|
Foro Masa Crítica Coruña

Pincha no debuxo para ir ao foro das Masas Críticas Galegas
- Compartir Foro Masa Crítica Coruña en:
|
| Ver tema anterior :: Ver siguiente tema |
| Autor |
Mensaje |
xanduro
Registrado: 02 Nov 2006 Mensajes: 19
 
|
Publicado: Vie Sep 07, 2007 3:58 pm Título del mensaje: cociñas solares e cartel |
|
|
Ola de novo,
Xa está solicitado o permiso para instalar as cociñas solares no alto do Parque de Bonaval. Agardo que non poñan pegas.
Sobre o cartel, algunha xente comentou que botaban en falta unha pequena explicación do que era a Masa Crítica. Entendían que tal como está se se pega polas rúas, moita xente non vinculada a este mundo non sabería de que se está a falar. Hai posibilidade de lle engadir un texto na liña do que segue?
A Masa Crítica é unha "coincidencia organizada" de ciclousuari@s que realizan un paseo colectivo pola cidade. Este evento celébrase mensualmente en máis de 350 cidades de todo o mundo, baixo o lema "Pedaléa todolos días, celébrao unha vez ao mes". _________________ Xan Duro
Coordenador Xeral de Verdegaia
www.verdegaia.org
www.bicis.info |
|
| Volver arriba |
|
 |
Josiño Administrador

Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 267 Ubicación: GOLFO ARTABRO
  
|
|
| Volver arriba |
|
 |
xanduro
Registrado: 02 Nov 2006 Mensajes: 19
 
|
Publicado: Vie Sep 07, 2007 8:13 pm Título del mensaje: que eficacia! |
|
|
Moitas grazas, Jose _________________ Xan Duro
Coordenador Xeral de Verdegaia
www.verdegaia.org
www.bicis.info |
|
| Volver arriba |
|
 |
candicaramelo

