Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 267 Ubicación: GOLFO ARTABRO
Publicado: Lun Ago 20, 2007 3:32 pmTítulo del mensaje:
ja,ja ole que grande, Coruña,Santiago,Vigo...Xa de paso pasamos por Ferrol e facemos o eixo atlantico galego ó completo...mola...Para Vigooo me voyy ....
Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 403 Ubicación: A Coruña
Publicado: Mie Ago 22, 2007 2:00 amTítulo del mensaje:
Xa hai decisións fresquiñas froito da reunión, aquí vai un resumo:
- A Masa Crítica Galiza queda fixada definitivamente o día 22 de setembro ás 12:30h en Santiago de Compostela.
- Cremos na posibilidade de que se poña un vagón de RENFE para os que decidamos ir e/ou voltar en tren.
- Faranse varios grupos:
1º - Venres pola tarde en bici: Saida venres tarde, durmida a metade de camiño aproximadamente e chegada o sábado a Santiago. Ao facer 30 ou 40 km máximo por dia cremos que será unha marcha apta incluso para xente que non esté moi entrenada.
2º - Sábado pola mañá en bici: Saida pola mañá moi temprano, para chegar ás 12h aproximadamente a Santiago. Apropiado para clubes ciclistas e xente mais entrenada.
3º - Sábado pola mañá en tren: Para quen prefira desplazarse en tren.
A volta en principio estará prevista o sábado pola tarde-noite en tren, claro que sempre está aberto para quen queira voltar tamén en bici (especialmente pensando na xente entrenada con fame de kilómetros). Hai que ter en conta que haberá algún que prefira ir a Vigo para participar o domingo da sua reivindicación (para completar a semana ciclista a tope jeje) e voltará o domingo en tren.
- Haberá un curso de mecánica básica ás 11h aproximadamente e charlas-coloquio ou conferencias pola tarde.
- Se o tempo acompaña degustaremos unha rica comida de cociña solar, noutro caso buscaremos onde comer tod@s xunt@s, confiamos do bo criterio da xente de Santiago para isto.
- Para a correcta planificación de todo (tren, comida, etc) cremos necesario un pouquiño de participación de tod@s, e que fagades un pouco de planificación para calcular en que grupo os gustaría ir, e como sempre sen compromiso absoluto, é preferible que teñamos información da xente con intención de ir (ainda que non o aseguren ao 100%) que ter que facer os cálculos a ollo ou a última hora, é importante. Pensade tamén que é un acontecemento que se da tan só unha vez ao ano e non só o pasaremos estupendamente senón que amosaremos @s moit@s que somos e as gañas que temos de que se nos considere, seguro que a familia e @s amig@s o entenderán
- Faremos un comunicado ou texto para mandar a diferentes sitios, teremos que rematalo antes de que finalice a semana para poder empezar a difundilo. Será un texto base, que se pode mandar tal como saia ou con pequenas modificacións adaptándoo ao sitio ao que se envie.
- Temos que contactar co maior número de grupos posibles, especialmente os que poidan estar mais interesados ou proclives a participar. De momento fixemos o seguinte reparto por afinidade ou coñecemento dalgunha persoa de contacto:
* Clubes Ciclistas galegos: Se alguén ten contacto con algún avisade. De momento contactaremos cos seguintes:
- Clube Ciclista de Cambre: Jase (tamén intetará conseguir un listado de todos los clubes ciclistas galegos).
- Clube ciclista MB3: Paco
- Resto de clubes ciclistas (a concretar), poden encargarse Cándido (irmán de Luis), Pedro Domenech, Nalda e "La Coruña en Bici".
* Asociacións ecoloxistas: O mesmo, se tedes contacto con algunha que non mencionemos específicamente avisade.
- ADEGA e Greepeace: Paco
- Verdegaia: Xan Duro (evidentemente jeje)
- Algunha mais faltará, a ver se alguén ten contacto.
* Cooperativas de consumo:
- Xoaniña: Manel e Maru
- O resto: Sergio e Marcial
* Outros colectivos: Estaría ben se alguén pode aportar ideas de xente ou colectivos que poidan ter xente interesada no acto.
- Manicómicos e arredores: Marcial
- Vivenda digna: Marcial (ou millor papeltijera se le este post)
- Asociación de Defensa do Tren: Mónica
* Medios de comunicación: idem de idem
- TVG: Fran
- El Pais: Manel
- La Opinión: A través de Jose Freire
- Radiovoz: Jase
* Institucións (concellos, protección civil, xunta, ...): En principio confiamos en que Manu Salgado realice esta labor de contacto.
