|
Foro Masa Crítica Coruña

Pincha no debuxo para ir ao foro das Masas Críticas Galegas
- Compartir Foro Masa Crítica Coruña en:
|
| Ver tema anterior :: Ver siguiente tema |
| Autor |
Mensaje |
xanduro
Registrado: 02 Nov 2006 Mensajes: 19
 
|
Publicado: Mie Sep 12, 2007 8:13 pm Título del mensaje: Foro Galego da Masa Crítica |
|
|
Como xa sabedes, Ourense comeza este xoves día 20 a súa Masa Crítica, co que xa hai 4 confirmadas (Coruña, Santiago, Ourense e Vigo) e unha "fantasma" por non ter sido posíbel contactar con ninguén que participara aínda que se anunciou en prensa hai tempo (O Barco de Valedeorras).
Coido que chegou o momento de crear un foro que facilite a comunicación e o intercambio na liña do voso e aproveitar a MC Galega para darlle a todo o mundo unha referencia onde consultar o que se move arredor da "bici crítica" e manterse en contacto.
Lanzo a proposta para coñecer a vosa opinión do seguinte:
1.- Creación do Foro Masa Crítica Galega
2.- Foro que integre seccións para cada unha das masas (incluída a de Coruña) e outra xenérica. Isto facilitaría a consulta nun só enderezo das novas sen ter que visitar catro ou cinco foros distintos. _________________ Xan Duro
Coordenador Xeral de Verdegaia
www.verdegaia.org
www.bicis.info |
|
| Volver arriba |
|
 |
Marcial Administrador
Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 403 Ubicación: A Coruña
  
|
Publicado: Jue Sep 13, 2007 12:00 am Título del mensaje: |
|
|
| Jase escribió: | | Eu creo que é mellor que se faga un foro para as masas de todoa galiza e logo que cada masa de cada cidade faga un foro para eles se queren. |
Respecto á proposta de Xan:
Partindo da estrutura deste foro (que creo que está ben feita, non é porque a fixera eu jejeje), pero tratando de resumir para englobar máis e millorándoa un pouco pola experiéncia, poderia facerse unha estrutura do seguinte modo:
* Masas Críticas Galegas
- Cuestións, Dúvidas e Recomendacións
- Masa Crítica Galega e actividades conxuntas
- Noticias e Información
- Conversacións Varias
- Convocatórias doutros grupos sociais
* Masa Crítica Santiago
- Masas Críticas Mensuais
- Convocatórias Extraordinárias
- Actividades
- Multimédia
* Masa Crítica Coruña
- Masas Críticas Mensuais
- Convocatórias Extraordinárias
- Actividades
- Multimédia
* Masa Crítica Vigo
- Masas Críticas Mensuais
- Convocatórias Extraordinárias
- Actividades
- Multimédia
* Masa Crítica Valdeorras
- Masas Críticas Mensuais
- Convocatórias Extraordinárias
- Actividades
- Multimédia
* Masa Crítica Ourense
- Masas Críticas Mensuais
- Convocatórias Extraordinárias
- Actividades
- Multimédia
O foro conxunto permitiría a tan desexada comunicación entre masas, traspaso de ideas, proxectos conxuntos, reclamacións conxuntas tamén, etc.
De todos modos existen dous inconvenientes na creación deste foro:
1- Nós xa temos moitos rexistrados no noso foro, e creo que tardariamos tempo en que todo o mundo rexistrado aqui o volvese a facer no novo foro. De todos modos é un inconveniente superable.
2- Debería crearse se realmente hai interese de facelo e utilizalo por un número mínimo de persoas de cada masa polo menos. Porque crear un foro global e que tan só nos pasemos por aí os dun sitio, pareceríame un pouco unha tomadura de pelo.
3- Como sigamos crecendo en número de masas, creo que existirían demasiados temas, non sei, todo é opinable jeje.
En definitiva, pola miña parte e cunha estrutura como a que puxen ou similar adiante ... a ver como se respira no resto das masas ...
P.D.1 Intento informarme do de Valdeorras, que teño algo de família por aí, pero non sei se iria para adiante o tema a verdade.
P.D.2 A orde vai por data de creación, para evitar suspicacias...
Ultima edición por Marcial el Dom Sep 16, 2007 3:45 pm; editado 1 vez |
|
| Volver arriba |
|
 |
xanduro
Registrado: 02 Nov 2006 Mensajes: 19
 
|
Publicado: Jue Sep 13, 2007 5:34 pm Título del mensaje: Foro |
|
|
Paréceme ben a estrutura. Só engadiría un espazo para compra/venda/troco de material ciclista. Vou consultar polas outras masas a ver que parece a idea. _________________ Xan Duro
Coordenador Xeral de Verdegaia
www.verdegaia.org
www.bicis.info |
|
| Volver arriba |
|
 |
Marcial Administrador
Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 403 Ubicación: A Coruña
  
|
Publicado: Lun Oct 15, 2007 3:46 pm Título del mensaje: |
|
|
Xa hai creado un foro (de momento vacío) en http://www.bicis.info/foro, temos que decidir se facemos o pequeno esforzo de trasladarnos ali para acadar asi unha maior comunicación entre os ciclousuarios galegos.
A estrutura seria parecida a que poño mais arriba, creo que seria suficiente para estruturar a información.
Eu si sería partidario de mudarnos, a vida e as persoas somos cambiantes, e por iso os foros de internés tamén o poden ser jejeje, sobre todo se o cambio é para mellor. |
|
| Volver arriba |
|
 |
Moncho do Orzán