Registrado: 11 Oct 2006 Mensajes: 10
 
|
Publicado: Sab Sep 08, 2007 10:57 pm Título del mensaje: de o que acontece se queres levar a bici en tren... |
|
|
¿QUÉ ACONTECE SE QUERES LEVAR A BICI NO TREN?
Pois que podes quedar en terra. Como case lle pasa a unha moza na estación de Santiago fai unha semana.
Facía eu o traxecto A Coruña- Pontevedra no tren R-598 (qué nome tan sinxelo... Así parece máis sofisticado e que corre máis. Nada máis lonxe da realidade; dúas horas ata Pontevedra, como sempre foi...). Nun principio, esos trens, que pretenciosamente se parecen a trens- bala , carecían de lugares axeitados para levar bicicletas (esos aparellos demoníacos tan estraños), polo que tiñas que ir no tren rexional (ata 2h:40min a Pontevedra.. ). Este tren tampouco ten ningún departamento específico, pero deixan metela de mala maneira nun habitáculo previo á cabina do maquinista non indicado para isto: pouco espazo, incómodo e bamboleando toda a viaxe. Despois, instalaron no R-598 seis ganchos para outras tantas bicis nun departamento pequeno. Semellaba que íamos no bo camiño...! . Pois non; ó pouco sacaron tres para poñer no seu sitio unha máquina de CocaColas e patatillas . La pela es la pela. O espazo para as bicis é un valeiro no tren que moitas veces a xente aproveita para poñer as súas cada vez meirandes macro maletas-baúl (os estudantes de hoxe non saben facer un ovo frito nin poñer unha lavadora, e lévan provisións de viandas e roupa para toda a semana...), polo que as máis das veces tes que pedir que, por favor, sáqueme de aquí este enorme paralalepípedo. Ben é verdade que poucas veces van os tres sitios ocupados. Pero non foi así o outro día...
Ata Santiago eu era o único viaxeiro con bicicleta. Pero alí esperaban outros tres viaxeiros con cadansúa bici. E só dóus ganchos dispoñibles. Xa temos lío...
Dous deles, peregrinos de volta, buliron a subir e colgaron as súas. E nese mesmo momento xa escoito na porta do vagón:
-"Que non, neniña, que non te podo deixar subir coa bici. Non queda sitio. Vai no siguiente".
-"Non podo!. Vou para Salvaterra, e se vou no seguinte, perdo o transbordo en Vigo...!!"
-"¿E por qué non viñeches antes...?"
- "Porque non puiden. Acabo de saír do traballo."
Entón, eu, metomentodo, avogado de preitos pobres, Robin Hood de pacotilla, acudín en axuda da moza, xunto cós dous peregrinos. Que non lle deixaba. "Que non. Que non hai máis prazas. Que se pasa algo é responsabilidade miña. Que non. Que de ningunha maneira podes subir. ¿E se temos un accidente?". Si home, o peor vai ser a bicicleta...
Eu, máis chulo que un oito, díxenlle á rapaza que subise, que ten dereito a unha bici por viaxeiro, e que se non había ganchos dabondo pois que a avisasen e non lle vendesen o billete. POe suposto, nese momento de tensión, o revisor furábame coa mirada. Ademáis, ¿de quén é a prioridade do gancho? ¿Do que mercou antes o billete ou do que subiu primeiro?. Neste país de listillos y sálvese quien pueda, está claro...
O revisor, un pobre homiño, viuse desbordado por unha situación que se saía da rutina de picar billetes. Suponse que él é o responsable da pasaxe do tren e de todo o que aconteza nos vagóns, pero a solución que lle daba á rapaza non era moi boa. "Vai no seguinte..". Manda carallo. A estas alturas. Este tipo de cousas avergóñanme.
Despois de moito rifi- rafe, de dúas chamadas de teléfono, de consultarlle ó xefe de estación (que tamén aconsellou deixar á moza en terra, sen mollarse máis; outro gran profesional), de chamar ós gardas de seguridade, de ameazar con chamarmos á policía e de sete minutos de retraso (decíano como algo gravísimo, que non sucede nunca; non me fagades rir, que son moitos anos e xa nos conocemos...), o tipiño accedeu a deixala subir na plataforma, pero que non podía moverse do lado da bicicleta. Incluso nós recomendámoslle que a prendese á bici có candado...
Despois, durante a viaxe estivémoslle comendo a cachola, dicindolle que moi mal, que isto non era así, que por suposto hai que aumentar prazas para bicicletas, e que hai que garantizalas, ainda que che teñan que cobrar por elas. Non cho poden dicir a pe de tren, no andén. ¿E se o revisor non vise nada, a moza subise e o tren arrancara?. ¿qué ía facer...? ¿botala pola ventanilla?. Ela tiña billete en regra. ¿ E faría o mesmo se fose en cadeira de rodas?. Nin de coña. Tamén lle contei dunha vez que apareceron uns 20 peregrinos estranxeiros para subir coas súas bicis, e non daban crédito cando non os deixaban subir. POe suposto, ó final subiron, despois de avergoñar ós españolitos.
Pero nada, o señoriño tomouno a título persoal, chamándome listillo, ti qué sabes da lei, etc. Á defensiva. E cando lle decíamos que había que mirar para o resto de Europa, soltou perlas como que precisamente no estranxeiro están a quitalas, que non é rentable. Que aquí as poñen por aparentar (totalmente de acordo), polos "ecologistas". Ata me dixo que a ver cando tiña cartos para mercar un carro. Ahí es nada. Xa imaxinades ó becerro. Como para discutir con él. Quén me mandaría a min meterme nestas refregas...
CONCLUSIÓN: Se o 22 queremos ir á masa galega no tren sen avisar da cantidade de bicis, xa podedes ir preparados para unha boa. Ide chamando á prensa, porque o show pode ser memorable...
p.d.: Manel; toma letanía... Así o quixeches.
p.d.2: O gremio de revisores para a ser para min declarado "non grato" , xunto ó dos buseiros e o dos taxistas.Ou sexa; responsables de transporte público en xeral. Síntoo se ofendo a alguén, pero non teño máis que problemas con eles...  |
|
| Volver arriba |
|
 |
iria
Registrado: 11 Oct 2006 Mensajes: 10
 