Espero non deixarme nada, ánimo con todo e a participar !!!
Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 129 Ubicación: Os Rosales/A Coruña.--.666781940
Publicado: Mie Ago 22, 2007 12:01 pmTítulo del mensaje:
xa lle mandei un mail o presi do cambre e teño a lista dos clubes galegos federados co seu enlace web, e falei cos de Cuac FM, que se queremos, que vaiamos por ali un dia e podemos gravar algo para poñer entre as demais cuñas dos programas. _________________ -->JaSe<--
<---------A metro y medio por farvor--------->
Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 403 Ubicación: A Coruña
Publicado: Vie Ago 24, 2007 4:13 pmTítulo del mensaje:
A ver, para o de cuack podemos acordar un texto breve e mandar as nosas voces mais radiofónicas: Jose e Manel, eu o botaría a sortes jeje. Ao millor pode ser unha combinación de duas frases grabadas por un deses e por unha rapaza, quedaría millor quizais, algunha voluntaria?
Non estaria mal saber a duración que debe ter a cuña, e se non que vaian as dúas personas cuidadosamente seleccionadas e improvisen alí sobre a marcha.
Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 403 Ubicación: A Coruña
Publicado: Vie Ago 24, 2007 4:24 pmTítulo del mensaje:
A ver, para o de cuack podemos acordar un texto breve e mandar as nosas voces mais radiofónicas: Jose e Manel, eu o botaría a sortes jeje. Ao millor pode ser unha combinación de duas frases grabadas por un deses e por unha rapaza, quedaría millor quizais, algunha voluntaria?
Non estaria mal saber a duración que debe ter a cuña, e se non que vaian as dúas personas cuidadosamente seleccionadas e improvisen alí sobre a marcha.
Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 129 Ubicación: Os Rosales/A Coruña.--.666781940
Publicado: Vie Ago 24, 2007 11:59 pmTítulo del mensaje:
eles nos deixan o estudio epara gravar hai que ir ali. eu se queredes podo ler algo porue vou ter que subir igual ata alí.
que día? _________________ -->JaSe<--
<---------A metro y medio por farvor--------->
Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 403 Ubicación: A Coruña
Publicado: Mar Ago 28, 2007 9:28 amTítulo del mensaje:
Aquí vai información sobre o Camiño Inglés, que será o que seguiremos para ir a Santiago. Sacado de http://www.xacobeo.es
A Coruña - Bruma [Camino Inglés]
A Coruña - Cambre: 12 Km
Cambre - Bruma: 20 Km
Os peregrinos que arribaban ao porto da Coruña na súa viaxe cara á Catedral compostelá, partían normalmente da igrexa de Santiago, situada no que agora se coñece como a Cidade Vella. Aínda que tamén se pode iniciar camiño na igrexa de San Xurxo, situada nun lateral da praza de María Pita, moitos viaxeiros seguen preferindo facelo dende o templo románico de Santiago, o máis antigo da cidade, remontándose a súa construcción ao século XII, aínda que foi sometido despois a numerosas reformas e reconstruccións.
Dende a igrexa dedicada ó Apóstolo, o camiñante descende ata Porta Real e segue cara aos Cantóns pola avenida da Mariña, cos seus soportais e as emblemáticas galerías ás que A Coruña lles debe o sobrenome de Cidade de Cristal. A cidade ofrécelle infinidade de posibilidades ao visitante, pero se este se cingue á ruta xacobea debe avanzar, co porto sempre á súa esquerda, polas rúas Sánchez Bregua e Linares Rivas ata a praza da Palloza e, dende aquí, á praza de Catro Camiños. Continuando por Fernández Latorre, en dirección á estación de autobuses, e pola rúa Pérez Ardá o camiñante sobe a costa de Monelos cara ao barrio de Eirís.
A ruta coincide co antigo Camiño Real de Castela ata Palavea e O Portazgo, abandonando o municipio coruñés pola estrada N-550 tralas pegadas do vello Camiño a Santiago.
