba |
|
 |
Fran
Registrado: 24 Ene 2007 Mensajes: 19
        
|
Publicado: Lun May 14, 2007 2:19 pm Título del mensaje: |
|
|
Falei con mais xente acerca da Masa Crítica Galega. Quizáis facela entre Xuño ou Xullo sexa algo precipitado.
Se queremos ter maior repercusión haberia de ter a seguridade de contar co maior número de ciclousuarios posibel.
Nesas datas en Santiago un colectivo ciclouruario potencial como e o universitario está con exames e logo xa volta para as suas vilas, polo que quizais non poideramos contar con eles.
Ademais seria interesante poder preparar algo importante con calma, poidendo facer ademais da masa critica algúns talleres, charlas-coloquios, comilonas (o xantar que non falte jeje) contando con todo-los colectivos de ciclousuarios galegos.
En Verdegaia están dispostos a organizar algo así, e poderia estar englobado dentro da SEMANA DA MOBILIDADE, que como outros anos será en SETEMBRO.
¿que vos parece esta idea? |
|
| Volver arriba |
|
 |
Josiño Administrador

Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 267 Ubicación: GOLFO ARTABRO
  
|
Publicado: Lun May 14, 2007 4:57 pm Título del mensaje: |
|
|
Pode ser unha boa idea, pero que non se solape co asalto a Elviña! jejeje...canto chollo,os bos estudiantes aproban en xuño e non deixan as cousas pendentes pa setembro...será que non nos mola estudiar.  |
|
| Volver arriba |
|
 |
Moncho do Orzán

Registrado: 11 Ene 2007 Mensajes: 64
       
|
Publicado: Lun May 14, 2007 5:12 pm Título del mensaje: |
|
|
Esperemos que os estudantes cumpran as expectativas! Así me ghusta, é necesário poñer confianza neles!  |
|
| Volver arriba |
|
 |
Marcial Administrador
Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 403 Ubicación: A Coruña
  
|
Publicado: Lun May 14, 2007 5:30 pm Título del mensaje: |
|
|
A verdade é que eu tiña gañas de facelo en verán, fai bo tempo, é unha boa ocasión para darse unha volta por Santiago, tamén é unha boa ocasión para relanzar Gabicia e tomar contacto, ...
Levamos máis de medio ano falando de facer a masa crítica galega e se non a fixemos ata agora quizais foi por pensar que eran millores datas cando empezase o bo tempo.
A data proposta por min e pakinho era o 14 de xullo, cos exames xa fora da vista, ainda que é certo que moitos estudantes santiagueses xa estarán fora da cidade por esas datas. Pero en setembro todavía non hai estudantes, comezan en outubro, e as posibilidades de que coincida un finde de choiva son maiores.
De todos modos, se desde Santiago prefiren setembro, e organizar charlas e máis eventos, pois que sexa en setembro, tampouco me parece mal, e eles saberán millor as circunstancias para convocar xente dentro da súa propia cidade. Estou desexando ver un movemento real para que podamos unificar información, experiencias e accións co resto de ciclousuarios galegos, porque de momento á cousa custalle arrincar. |
|
| Volver arriba |
|
 |
Xan Duro Invitado
|
Publicado: Mar May 15, 2007 8:44 pm Título del mensaje: data da masa crítica galega |
|
|
A proposta de setembro é unha suxestión. En Compostela apoiamos calquera outra data que se decida, sen problema. O importante e xuntármonos. E se decisión é xullo e setembro pois adiante tamén  |
|
| Volver arriba |
|
 |
xanxo

Registrado: 06 Nov 2006 Mensajes: 8 Ubicación: A Barcala
  Votos: 1
|
Publicado: Dom May 20, 2007 12:16 am Título del mensaje: data |
|
|
| Pois se ninguen ten problema co día 14 de Xullo, pois xa queda definitivo ¿non? |
|
| Volver arriba |
|
 |
Fran
Registrado: 24 Ene 2007 Mensajes: 19
        
|
Publicado: Dom May 20, 2007 2:48 pm Título del mensaje: |
|
|
PENSO QUE MELLOR E EN SETEMBRO, PARA QUE NOS DE TEMPO A CONTAR CON TODOLOS COLECTIVOS DE CICLOUSUARIOS DE GALIZA E PARA PODER ORGANIZAR BEN A LOXISTICA PARA TRASLADAR ATE ALI A TODO O MUNDO (FLETAR BUSES, PEDIR A RENFE UN VAGON PARA LEVAR BICIS, ETC) _________________ participante da Masa Critica A Coruña |
|
| Volver arriba |
|
 |
Moncho do Orzán

Registrado: 11 Ene 2007 Mensajes: 64
       
|
Publicado: Dom May 20, 2007 9:52 pm Título del mensaje: |
|
|
| Eu tamén opino como Fran. Convén organizá-lo ben e que veña mais xente! (o 14 de xullo a peña está de férias...). |
|
| Volver arriba |
|
 |
Fran
Registrado: 24 Ene 2007 Mensajes: 19
        
|
Publicado: Vie Jul 06, 2007 3:18 pm Título del mensaje: |
|
|
Despois do éxito da CICLONUDISTA, e vendo que xa temos gañas de facer mais eventos quero retomar quizais o evento mais próximo e que pode acadar moita repercusión: A MASA CRITICA GALEGA.
Vaise celebrar o fin de semana do 22-23 se SETEMBRO, coincidindo coa semana e o día da mobilidade en SANTIAGO.
Hai duas propostas:
1ª Talleres, charlas, masa critica infantil, etc.. o Sábado 22 de setembro pola tarde e MASA CRITICA o domingo 23 de setembro pola mañá.
2ª Facelo todo nun día so.
Habería que ir sabendo con canta xente se podería contar para ir preparando toda a loxística, ir collendo ideas e ir preparando unha xuntanza para concretar como vai a desenrolarse todo.
Esperamos mais propostas. _________________ participante da Masa Critica A Coruña |
|
| Volver arriba |
|
 |
|
|
No puede crear mensajes No puede responder temas No puede editar sus mensajes No puede borrar sus mensajes No puede votar en encuestas
|
Foro creado Gratuitamente en http://www.mundoforo.com Crea gratis tu foro en http://www.mundoforo.com
Mapa del sitio
Powered by phpBB © 2001, 2005 phpBB Group
|