Índice de Masa Crítica Coruña Foro Masa Crítica Coruña



Pincha no debuxo para ir ao foro das Masas Críticas Galegas
  • Compartir Foro Masa Crítica Coruña en:



 
 F.A.Q.F.A.Q.   BuscarBuscar   Lista de MiembrosLista de Miembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RegístreseRegístrese 
 PerfilPerfil   Conéctese para revisar sus mensajesConéctese para revisar sus mensajes   ConectarseConectarse 


Masa Crítica Galiza
Ir a página Anterior  1, 2, 3, ... 11, 12, 13  Siguiente
 
Publicar Nuevo Tema   Responder al Tema    Índice de Masa Crítica Coruña -> Convocatorias Extraordinarias
Ver tema anterior :: Ver siguiente tema  
Autor Mensaje
JaSe



Registrado: 10 Oct 2006
Mensajes: 129
Ubicación: Os Rosales/A Coruña.--.666781940
Reputación: 15.4Reputación: 15.4

MensajePublicado: Vie Jul 06, 2007 4:01 pm    Título del mensaje: Responder citando

A min paréceme millor facelo en dous días porque así no sábado daríanos tempo para promocionar a masa crítica do demingo e virá máis xente.
Eu espero poder ir os dous días, pero no todos teñen as mesmas posibilidades a hora de levar a bici en transporte particular.
_________________
-->JaSe<--
<---------A metro y medio por farvor--------->
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado [ Oculto ] MSN Messenger
Pilar (A Golpe de Pedal)
Invitado






MensajePublicado: Dom Jul 08, 2007 7:11 pm    Título del mensaje: Masa centralizada Responder citando

En Vigo estamos pensando en convocar unha mani para eses días. Non sería mellor deixalo para fora da semana da mobilidade? Penso que moit@s preferiríamos facer cousas no sitio no que vivimos...
Por que sempre Santiago? propoño que, de facer unha quedada conxunta (e non resulta un pouco absurdo ir en coche particular a un acto reivindicativo do transporte en bici?) sexa nun sitio distinto, preferiblemente nalgunha vila na que ainda non hai masa crítica, para ir promocionando a cousa de verdade
Volver arriba
JaSe



Registrado: 10 Oct 2006
Mensajes: 129
Ubicación: Os Rosales/A Coruña.--.666781940
Reputación: 15.4Reputación: 15.4

MensajePublicado: Dom Jul 08, 2007 10:51 pm    Título del mensaje: Responder citando

Eu case que non podería ir en bici a Santiago... e en bus non sei
_________________
-->JaSe<--
<---------A metro y medio por farvor--------->
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado [ Oculto ] MSN Messenger
Marcial
Administrador


Registrado: 10 Oct 2006
Mensajes: 403
Ubicación: A Coruña
Reputación: 20.8Reputación: 20.8

MensajePublicado: Lun Jul 09, 2007 9:32 am    Título del mensaje: Responder citando

Ola,

Ante todo benvida Pilar, estamos encantados de recibir diferentes opinións e que empecemos a saber uns dos outros nesta longa loita pola normalización e promoción da bici como medio de transporte.

Pilar (A Golpe de Pedal) escribió:
En Vigo estamos pensando en convocar unha mani para eses días. Non sería mellor deixalo para fora da semana da mobilidade? Penso que moit@s preferiríamos facer cousas no sitio no que vivimos...


É a primeira opinión que considera que a data elixida non lle gusta. O feito de realizala nese día foi unha proposta porque podía aproveitarse para conseguir a atención dos medios e da xente se combinábamos varias actividades dentro dese fin de semana, ademais de aproveitar a presenza de xente de todas as partes de Galiza para realizar coloquios e conferencias onde poder ver o traballo e as opinións de tod@s.

Quizais non se considerou o feito de que se eliximos esa data perdemos de realizar actividades a nivel local, haberá que pensar un pouco máis sobre iso, pero se ao final aceptamos eses días quizais nos deixemos as convocatorias locais para outras datas para centrarnos nesa convocatoria.

Pilar (A Golpe de Pedal) escribió:
Por que sempre Santiago? propoño que, de facer unha quedada conxunta (e non resulta un pouco absurdo ir en coche particular a un acto reivindicativo do transporte en bici?) sexa nun sitio distinto, preferiblemente nalgunha vila na que inda non hai masa crítica, para ir promocionando a cousa de verdade.