Registrado: 11 Ene 2007 Mensajes: 64
       
|
Publicado: Lun Oct 15, 2007 4:31 pm Título del mensaje: |
|
|
Xa me dei de alta. De todos os xeitos é doado que haxa unhas cidades máis activas que outras... e A Coruña non vai ser das menos hehehehhe  |
|
| Volver arriba |
|
 |
Josiño Administrador

Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 267 Ubicación: GOLFO ARTABRO
  
|
Publicado: Lun Oct 15, 2007 8:54 pm Título del mensaje: |
|
|
.... ..... ..... ....
Se me entende? |
|
| Volver arriba |
|
 |
Xiana

Registrado: 03 Nov 2006 Mensajes: 180 Ubicación: Os Castros_A Coruña
   Votos: 3
|
Publicado: Mar Oct 16, 2007 3:27 pm Título del mensaje: |
|
|
Paréceme estupendo facer un foro da Masa Crítica Galega. Entendo que ese foro englobaría aos demais (mediante enlaces ou in situ??). Son da opinión de que é máis doado manexar un grupo/foro pequeno que non a un ghrande. Pero, supoño, todo é posíbel.
Quer dicir: prefiro que non desaparezan os "subforos", por todo o traballo, esforzo e camiño andado. E apoio a creación do Foro da Masa Crítica Galega pra unificar (mediante enlaces) aos diferentes "subforos" galegos. _________________ Gravados Rupestres: Patrimonio da Humanidade!! |
|
| Volver arriba |
|
 |
sonia
Registrado: 06 Nov 2006 Mensajes: 58
 
|
Publicado: Mar Oct 16, 2007 6:58 pm Título del mensaje: |
|
|
voto tres ou catro veces pola opción de Xiana. _________________ SONIA |
|
| Volver arriba |
|
 |
Marcial Administrador
Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 403 Ubicación: A Coruña
  
|
Publicado: Mar Oct 16, 2007 10:27 pm Título del mensaje: |
|
|
Vou a explicar un pouco mais a miña opinión, pero se basea nunha premisa fundamental, que o importante é o futuro non o presente.
Un foro grande non ten porque ser difícil de manexar, porque as seccións propias de cada masa as manexarian xente diferente, polo que o seu manexo seria todavía mais sinxelo que o manexo deste foro. Ademais aposto por unha simplificación das seccións, pero mantendo o necesario como para ter a información suficientemente ordeada.
Que dificultades ou inconvintes pode ter?
- Que supón á xente volver a darse de alta, algo que lle levará a cada persoa aproximadamente 30 segundos como moito. Tamén estaba pensando na posibilidade de dar eu de alta a todo o mundo que xa está na nosa lista e mandarlles un correo para que simplemente cambien o contrasinal, sería algo de curro, pero é unha posibilidade para facilitar o cambio.
- Que haberá unha serie de seccións que non utilizaremos polo menos non diariamente (as correspondentes ao resto das masas), o que suporá o esforzo de non mirar para elas jeje.
Que avantaxes pode ter?
- Que existirán unha serie de temas (dúvidas, recomendacións, noticias, convocatórias doutros grupos, actividades conxuntas, ...) nos que podemos compartir a información con xente doutras masas. A información e comunicación será moito maior, xa que estaremos comunicándonos no mesmo foro e compartindo calquera noticia relacionada coas bicis, dando opinións, comentando experiéncias, ...
- Coñeceremos das actividades e propostas do resto das masas, o que redundará nunha maior experiéncia, mais ideas, ... e a sensación de que non estamos sós no mundo na nosa loita (especialmente interesante para as masas menos numerosas nun principio ou para os ciclousuarios que aínda non teñen masa na súa cidade ou pobo).
- O feito de que exista un so punto de información para tod@s paréceme fundamental. Para que xente nova nos coñeza, para informarnos de todo o que pasa, ... Ademais é un espazo versátil e moi aberto ás nosas suxerencias (de feito xa fixeron na páxina apartados para as diferentes masas para ter a información ordeada). Simplemente dicindo: "infórmate en bicis.info" e listo, alí xa atoparán o foro, verán que ademais da masa onde vive (por exemplo coruña) tamén existe na súa cidade natal (por exemplo ourense), etc etc etc
Non sei, creo que é moi importante para o futuro crear un espazo común. Todo cambio é incómodo, da lugar a recelos, leva algo de incertidume, ... Pero a vida está chea de cambios, e tirando cada un polo noso lado é moito mais difícil acadar logros importantes. O sistema estará encantado de que sigamos coas nosas microloitas fronte as cales se sinte cómodo, moito mais forte, e para nada lle interesa que unamos as nosas ideas.
E un cambio fundamental facilita que poidamos crear este espazo común. Bicis.info desvincula o seu funcionamento do servidor de verdegaia, para ofrecer un servidor propio, para reflexar a idea que xa tod@s tiñamos, que é que o mundo da bici e os ciclousuarios non entende de siglas nin de tendencias, e por tanto debe ser libre de calquera tipo de ataduras.
Eu creo que sería unha mágoa non aproveitar esta oportunidade de unir ideas, forzas, experiéncias. Hoxe en dia é fácil face un foro, un blog o incluso unha web, ... non seria difícil cada un tirar polo noso lado, pero creo que gañariamos todos traballando nun espazo común.
Perdón pola extensión e por parecer un pouco chapas jejeje, pero e que cando comezo a escribir me xurden as ideas unha detrás da outra  |
|
| Volver arriba |
|
 |
alberto
Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 31
 
