|
Foro Masa Crítica Coruña

Pincha no debuxo para ir ao foro das Masas Críticas Galegas
- Compartir Foro Masa Crítica Coruña en:
|
| Ver tema anterior :: Ver siguiente tema |
| Autor |
Mensaje |
rotor Administrador

Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 101
  
|
Publicado: Mie Oct 17, 2007 2:44 pm Título del mensaje: |
|
|
ben, xa estouuuu aquiiiiiii despois de recorrer todolos picos dos ancares e pedalear dende Fonsagrada a Fisterra, veño sen forzas pero cheo de ilusión
a polo foro pangalaico, que carallo
pero unha pregunta, non se poderia comprar ou crear gratuitamente un dominio masacriticagalicia e redireccionar ó noso foro, xa estructurado cos temas comuns e apartados das outras masas...
é outra, non se pode renombrar este foro?
realmente, o que tes que decidir es tí marcial, o foro e como o teu fillo, nos só xogamos con él
eu estou a favor, imos facer máis forza a nivel nacional, que tamén teñen moito que traballar dende a xunta (móvome, lembrades da campaña de touriño?)
pois eso, temos moitos temas en común cos compañeiros das cidades galegas, salvalgo Santiago, que Bugallo xa veu a luz |
|
| Volver arriba |
|
 |
luisete 104

Registrado: 27 Nov 2006 Mensajes: 70
 
|
Publicado: Jue Oct 18, 2007 10:53 am Título del mensaje: |
|
|
acabo de ver o outro foro e é o mesmiño que este. funciona exactamente igual, hai os mesmos temas e a maiores nalguns temas haberá xente doutros lares. eu múdome, e se o facemos todos, o novo foro funcionará exactamente coma este, cos mesmos frikis dicindo as mesmas frikadas. ¡veña cobardes! se a proxima vez que entredes ides o outro a rexistrarvos en menos dunha semana xa temos este pechado. _________________ o home 104 |
|
| Volver arriba |
|
 |
Josiño Administrador

Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 267 Ubicación: GOLFO ARTABRO
  
|
Publicado: Jue Oct 18, 2007 1:12 pm Título del mensaje: |
|
|
Non quero, non quero mudarme, non quero abandoar este foro por outro:
A masa critica coruña leva xa dous anos funcionando e, o igual que este foro, funcionando moi ben, primeiro argumento, pra que cambiar a algo que a priori vai ser o mesmo pero mais pobre en contidos por aquelo de ser novo.
E ti me dis que por aquelo de estar en "contacto" con todos os ciclousuarios- internautas-foreros de Galiza,xa o estamos, aqui hai xente de Santiago, Ferrol,Vilagarcia apuntadas..¿por que? porque intersaronse por as cousas que contamos ou querían participar , pero pouco o fixeron porque a maioria das cousas das que falamos é das nosa cidade (este movemento social nace cun campo de traballo que é a cidade)...¿que compartiramos un mesmo espazo?...jolin pois hai que ser vago, a min me custa entrar en bicis.info (ou o foro da masa critica de Vigo,por exemplo) un "click" na carpeta de favoritos, pero o esforzo de ter que mudarmos toda a xente que estamos xa apuntadas neste é moito mais grande, aparte dos contido que levamos incorporando mais dun ano.
Xa quedaron polo camiño persoas recelosas polo cambio do grupo de correo, non se me entenda mal, a min non me custaria o cambio, pero se hai xente á que lle custou xa rexistrase neste foro e ainda máis participar (hai moitos casos así), porque non son tan activos como o grupiño que mais participamos ou polo que sexa, se a esas persoas facemoslle un novo cambio nos mandar a tomar vento... porque o seu grado de implicación no é tanto como o que podemos ter nos,pero pode que pouco a pouco se vaian introducindo.
Non hai necesidade,non hai demanda dun espazo para as masas criticas galegas, poida que no futuro sí,pero alguns dos que estamos aquí sabemos da pouca participacion da xente máis implicada no tema da bici noutros lugares de Galiza,vease Gabicia, polo que eu penso que o feito de sacrificarmos nós por algo que de momento non funciona non me parece boa idea (pasa ti que eu non podo coa risa).Oxalá mañá haxa miles de ciclousuarios por toda Galiza e nos vexamos forzados a compartir un espazo entre todos, pero de momento ese espazo chamase internet, e eu estou a un "click" de Pontevedra, Viveiro ou Lalin. |
|
| Volver arriba |
|
 |
Moncho do Orzán

