Marcial Administrador
Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 403 Ubicación: A Coruña
  
|
Publicado: Vie Dic 29, 2006 12:49 pm Título del mensaje: Loita polo carril bici en Santiago de Compostela |
|
|
O tentente de alcalde do Concello compostelán, Néstor Rego, anunciou onte o proxecto de construción dun carril-bici na rúa Berlín en Fontiñas, lembrando que xa o tivera e foi retirado ao se repintar a a rúa. Verdegaia afirma "O desenvolvemento de infraestruturas para a bicicleta esixe unha ollada global sobre a mobilidade e o urbanismo na cidade para poder realizar unha planificación coherente e con visión de futuro".
Para iso esixen un plano que recolla un estudo rigoroso de hábitos de transporte, unha rede de itinerarios ciclistas (carrís-bici, sendas-bici, carrís segregados, áreas 30, etc.) que asegure a conectividade, infraestruturas complementarias á rede (aparcadoiros seguros e sinalización axeitada), programas complementarios de educación vial e campañas de divulgación, unha normativa urbanística coherente, e o estabelecemento de partidas orzamentarias precisas nos distintos orzamentos anuais do Concello, ademais dun calendario de realización detallado. A asociación aspira a un modelo de cidade como Barcelona, Donostia, Cordoba ou Vitoria.
Pola súa parte, o tenente de alcalde salientou que o BNG propuxera unha anovación do Plan Xeral de Ordenación Municipal que inclúa un carril para estes vehículos, e lamentou que na reforma do Ensanche non se tivese a previsión de habilitalos.
Fonte: Loita polo carril bici |
|