|
Publicado: Dom Sep 09, 2007 3:04 pm Título del mensaje: |
|
|
Menuda historieta...
Creo q deberías animarte a mandarla a algun periódico, para q se conozca la realidad del transporte público en galicia...  |
|
| Volver arriba |
|
 |
Marcial Administrador
Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 403 Ubicación: A Coruña
  
|
Publicado: Dom Sep 09, 2007 4:17 pm Título del mensaje: |
|
|
Ánimo Candi. Tod@s estamos contigo niso.
Está claro que RENFE, asi como os nosos rancios governantes, seguen loitando contra o inevitable, xa que o futuro nos traerá unha transformación tanto do xeito de desprazarnos como cambiará a fisonomía das cidades. E a bici terá un papel protagonista nese cambio.
Xa existe unha directiva europea que establece que todos os trens deberán permitir o transporte de bicicletas gratuítamente en todo o territorio europeo. Polo tanto no momento en que entre en vigor en cada país esta normativa os de RENFE terán que achantar, porqué retrasar e empeñarse en seguir loitando contra o futuro, en retrasar todo, en ser sempre os últimos?
Estaria ben sair nos medios cunha boa carta ao respecto, pero claro, co espazo tan reducido que existe para as cartas ao lector, non terías demasiado espazo para explicar ben todo. Quizais se poda facer un resumo e que quede claro todo, non sei.
En todo caso, estamos de noraboa, porque agora temos a nosa arma definitiva jejeje. En poucos dias comezará a funcionar o blog do periódico da opinión "Un coche menos", e alí este tipo de sucesos terán un papel protagonista. |
|
| Volver arriba |
|
 |
Josiño Administrador

Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 267 Ubicación: GOLFO ARTABRO
  
|
Publicado: Lun Sep 10, 2007 7:45 am Título del mensaje: |
|
|
| Es que sois unos snobs y ecologistas do carallo, a quien se le ocurre ir en bici si eso ya no se lleva....país... |
|
| Volver arriba |
|
 |
Marcial Administrador
Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 403 Ubicación: A Coruña
  
|
|
| Volver arriba |
|
 |
sonia
Registrado: 06 Nov 2006 Mensajes: 58
 
|
Publicado: Mar Sep 11, 2007 7:56 am Título del mensaje: asustacoches e pegata¡¡¡¡ |
|
|
Non sei se iste é o sitio idóneo para poñelo, pero coma me quede sen o asustacoches e a pegata por non pode ir a masa crítica galega , e de supoñer que vos acordedes, pero coma non sexa o caso, podo chegar a ser moi moi vengativa ¡¡¡¡¡¡¡ Por certo, querovos moitoooo a todos.
Un biquiño. _________________ SONIA |
|
| Volver arriba |
|
 |
Xiana

Registrado: 03 Nov 2006 Mensajes: 180 Ubicación: Os Castros_A Coruña
   Votos: 3
|
Publicado: Mar Sep 11, 2007 2:04 pm Título del mensaje: |
|
|
| Por certo, mandei información da Masa Crítica galega ao clube deportivo Iar (os da asociación de veciños do Castrillón), non sei se terá efecto. O outro día na bici encontreime un ciclista que estaba animado a ir á Masa Galega co/s seu/s fillo/s, deille un panfletiño, estaba "preocupado" pola forma de ir cos cativos a Compostela e faleille do bus. A cuestión é: hai forma de divulgar o tema do bus á xente de a pé que está indecisa ou ten descoñecemento do evento...?? |
|
| Volver arriba |
|
 |
rotor Administrador

Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 101
  
|
Publicado: Mie Sep 12, 2007 10:15 am Título del mensaje: |
|
|
ben, pois, eso estou de vacacións pero vese que non podo desconectar diste movemento (sentimento máis ben), por algo son o "director de agrupación" , espero que ó presidente ese que temos non lle sente mal, nin tampouco a "mula omar", o noso guia na sombra
Eu penso que haberia que intensificar os esforzos de pegada antes de que remate esta semana, non sei se polo metodo birropegada ou cada un pola sua conta
fixen unha pequena modificación para que figure no cartel o enderezo da páxina onde apuntarse a as duas opcios máis doadas
http://www.flickr.com/photos/61402404@N00/1364183779/
polo resto, supoño que sacar algo o domingo, día do xornal, xa pechada a contratación do bus e horarios ben concretados, imos ter que ser moi pesados pero seguro que tirando de amiguetes:oops:
eu comprometome a chamar a El Pais e a Opinion
Alberto falou dunha contraportada no Ideal a traves dunha amiga do seu irman, tal vez o domingo era o día
a cuña de radio cuac da que falou jase non deberiamos de deixala pasar
realmente ó unico que falta é publicitalo o máís posible, e ala, a reventar compostela |
|
| Volver arriba |
|
 |
Marcial Administrador
Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 403 Ubicación: A Coruña
  