Registrado: 11 Ene 2007 Mensajes: 64
       
|
Publicado: Jue Oct 18, 2007 3:11 pm Título del mensaje: |
|
|
A min non me importa que exista outro foro, pero desde logo non ten sentido pechar o actual. Entendo que se cree un novo foro, pero A MAIORES do que temos.
Penso que a información non ten por qué solapar-se. Entendo que os debates sobre actividades que organicemos a nivel da Coruña (a maioria) deben seguir tendo lugar no foro da Coruña, mentres que no foro galego se colgaría o q se decida finalmente. En canto ás actividades a nivel galego (unha minoria, de momento), teria sentido que se debatisen no foro de Galiza. Por suposto, esta idea é extrapolable a calquera outra cidade ou vila.
Polo tanto, entendo q naza o foro galego (se cadra prematuro demais...) pero non comprenderia que se eliminase o actual (que xa é un foro familiar, quer dicer, da familia dos maseiros da Coruña). |
|
| Volver arriba |
|
 |
Marcial Administrador
Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 403 Ubicación: A Coruña
  
|
Publicado: Jue Oct 18, 2007 4:58 pm Título del mensaje: |
|
|
Primeiro de todo, benvido Rotor! espero que te cundiran as vacas!!!
En canto ao foro... podemos esperar un chisco a ver como funciona o outro foro antes de facer o cambio definitivo, pero eu sigo pensando en que é necesario.
- Este foro ten un servidor externo e con publicidade. A publicidade non é moita e o funcionamento bastante correcto, non habería problema por seguir, pero sempre é mellor pasar a ter un servidor propio (nesta caso en bicis.info) e sen publicidade.
- Se mantemos os dous foros xa sabedes como funciona a xente, ou entrarán nun ou noutro. O normal será que todo o mundo continúe entrando neste e esa comunicación e intercambio de información tan desexada non exista. Ademais estaremos duplicando información ou peor, necesitando informarnos nos dous porque dalgunhas cousas te enteras no foro de coruña e doutras no foro galego.
- Non é razoable querer que un foro local se convirta en galego. Se houbo nalgún momento algunha persoa de fora que escribiu no noso foro foi puntualmente e non con intención de seguir regularmente o noso foro (e creo que non foi mais que unha persoa). Aínda non temos superadas as reticencias do que se fai nunha cidade ou noutra, como para pretender pensar que todo é asi de fácil. É como decir que como nos non temos blog, agora escribamos no que xa crearon os de ourense, que se chama http://masacriticaou.blogia.com.
- A participación ou non de xente doutras partes pode cambiar... de feito hai unha nova masa en ourense que parece que empeza con forza, unha posible en Ferrol, ... mais fácil o terán se están arropados pola xente que xa levamos algo camiñado, e compartimos con eles experiéncias, novidades, etc.
- En canto á xente que lles custe cambiar... Creo que non é para tanto, e quen non sexa capaz de facer un par de clicks para cambiarse de foro, creo que pouco poderia aportar no foro orixinal, xa que para escribir un artigo ou responder a outro ás veces hai que dar mais de dous clicks.
- En canto á información realmente válida do noso foro (a que non tivese data de caducidade e sexa de interese) a iremos trasladando ao foro novo (entrade no foro e veredes que xa hai cousas repescadas do foro de coruña). Creo que estamos nun momento bo para cambiar, porque canto mais tempo pase será mais difícil. Este foro nunca pretendeu ser un foro perpetuo, senón unha solución á nosa necesidade de comunicación, a saber se en dous anos os de mundoforo lles da por pechar a páxina e nos quedamos sen foro nun momento no que todavia sexa mais difícil cambiar polos posts escritos e xente apuntada.
A ver se opina alguén mais, jejeje, que ao final vai resultar que non somos tantos os que nos temos que cambiar porque non somos tantos os que usamos o foro periódicamente  |
|
| Volver arriba |
|
 |
Pakinho
Registrado: 15 Nov 2006 Mensajes: 10
 