CULLEREDO
A estrada nacional A Coruña-Santiago leva ao peregrino pola Corveira e Rutis ata Vilaboa. A ruta pasa por diante da igrexa parroquial, que conserva restos románicos do século XII. Tras cruzar un paso elevado sobre a autoestrada A-9 e unha ponte que data do século XVIII, o camiñante continúa subindo ata chegar á altura do aeroporto de Alvedro, que rodea deixándoo sempre á súa dereita. No seu ascenso, ten unha boa panorámica da ría do Burgo.
En Alvedro, o camiñante abandona a estrada nacional, desviándose pola Costa. Cruza entón unha ponte moi próxima a outra antiga que aínda se alza sobre o río Valiñas, no Camiño Real.
CAMBRE
O viaxeiro pode elixir entre dúas posibles opcións para atravesar o municipio de Cambre no seu camiño cara a Compostela. A opción 1, a máis recomendada, segue o antigo Camiño Real por Xira, cara a Sigrás de Abaixo, pasando ante a igrexa de Santiago de Sigrás e continuando a ruta pola Portela, Sobrecarreira, A Cabana e A Rocha, lugar no que enlaza de novo coa estrada nacional 550.
A opción 2 utiliza a estrada principal cara a Sigrás, co monte Xalo á súa dereita, pasando por Anceis e Altamira. En calquera dos dous casos, ben paga a pena un pequeno desvío ata a capital do municipio para visitar a igrexa de Santa María de Cambre (século XII), un magnífico exemplo do románico galego que conserva no seu interior a Hidria de Canaán, unha das vasillas nas que, segundo a tradición, se realizou o milagre das Vodas de Canaán.
Na Rocha, o peregrino que se decantou pola primeira das posibilidades pode enlazar coa segunda variante e continuar o seu percorrido por estrada, pero tamén pode decidir continuar por un camiño secundario que o conducirá por Dodro, Anceis e o seu pazo do século XVII, e Mercurín antes de entrar no municipio de Carral.
CARRAL
O peregrino atravesa este municipio polo seu estremo máis setentrional, percorrendo Gosende, San Martín de Tabeaio e os lugares de Corpo Santo, Belvís, Montecarlo, Monte, Rúa, Penedo, Cañás e Bailía. Chega así ó concello de Abegondo, separado do de Carral pola fronteira natural do río Barcés.
ABEGONDO
Polas aldeas de Aquelabanda e Desabanda, coa súa capela de San Xoán, o camiñante chega a Rúa e Fontán, moi cerca de Sarandóns, onde encontra unha ponte. A partir deste punto, pode poñer rumbo cara á estrada Betanzos-Mesón do Vento por San Bartolomé e As Travesas, cruzando a calzada e chegando a Bruma pola Malata.
Sen embargo, é máis recomendable que se desvíe por un vello camiño secundario, continuación lóxica da opción 1 sinalada no tramo de Cambre. Deste xeito, dende Fontán o peregrino pasará por Padín, Bordelle e Palai antes de entrar por segunda vez no municipio de Carral.
CARRAL
A través de Cruz de Veira, Peito e as granxas abandonadas de Marco Pardo, o viaxeiro vai atopar a estrada Betanzos-Mesón do Vento, que tan só ten que cruzar para situarse en San Bartolomé. Varios carreiros de terra condúceno logo polos Ullos, A Malata, O Pozo e Vilar ata Bruma, no municipio de Mesía.
(A opción 2 é sempre menos recomendable, xa que coincide case na súa totalidade coa estrada nacional 550. Sen embargo, algúns peregrinos decántanse por esta variante e, dende A Rocha, parten cara á capital do municipio de Carral. Xusto antes de entrar nesta vila, o camiñante deixa a un lado da calzada unha longa ponte con peitoril. Máis adiante, unha vez superado o núcleo urbano, atravesa unha ponte sobre o río Barcés no lugar de Ponte Lago, onde se conserva un vello muíño.
Este itinerario segue o trazado da estrada A Coruña-Santiago e o peregrino enfróntase á dura subida de Herves, pasando por Pazo, O Curro, Ponte da Ribeira, Casa Queimada, Aira Queimada, Rúa, O Francés e Candoveño.
En Rego da Égoa, o camiño afástase da N-550 ascendendo pola ladeira do monte que se alza a man dereita, pasando por detrás de Canedo e por Adina ata chegar a cruza-la estrada que une Betanzos e Mesón do Vento. É entón cando a finca da Piolla irrompe na ruta, sendo necesario rodeala para chegar ó Hospital de Bruma).