Desde Coruña en principio contamos con ir en tren, todo dependerá da resposta de RENFE á nosa intención de ir "x" persoas en bici no mesmo tren. Pode que necesitemos ir en horarios diferentes, e en último caso utilizaremos algunha furgoneta para transportar as bicis e ir en tren sin bici, permitindonos minimizar o número de vehículos motorizados a empregar.

O de facelo nalgunha vila, para nós non é unha idea nova para nós, xa que pensamos nalgún momento en facer algunha "masa extraordinaria" nalgún outro sitio cercano a Coruña cuns obxectivos similares (Masa Crítica en vilas próximas), inda non chegamos a ningunha convocatoria concreta. De todos modos é unha celebración ao ano tan só (a masa crítica galiza), polo que quizais a promoción das masas noutras vilas pode que sexa algo que se poida realizar de xeito máis efectivo desde as masas críticas de cada zona e non desde unha convocatoria conxunta ou global de todas as masas e asociacións de ciclousuarios.

Eu tamén son da opinión de que se recorre demasiadas veces a Santiago cando se trata de facer convocatorias conxuntas para toda Galiza. De todos modos hai que ter en conta que Santiago, xeográficamente, está moi centrada nun punto intermedio entre os diferentes núcleos de poboación. Tamén, o feito de facelo nunha vila e non nunha cidade pode impedir o poder utilizar o tren, ademais de aumentar os tempos de desprazamento se está máis lonxana.

Fran escribió:
Hai duas propostas:

1ª Talleres, charlas, masa critica infantil, etc.. o Sábado 22 de setembro pola tarde e MASA CRITICA o domingo 23 de setembro pola mañá.

2ª Facelo todo nun día so.


Eu sigo votando polo sábado, intentar facer todo nun día. Pódense facer charlas e talleres pola mañá e pola tarde a primeira hora e facer a masa entre as seis e as oito.

Se o facemos en dous días dificulta moito que a xente acuda a todo, porque ou teñen forma de aloxarse en Santiago ou terían que desprazarse dúas veces. Ademais o domingo sigo pensando que non é un bo día para unha convocatoria reivindicativa como esta, porque hai pouco tráfico e pouca xente pola rúa.
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado   Visitar sitio web del autor
Moncho do Orzán



Registrado: 11 Ene 2007
Mensajes: 64

Reputación: 7.6Reputación: 7.6Reputación: 7.6Reputación: 7.6Reputación: 7.6Reputación: 7.6Reputación: 7.6

MensajePublicado: Lun Jul 09, 2007 11:11 am    Título del mensaje: Responder citando

Eu teño exame o dia 7 de setembro (espero que sexa o último da carreira!) e despois xa estaria con disposición para todo o que cumprise necesário. Non obstante, tentarei acudir as reunións que se fagan.

Por outra banda, concordo coa idea de que se faga nun dia só e en sábado: é mais sinxelo, a masa anuncia-se durante todo o dia e na tarde do sábado hai mogollón de xente! Ademais se poderian establecer postos informativos en pontos estratéxicos do percorrido onde a xente poida informar-se personalizadamente e de vagar (non só repartindo un folleto a todo correr). Se gostades, os músicos podemos aportar vida ao evento Wink
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado  
Xan Duro
Invitado






MensajePublicado: Lun Jul 09, 2007 7:41 pm    Título del mensaje: Masa Crítica Galega Responder citando

Ola a tod@s,

A proposta de facela en Santiago e o 22 ou o 22/23 de setembro é só iso, unha proposta. Seguindo co que dixo Marcial, proponse Compostela pola súa centralidade xeográfica, nada máis. Podemos barallar outras opcións por suposto.

Unha que rondou xa en conversas informáis é facela en A Coruña para tentar negociar con RENFE habilitar vagóns especiais para as bicis. Este tren sairía de Vigo, por exemplo, recollendo xente en Pontevedra, Vilagarcía e Compostela cando menos. De facelo así sumamos á reivindicación da bici, unha demanda tren+bici como sistema intermodal máis ecolóxico.

O fundamental é garantir unha presenza importante de ciclousuari@s e comprometérmonos todos e todas na divulgación.