|
Publicado: Mie Sep 12, 2007 10:51 am Título del mensaje: |
|
|
Oksss, quedada para pegar xoves ás 20h diante do Dublin coma sempre. Cada quen que pegue pola súa conta onde poda e a quen lle apeteza que apareza polo Dublin (a pegada polo centro sempre é efectiva).
A menos que se diga o contrario contade con levar cada un algunhas copias do cartel, mais o menos as que pensedes pegar.
Habería que apremiar un pouco á xente que dixo que iba seguro a que se apuntasen na páxina, ou que falen con alguén para que lles apunte. Como vai o de Pedro Domenech, Cándido e a saída de ciclistas? cantos van seguro? volven pola súa conta ou hai que contar con algún para o bus?
Outra cousa que habería que falar é o tema da volta... Porque parece que somos moit@s @s que parece que preferimos facer noite en Santiago... Non sei se será compatible o volver escalonadamente con alugar un bus. Hai que ir facendo cálculos...
De momento está así a cousa: Para ir o sábado en bus/tren son 5 (ou 7 se contamos aos pais de Roberto), para volver o sábado son 13 (ou 15 pola mesma razón) e para volver o domingo son 8.
Por certo, espero que ninguén entendera que lle pagamos a viaxe jejeje, facilitamos o transporte pero terá que apoquinar todo o mundo o que lle corresponda
P.D. Mal momento para pillar vacacións Manel jejeje, a min pasoume algo parecido en agosto, a miña 1ª semana "vacacións" coincidiu co Festival Manicómicos ... ... ... |
|
| Volver arriba |
|
 |
JaSe

Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 129 Ubicación: Os Rosales/A Coruña.--.666781940
  
|
Publicado: Mie Sep 12, 2007 2:34 pm Título del mensaje: |
|
|
eu estarei por ali _________________ -->JaSe<--
<---------A metro y medio por farvor---------> |
|
| Volver arriba |
|
 |
Xiana

Registrado: 03 Nov 2006 Mensajes: 180 Ubicación: Os Castros_A Coruña
   Votos: 3
|
Publicado: Mie Sep 12, 2007 2:54 pm Título del mensaje: |
|
|
| Cómpre que eu tamén. |
|
| Volver arriba |
|
 |
xanduro
Registrado: 02 Nov 2006 Mensajes: 19
 
|
Publicado: Mie Sep 12, 2007 3:26 pm Título del mensaje: Video |
|
|
Ola,
Vin noutro apartado a montaxe de intriga de luiseteperillo (por certo, parabéns, gostei moito del) o que me fixo lembrar un tema que falaramos no xantar do sábado anterior e que non volvimos tocar: o rexistro audiovisual da 1ª masa crítica galega.
Se alguén de vos ten man e equipo (luiseteperillo?) sería xenial poder montarmos un video sobre a Masa Crítica Galega, recollendo declaración dos/as participantes, incidencias etc...
Non sei se a calidade abonda pero moitos de nos temos cámara dixital que graba un video decente e cuestión de usala e logo enviar o material para montarlo.
Que vos parece? _________________ Xan Duro
Coordenador Xeral de Verdegaia
www.verdegaia.org
www.bicis.info |
|
| Volver arriba |
|
 |
|
|
No puede crear mensajes No puede responder temas No puede editar sus mensajes No puede borrar sus mensajes No puede votar en encuestas
|
Foro creado Gratuitamente en http://www.mundoforo.com Crea gratis tu foro en http://www.mundoforo.com
Mapa del sitio
Powered by phpBB © 2001, 2005 phpBB Group
|