| Ver tema anterior :: Ver siguiente tema |
| Autor |
Mensaje |
monica
Registrado: 11 Nov 2006 Mensajes: 12
 
|
Publicado: Lun Jul 02, 2007 4:44 pm Título del mensaje: |
|
|
| Estou totalmente de acordo con ir polo paseo marítimo aproveitando que no verán non hai masa de barrios, xa levei un par de sustos alí porque os coches van mangados e che adiantan como lles da a gana, hai que educalos un pouquiño. Non sei se sería bo ocupar todos os carrís ou non, sería cuestión de falalo pero pode que sexa unha boa idea. |
|
| Volver arriba |
|
 |
JaSe

Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 129 Ubicación: Os Rosales/A Coruña.--.666781940
  
|
Publicado: Lun Jul 02, 2007 10:29 pm Título del mensaje: |
|
|
Eu tamén quero ir polo paseo marítimo, falta moito carril bici pola culpa do tren chu chu. Ademais non sei se vos dariades conta de que no final do carril bici na zona de la solana hai obras e puxeron outro sinal de FIN DE CARRIL BICI, alguen sabe se iso é permanente ou o quitarán cando acaben as obras? _________________ -->JaSe<--
<---------A metro y medio por farvor---------> |
|
| Volver arriba |
|
 |
Io Invitado
|
Publicado: Mar Jul 03, 2007 12:37 am Título del mensaje: mensaxes |
|
|
Temos que chegar aos cen, que vos parece si o xoves mandamos unha mensaxe a polo menos, dez colegas, e ao final da mensaxe engadimos "pásao", penso que non costa nada intentalo, dez persoas que pensemos que poden saca-la bici; de feito hai moita xente que comentas o da masa e sempre se lles pasa... non están pendentes e esquencense da data.
Entre todos podemos facer unha boa cadea para que chegue a xente que non é habitual.
Agora só fai falla consensuar a mensaxe... VEÑA, ADMITENSE SUXERENCIAS |
|
| Volver arriba |
|
 |
Josiño Administrador

Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 267 Ubicación: GOLFO ARTABRO
  
|
Publicado: Mar Jul 03, 2007 8:48 am Título del mensaje: |
|
|
Secundo la moción  |
|
| Volver arriba |
|
 |
rotor Administrador

Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 101
  
|
Publicado: Mar Jul 03, 2007 10:27 am Título del mensaje: |
|
|
ktal unha ruta circular, entre rotondas, escravas-surfeiros, duas ou tres voltas e para casa por rubine e san andres?
eu son partidario de ocupar un so carril e evitar no posible os rais do tren chuchu, de feito poderiamos ocupar o carril esquerdo, e deixar o dereito os coches...pero eu ocuparía un só carril
Marcial fala de facer uhna reunion e poderiamos aproveitar a masa do venres para facer unha posterior, entrebirras...facer unha orde do día máis ou menos (seman da mobilidade, nova carreira dos medios 2008, inicio do curso universitario, 12 horas 2008, recollida firmas e reunión políticos, bicis solidarias, cursos adultos...(carallo cantos temas))
Se falamos cos medios poderiamos reclamar a continuidade do carril polo paseo, recordandolle os do Psoe a suas promesas cando Florencio Cardador...O FIN E O CABO E POÑER UNHA PUTA SEÑAL E UNHA RAIA NO CHAN...
Isaac xa ten preparada a de Agosto, que se non hai cambios, imos ir a Santa Margarida
Olga, a presidenta, quere vir a próxima reunión que fagamos para concretar como vai ser a movida no seu barrio.
En Setembro, Monelos con Ramón Huesa....
e agosto....a praia, paseo e relax...
vémonos na bici |
|
| Volver arriba |
|
 |
Marcial Administrador
Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 403 Ubicación: A Coruña
  
|
Publicado: Mie Jul 04, 2007 8:59 am Título del mensaje: |
|
|
Fai Isaac a ruta? (se é así mándama) Fagoa eu con bikely? ou ao ser unha ruta sinsela improvisamos sobre a marcha, calculando por tempo e gañas coas que estamos as voltas que damos e por onde imos hacia alí e por onde volvemos?
No da reunión, non hai tampouco presa por quedar, temos todo o verán por diante, pero claro que podemos ir falando de algunha cousa no pincho posterior, a ver se quedamos a maioría.
E moi ben, xa temos moi perfiladas as seguintes dúas masas!!!! |
|
| Volver arriba |
|
 |
rotor Administrador

Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 101
  
|
Publicado: Mie Jul 04, 2007 9:21 am Título del mensaje: |
|
|
faina tí se queres ou non fagas nada e improvisamos, se te ves con forzae gañas, Isaac xa dixo que este mes daba o mesmo, supoño que el irá diante igual...
O da reunión non ten prisa ou sí, porque o vrao e un gran dispersador e deberiamos aproveitar a concurrencia as masas
Hoxe enviarei un correo os medios como recordatorio e máis un par de chamadas... |
|
| Volver arriba |
|
 |
Marcial Administrador
Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 403 Ubicación: A Coruña
  
|
Publicado: Mie Jul 04, 2007 2:40 pm Título del mensaje: |
|
|
Pois nada, Isaac que nos lidere nunha ruta improvisada ata chegar alí (que será curta), e alí estaremos dando voltas. Ao estar todo o tempo no mesmo sitio non é necesario dar unha ruta exacta para que a xente que chegue tarde nos pille polo camiño, porque xa sabe a onde ir: entre as rotondas dos surfistas e as escravas.
Por certo, medín a distancia e son 1.6 km cada longo, ou sexa unha volta completa son 3.2 km. Calculando o normal que solemos facer nas masas (entre 9 e 12 kilómetros), podemos dar 3 ou 4 voltas aproximadamente, dependendo das gañas e o tempo que nos leve (non ten subida ningunha e o asfalto está moi ben polo que é de supoñer que iremos máis rápidos que noutros sitios).
A dinfundilo!!! |
|
| Volver arriba |
|
 |
JaSe

Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 129 Ubicación: Os Rosales/A Coruña.--.666781940
  
|
Publicado: Mie Jul 04, 2007 2:55 pm Título del mensaje: |
|
|
Gañas non faltan, ademais o percorrido non ten subidas e non vai ser especialmente agotador. Supoño que catro voltas poderanse dar, e algun tramo tapando os dous carrís _________________ -->JaSe<--
<---------A metro y medio por farvor---------> |
|
| Volver arriba |
|
 |
sonia
Registrado: 06 Nov 2006 Mensajes: 58
 
|
Publicado: Mie Jul 04, 2007 8:53 pm Título del mensaje: imosnos de festa.... |
|
|
por iso non vamos poder ir a masa este mes, porque o venres marchamos para a festa do percebe, xa sei que nos tendes unha pouquiño envexa... pero prometo acordarme de cada un mentras coma os percebes.
Un biquiño. _________________ SONIA |
|
| Volver arriba |
|
 |
Marcial Administrador
Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 403 Ubicación: A Coruña
  
|
Publicado: Vie Jul 06, 2007 11:08 am Título del mensaje: |
|
|
Masa Crítica Coruña especial praia "Orzán-Riazor"
A Masa Crítica Coruña volve a rodar. Despois da numerosa masa anterior e o éxito da ciclonudista, desta vez preténdese percorrer de xeito circular a distancia que separa a rotonda das escravas coa rotonda dos surfistas, no paseo marítimo na parte colindante ás praias de Riazor e o Orzán. Así preténdese chamar á atención sobre as dificultades dos ciclistas para circular por esta zona, unha vez rematado o carril bici na casa dos peixes teñen que escoller entre ir pola aceira cometendo unha "ilegalidade permitida" pero moitas veces intransitable pola cantidade de xente que pasea por alí ou pasar á rúa, onde os coches circulan como nunha autopista, fácilmente a 80 km/h ou máis e sen manter as distancias de seguridade (tanto lateral como entre vehículos) necesarias para a seguridade dos ciclistas.
Unha vez máis será un día de festa, para divertirse, para gozar das rúas da cidade para dar un agradable paseo en bici e para recordar a tod@s que a bici é non só un vehículo máis, senón o máis eficaz, cómodo, san e non agresivo co medio ambiente.
A cita, coma todos os primeiros venres de cada mes está convocada para ás 19:45h na Praza de María Pita, comezando ás oito o percorrido, rematando novamente na praza.
http://www.verdegaia.org/bicis/bicis/content/view/147/40 |
|
| Volver arriba |
|
 |
Fran
Registrado: 24 Ene 2007 Mensajes: 19
        
|
Publicado: Vie Jul 06, 2007 3:20 pm Título del mensaje: |
|
|
Non vou poder acudir a masa crítica de Xullo, pero entre birra e birra tamén poderíase falar da próxima MASA CRITICA GALEGA que se fará o fin de semana do 22-23 de SETEMBRO coincidindo coa SEMANA DA MOBILIDADE _________________ participante da Masa Critica A Coruña |
|
| Volver arriba |
|
 |
Marcial Administrador
Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 403 Ubicación: A Coruña
  
|
|
| Volver arriba |
|
 |
|