Unha aperta
Volver arriba
Josiño
Administrador


Registrado: 10 Oct 2006
Mensajes: 267
Ubicación: GOLFO ARTABRO
Reputación: 17.8Reputación: 17.8

MensajePublicado: Mar Jul 10, 2007 11:08 am    Título del mensaje: Responder citando

Boas e benvidos os novos, como di Xan penso que o importante é que o acto teña a maior divulgación posible e serva pra as aspiracións de todos en canto a promocionar a bici como modo de transporte, polo que o lugar e a data deberían decidirse en función destes obxetivos.

Penso que pra convencernos de que paga a pena o esforzo deberiamos sondear a capacidade de convocatoria polo menos entre as asociacións de ciclousuarios galegas, e se pode compatibilizarse o acto coas reivindicacions locais, non queremos que a primeira masa galega sexa pobre en canto a número de ciclousuarios.

Persoalmente non teño problema en ir ata onde sexa, o único que me convencería pra elexir un lugar ou outro serían argumentos en función da maior capacidade de éxito en canto a participantes; e ,medio en broma medio en serio, a candidatura da Coruña asegura boa festa,con gaiteiros e todo...A falar tocan!
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado [ Oculto ] Visitar sitio web del autor
monica



Registrado: 11 Nov 2006
Mensajes: 12

Reputación: 11.6

MensajePublicado: Mie Jul 11, 2007 6:42 pm    Título del mensaje: Responder citando

A min pareceme que as datas e o lugar son bastante axeitados para facer a Masa Crítica Galiza, agora ben, si outra data e/ou lugar garantizan un maior éxito pareceme ben tamén. O que me da medo e que a cousa se pospoña outra vez, creo que faga o que se faga habería que tomar unha decisión pronto xa que levamos meses falando disto e nunca o damos feito
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado  
Marcial
Administrador


Registrado: 10 Oct 2006
Mensajes: 403
Ubicación: A Coruña
Reputación: 20.8Reputación: 20.8

MensajePublicado: Jue Jul 12, 2007 12:41 am    Título del mensaje: Responder citando

Pois sí, desta millor que non pase. Tempo hai de sobra antes e despois desa data para facer cousas a nivel local.

No referente ao sito, a min paréceme ben Santiago, e por suposto tampouco me parece mal Coruña. Temos que pensar que a convocatória e para tod@s e porque non sexa na nosa cidade ou pobo non vai a deixar de ser nosa. E o importante é buscar un lugar ao que non nos molestaría demasiado desprazarnos (ou sexa non moi lonxe e ben comunicado con todas partes de Galiza) e que sexa adecuado para unha convocatória forte de xente para causar o maior impacto a nível informativo e de comunicación.
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado   Visitar sitio web del autor
rotor
Administrador


Registrado: 10 Oct 2006
Mensajes: 101

Reputación: 15.1Reputación: 15.1

MensajePublicado: Jue Jul 12, 2007 2:32 pm    Título del mensaje: Responder citando

ola, eu penso que data e lugar están ben, e digo máis, dificilmente mellorables tendos en conta que nesa semana os medios van a estar moi sensibles
Nos na Coruña, esta por falar, penso que faremos actuacións locais (II carreira dos medios, algunha marcha especial...) é "a seman da mobilidade", unha seman da para moito. Polo que teño leido na Coruña estamos todos bastante de acordo no sábado e no lugar de celebración, que salvo que a proposta de Xan do superbiketren prospere, debería ser Santiago.

Eu en calqueira caso, e tendo en contas os contactos que teñen, gostariame que fora a xente de Masa Crítica Santiago a que decidira, nunca vai chover a gusto de todos cando de poñer datas falamos , como di mónica, hai que poñelas xa e a traballar para que sexa un éxito.

Queda o meu voto, Sábado en Cospostela.

