Aquí tendes un documental bastante interesante e ameno que se filmou durante a masa crítica interplanetaria de Roma no ano 2006, á que acudiron 2000 ciclistas de todo o mundo. O documental trata bastantes temas intersantes: tráfico, bicis e coches, a publicidade dos autos, masa critica en diferentes partes do mundo, ineficientes carrís-bici en Roma (só en Roma?), etc . Tamén aporta bastantes datos estatísticos referentes a accidentes de tráfico, km de carril-bici en diferentes cidades do mundo.....Solo hai un pequeno problemiña, o documental é en italiano con subtítulos en inglés pero aínda que se entenda a medias creo que paga a pena velo.
Parece ser que a Critical Mass Interplanetaria celebrase todos os anos en Roma durante un fin de semana, este ano 2007 xa foi os días 25, 26 e 27 de maio, así que haberá que esperar á próxima.