Bruma - Santiago de Compostela [Camino Inglés]
Bruma - Ordes: 14 Km
Ordes - Sigüeiro: 16 Km
Sigüeiro - Santiago: 18 Km (Albergue)
Dende a capela de Bruma parten dous camiños, entre os que o peregrino se ha de decantar polo principal, que avanza cara ó municipio de Ordes.
ORDES
A medio quilómetro, en Seixo, varias bifurcacións e cruces poden despistar ao camiñante que, sen embargo, ten que continuar en liña recta ata Cabeza de Lobo, unha aldea da parroquia de Ardemil, coa súa igrexa e o seu cruceiro. Sen desviarse da senda principal, percorre os lugares de Carreira, Mámoas -cunha pequena ponte sobre un regato- e Carballeira.
Desprezando os carreiros que se abren á súa esquerda, o romeiro camiña un pouco máis ata chegar a unha curva onde empeza o seu percorrido polo monte. Para iso, utilizará o segundo camiño de terra que encontre a man dereita, desviándose á esquerda no primeiro cruce. Un cruceiro, un dos moitos que leva vistos xa ao longo da súa peregrinación, sinala o lugar no que debe virar á dereita, cara a unhas casas, para saír inmediatamente despois a unha estrada. A uns 500 metros, seguindo esta vía, alcanza o lugar da Rúa, coa igrexa de San Paio de Buscás e outro cruceiro.
Sen abandonar a estrada principal durante uns 600 metros, o peregrino atópase cun camiño de terra -á altura do muíño de Trabe- polo que continúa, atravesando pouco despois a pequena ponte do Cubo. A ruta sitúao ante un cruce cunha estrada asfaltada que se dirixe a Ordes e ao enlace coa autoestrada A-9. Mantense, sen embargo, en liña recta, cruzando a calzada e camiñando ata Outeiro de Abaixo.
Neste lugar, un angosto carreiro entre arboredo sitúa ao viaxeiro ante a igrexa de San Xiao de Poulo, en Outeiro de Arriba. Para evitar este pequeno desvío, ten que continuar por un camiño fondo ata topar un pequeno núcleo de casas. Dende aquí, o camiño da dereita desemboca directamente na estrada, mentres que o da esquerda avanza en paralelo a uns campos de labranza para acabar conectando tamén coa calzada.
Tomando esta estrada a man esquerda durante uns 1.500 metros, o peregrino percorre Senra e Rúa, onde unha placa colocada nunha casa lembra o paso por este punto dunha peregrinación real. Sen deixar o asfalto ata Carballo, avanza uns cantos metros para introducirse por unha senda de terra a man esquerda en Casanova de Pereiro.
Primeiro uns 200 metros á dereita, ata unha bifurcación marcada por unha solitaria árbore, e despois uns 300 metros máis en dirección contraria, o camiñante fai caso omiso das posibles desviacións por un terreo que, no inverno, está normalmente anegado. Se se quere evitar a auga, pódese abandonar o camiño polos campos laterais ata encontrar unha estrada asfaltada xunto á ponte de Pereira, de posible orixe medieval.
Cruzando a ponte, tan só é necesario avanzar uns metros para descubrir un camiño de terra que se introduce no bosque uns 500 metros. O peregrino desvíase polo segundo carreiro que encontra á súa esquerda, que despois dun quilómetro o sitúa en Carrás, á altura da estrada. Nesta zona de prados existen numerosos mananciais, polo que non é estraño que, en ocasións, a ruta estea impracticable. Neste caso, pódese optar por deixar o camiño e avanzar polo monte ou a través dos terreos máis próximos.
En Carrás, o camiñante atravesa a estrada para continuar de fronte polo carreiro de terra. Evitando as sucesivas desviacións que se abren ao seu paso, o final deste camiño enlaza con outro que o leva ata o lugar de Baxoia. En liña recta, cruza baixo o túnel da autoestrada e segue por un camiño que sae cara á dereita. As casas que atopa de seguido pertencen ao lugar de Agrelo, punto a partir do que o camiño se perdeu case por completo.
OROSO
Durante a primeira parte do tramo que discorre por este municipio, moi próximo a Compostela, o trazado da A-9 determinará o avance do peregrino. O romeiro utiliza os camiños de servicio para viaxar en paralelo á autoestrada, pola súa marxe dereita. Unha vez superado o lugar de Vilalbarro, débese situar no lado esquerdo da A-9, cruzando por calquera dos pasos elevados que encontra ó seu paso, o último deles situado en Oroso Pequeno, xusto antes da peaxe.