|
Publicado: Jue Oct 18, 2007 6:32 pm Título del mensaje: |
|
|
Ola a tod@s
Tería que repensar un par de cosiñas a maiores, pero en principio paréceme ben o cambio de foro para amplialo do xeito proposto. Máis con todo, o que penso que debemos seguir mantendo a toda costa é a nosa actual lista de distribución porque a xente que non quere ou non ten tempo para entrar no foro, enterase das novas máis importantes a través da lista (porque esas novas supoño que as seguiremos enviando).
E polo que respecta ao novo foro, velai vai unha suxestión, ¿por qué o apartado de "multimedia" non vai na parte da masa galega? penso que son uns recursos que lle poden ir ven a calqueira en xeral e dende o punto de vista práctico so habería que mirar que non houbese repeticións cando se volquen dende as distintas masas á masa galega.
Apretas,
Pakinho. |
|
| Volver arriba |
|
 |
monica
Registrado: 11 Nov 2006 Mensajes: 12
 
|
Publicado: Jue Oct 18, 2007 10:30 pm Título del mensaje: |
|
|
| Non hai que cambiar de sexo, nin de país, nin de traballo. Só hai que cambiar de foro. É tan difícil? |
|
| Volver arriba |
|
 |
Xiana

Registrado: 03 Nov 2006 Mensajes: 180 Ubicación: Os Castros_A Coruña
   Votos: 3
|
Publicado: Vie Oct 19, 2007 12:17 pm Título del mensaje: |
|
|
Xa hai "bastante" xente apuntada no foro Galego, animádevos!!! _________________ Gravados Rupestres: Patrimonio da Humanidade!! |
|
| Volver arriba |
|
 |
Sergio
Registrado: 15 Oct 2007 Mensajes: 2 Ubicación: Monte Alto_A Coruña  
|
Publicado: Lun Oct 22, 2007 3:07 pm Título del mensaje: Por un movemento ambicioso e transformador: foro galego! |
|
|
Boas maseir@s! Eu vexo bastante claro apostar polo foro galego, por varios motivos:
- Primeira e basicamente por cuestións de visión global, e de interese e necesidade para que o movemento da Masa Crítica consiga transformacións reais na mobilidade dos nosos territorios. Non vexo a Masa coruñesa como algo aillado, senón como unha parte máis dun conxunto, un gran de area máis. Que si, que é o noso, e que lle temos moito cariño, e que o pasamos moi ben, e que é a que mellor funciona e máis xente convoca na Galiza, e que somos a envexa doutras masas locais galegas... Pero penso que de pouco serve se este "éxito" da iniciativa coruñesa non vai acompañado por un desenvolvemento similar noutros lugares da nosa influencia que faga máis forte o movemento, a idea, as reivindicacións en definitiva. Ademais, queda moitísmo por facer para conseguir algunha transformación real nesta cidade: moito que concienciar, moito que convencer, moito que discutir coas institucións..., moito que loitar!
Relacionado con este punto, colguei o artigo Factores salientables da MC coruñesa.
- A nivel práctico, tal como se vai estruturando o novo foro, vexo que o foro coruñés ten perfecta cabida no galego. Pode seguir funcionando igual, só que coa ventaxa de estar integrado noutro onde compartir máis asuntos con outr@s compas doutros lugares. O novo foro pode construírse como @s usuari@s queiramos, é só cuestión de aportar ideas sobre o seu funcionamento, estrutura, contidos, etc.
- Neste intre vexo que nos atopamos ante unha disxuntiva: seguir coa visión en certo modo "embiguista" ("ombliguista"; con perdón) ou apostar por impulsar e consolidar un movemento galego forte. Sería moi enriquecedor ter un sitio de referencia onde coordinarse e intercambiar experiencias entre persoas de distintos lugares e con distintas realidades, non credes? |
|
| Volver arriba |
|
 |
|
|
No puede crear mensajes No puede responder temas No puede editar sus mensajes No puede borrar sus mensajes No puede votar en encuestas
|
Foro creado Gratuitamente en http://www.mundoforo.com Crea gratis tu foro en http://www.mundoforo.com
Mapa del sitio
Powered by phpBB © 2001, 2005 phpBB Group
|