Unha aperta é vémonos na Bici.
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado  
Marcial
Administrador


Registrado: 10 Oct 2006
Mensajes: 403
Ubicación: A Coruña
Reputación: 20.8Reputación: 20.8

MensajePublicado: Mar Jul 24, 2007 9:06 am    Título del mensaje: Responder citando

O meu voto é:

Lugar: Santiago de Compostela
Data: 22 de setembro (sábado)

En pouco tempo haberá que tomar a decisión definitiva e empezar a tantear a masas, asociacións ciclistas ou de ciclousuarios, outros colectivos, particulares en xeral, ... Vai a ser a maior concetración de ciclousuarios vista ata agora !!! cheers cheers cheers
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado   Visitar sitio web del autor
iria



Registrado: 11 Oct 2006
Mensajes: 10

Reputación: 12.1

MensajePublicado: Mar Jul 31, 2007 12:47 pm    Título del mensaje: Responder citando

Hola

Esto de la masa crítica gallega me parece estupendo... hello1
Este vienres podríamos tantear cuanta gente se apuntaría al tema y hablar un poco de como organizaríamos el asunto.

un saludo a todos
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado  
Marcial
Administrador


Registrado: 10 Oct 2006
Mensajes: 403
Ubicación: A Coruña
Reputación: 20.8Reputación: 20.8

MensajePublicado: Mar Jul 31, 2007 11:53 pm    Título del mensaje: Responder citando

Que ben! Xa te recuperamos para o foro jeje, e con forzas renovadas!!! Falaremos logo venres do tema, creo que en agosto o antes posíbel xa ten que estar definido a data e o lugar, e a partir de aí comezar a traballar, non só para planificarmos para ir, senón para conseguir que podamos acudir o maior número posíbel, tanto de Coruña como doutras partes.
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado   Visitar sitio web del autor
Zorzamoth



Registrado: 19 Ene 2007
Mensajes: 13

Reputación: 6.2Reputación: 6.2Reputación: 6.2Reputación: 6.2Reputación: 6.2Reputación: 6.2
Votos: 1

MensajePublicado: Mie Ago 01, 2007 3:00 am    Título del mensaje: Responder citando

Boas a tod@s:

A min en principio tamén me parecen ben a data e lugar de Santiago o 22 de setembro. No tocante ó de reclamación tren-bici iso poderíase facer se moitos nos decantamos ó final polo tren como medio de transporte, que a todo isto non sei se hai confirmación de RENFE de se poderíamos usar un vagón como transporte :S

En calqueira caso polo menos os viaxeiros habituais do tren verían as bicis e que algo pasa, e mesmo podería meterse despois na masa unha cantinela ou algo referente ó problema. Así a bote pronto:

En tren a Compostela
E a bici onde metela


ou

Moito ferrocarril
E a bici sen carril


E no tocante o impacto mediático seguro que saír saímos, de modo que se queredes comentar este punto en concreto nalgún comunicado ou algo, persoalmente paréceme ben.

Bueno pois iso, espero vernos sobre dúas rodas.
_________________

¿Me das un abrazo?
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado  
Marcial
Administrador


Registrado: 10 Oct 2006
Mensajes: 403
Ubicación: A Coruña
Reputación: 20.8Reputación: 20.8

MensajePublicado: Jue Ago 02, 2007 8:31 am    Título del mensaje: Responder citando

Onte falamos do tema, e nos próximos días intentaremos xa pechar a data e o lugar, e a partir de aí promoción a tope de todo o mundo, hai que volcarse en informar e tratar de chegar a calquera ciclista do mundo... ejem... de Galiza mais ben jeje.

Por certo, moi boas as ideas de Zorzamoth. E o tema do RENFE hai que tratalo a ver se hai esa posibilidade de poñernos un vagón extra para levar as bicis. Claro que para iso deberiamos ir confirmando asistencia o antes posible unha vez a data e lugar sexan definitivos. Eu podo!, teña o que teña o día que sexa esta supermasa galega terá que esperar para outro momento, que hai masa!!!
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado   Visitar sitio web del autor
Mostrar mensajes anteriores:   
Publicar Nuevo Tema   Responder al Tema    Índice de Masa Crítica Coruña -> Convocatorias Extraordinarias Todas las horas están en GMT + 2 Horas
Ir a página Anterior  1, 2, 3, ... 11, 12, 13  Siguiente
Página 2 de 13

 
Saltar a:  
No puede crear mensajes
No puede responder temas
No puede editar sus mensajes
No puede borrar sus mensajes
No puede votar en encuestas
Foro creado Gratuitamente en http://www.mundoforo.com
Crea gratis tu foro en http://www.mundoforo.com

Mapa del sitio



Powered by phpBB © 2001, 2005 phpBB Group
 

MundoForo.com - Perteneciente a MundoGratis.com

 
Programas Gratis Subir Imagenes - Fotolog Crear Blog Personal
 
Chistes Juegos Gratis Manuales Gratis