Ao outro lado deste paso, o viaxeiro diríxese cara á dereita empregando un camiño de servicio. Á altura dun taller, toma o primeiro desvío á esquerda nas inmediacións de Sigüeiro, capital do municipio de Oroso.
Neste punto, son só 15 os quilómetros que separan o camiñante da súa meta: a Catedral de Santiago.
SANTIAGO DE COMPOSTELA
O peregrino penetra no termo municipal de Santiago tras cruzar a ponte de Sigüeiro sobre o río Tambre. Neste tramo, o trazado da vella ruta desapareceu por completo a raíz da construcción da estrada nova e da autoestrada.
É por iso que o viaxeiro se debe situar na marxe dereita da estrada e avanzar por un carreiro de terra paralelo a ela. Chega así a Sionlla e, despois de subir unha costa, xa pode divisar Santiago.
En San Caetano, pasa ante o monumento ao peregrino para entrar no núcleo urbano pola avenida de Basquiños. Devecendo xa por concluír a súa peregrinación, camiña entre os conventos de Santa Clara e do Carme e baixa polas rúas de San Roque e Algalia ata situarse na praza de Cervantes, a escasos metros da Catedral compostelá.
Sen embargo, a entrada tradicional desta ruta era a que, dende o convento do Carme e pola rúa dos Loureiros, chegaba ata Porta da Pena, onde se encontraba unha das portas de acceso ao antigo recinto amurallado da cidade. Ao fondo vense, xa moi cerca, as torres da Catedral, á que se chega pasando ante a impoñente fachada da igrexa de San Martiño Pinario.
Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 403 Ubicación: A Coruña
Publicado: Mie Ago 29, 2007 10:40 amTítulo del mensaje:
Manel, podes falar con Pedro Domenech ou alguén dalgún club ciclista que quera encargarse de organizar a marcha do sábado???
Tamén estaría ben confirmar canto antes o do vagón extra de Renfe e a qué horas estaría dispoñible.
Así podemos facer xa o texto de invitación á masa dando as diferentes opcións que existen: bici en 2 etapas con saída venres despois de comer (falta poñer a hora e lugar de saída), bici nunha etapa con saída sábado pola mañá tempraniño (falta poñer a hora e lugar de saída), tren sábado (falta confirmar a qué hora hai vagón extra). E claro, a opción de ir por libre en bici, coche, bus, tren ou avión... (iso sí, en avión a pedais, que o de turbina contamina moito ).
P.D. Tamén necesitamos confirmar o lugar de saída para facer a convocatoria (supoño que a Praza de Galiza, que é de onde sae a masa de Santiago).
Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 129 Ubicación: Os Rosales/A Coruña.--.666781940
Publicado: Mie Ago 29, 2007 11:29 amTítulo del mensaje:
Eu teño que decirlles algo aos de Cuac FM, se nos deixan gravar na emisora... _________________ -->JaSe<--
<---------A metro y medio por farvor--------->
Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 403 Ubicación: A Coruña
Publicado: Mie Ago 29, 2007 11:34 amTítulo del mensaje:
Para ir organizando as diferentes opcións de desprazamento a Santiago, sería bo que cada un/unha fose poñendo as súas preferencias (repito coma sempre que tan só é unha previsión pola vosa parte, o cal non quere dicir que non poidades cambiar posteriormente de opción ou non ir se non podedes, pero nos axudará para saber con que grupo de xente contamos).
É importante que os apuntedes, ou que comuniquedes con algún de nós para que o fagamos. De todos modos informaremos cando cheguen datas próximas ao evento das posibilidades que existen por se hai participantes de última hora.
As opcións son moitas, saída venres ou sábado, en bici ou en tren. Volta sábado ou domingo (se imos a Vigo despois), en bici ou tren, etc. Podedes seleccionar a vosa preferencia na seguinte páxina (se autogarda, ou sexa que con engadir o voso nome e cun "x" na opción preferente é suficiente):
P.D. Os que saiamos o venres buscaremos un lugar de aloxamento para pasar a noite (posiblemente o albergue do camiño en Bruma), xa iremos avisando de que se necesita levar neste caso.