|
Publicado: Mie Oct 17, 2007 9:39 am Título del mensaje: |
|
|
| Eu nisto dos foros non estou moi posto, pero vou a dar a miña opinión Creo que ós que somos máis adictos da masa non teremos ningún problema, o dificil é para esa xente que non está tan posta... Supoño que por outra parte hai certa vinculación entre tódalas masas pola "mítica páxina" de bicis.info..., e tamén temos xa unha cantidade que de información enlaces, videos e conversacións que empezan a ser un archivo importante... Eu non sei se valdrá a pena o esforzo por que quen realmente se quere enterar xa pode. O mellor con engadir unha nova pestaña chamada "masa critica galega" é suficiente... Aínda así se considerades que si eu dende logo... APÚNTOME |
|
| Volver arriba |
|
 |
luisete 104

Registrado: 27 Nov 2006 Mensajes: 70
 
|
Publicado: Mie Oct 17, 2007 10:03 am Título del mensaje: |
|
|
Masi ou menos Marcial ven dicir que o novo sería como este, so que nos temas xerais entraria xente de toda galicia. E digo eu ¿poderíase modificar este foro para que serva para todos? xa que aquí estamos todos salvo os catro gatos que andan soltos por santiago, ourense e demais non teriamos que mudarnos todos, só entrar uns poucos, e todo o que temos publicado ficaría no mesmo sitio. Marcial, se consegues facer iso, eu consigo que Josiño faga un cartel de puta madre para este o novo foro galego. _________________ o home 104 |
|
| Volver arriba |
|
 |
Moncho do Orzán

Registrado: 11 Ene 2007 Mensajes: 64
       
|
Publicado: Mie Oct 17, 2007 10:09 am Título del mensaje: |
|
|
| Penso que isto require dunha reunión dos maseiros para expoñer correctamente todos os puntos de vista. Polo menos eu prefiro opinar en persoa. |
|
| Volver arriba |
|
 |
Marcial Administrador
Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 403 Ubicación: A Coruña
  
|
Publicado: Mie Oct 17, 2007 10:56 am Título del mensaje: |
|
|
| alberto escribió: | | Temos xa unha cantidade que de información enlaces, videos e conversacións que empezan a ser un archivo importante... |
É certo, pero nos foros case ninguén revisa os temas antigos, é lei de vida dos foros, sempre miras o que hai novo e listo, incluso cando te acabas de dar de alta e podes atopar información interesante. Por outro lado esa información segue estando aqui neste foro, como arquivo histórico, e a mais relevante se pode pasar ao novo foro.
| Cita: | | E digo eu ¿poderíase modificar este foro para que serva para todos? xa que aquí estamos todos salvo os catro gatos que andan soltos por santiago, ourense e demais non teriamos que mudarnos todos, só entrar uns poucos, e todo o que temos publicado ficaría no mesmo sitio. |
Se poderia pero quedaria algo mais chapuza. Pero o problema é a dirección, non seria lóxico que alguén doutra parte entrase nun foro que se chamase masacriticacoru, ademais de que poñendo o foro en bicis.info se lle daría mais vidiña á páxina tamén, porque de paso que entras no foro, pois miras a ver que novidades poñen estes aí, e ao revés, haberá xente que entre en bicis.info por unha noticia e de paso mirará que se conta no foro.
No referente a que hai 4 gatos que poderían entrar no foro, pode ser, pero aqui os que usamos o foro non somos moito mais que 4 ou 6 ratos Temos moita xente de alta pero que non usa o foro, polo que considerar que lles molestará o cambio é un pouco pretencioso jeje.
E falando en xeral, eu teño claro que nós actualmente non gañamos nada co cambio, que seria un cambio pensando no que gañariamos no futuro, porque sempre é mellor estar ben comunicados e ter unha páxina de referencia que non 7 foros con direccións e aloxamentos diversos e 4 blogs e 3 páxinas, vamos que cando alguén (por exemplo un periodista) quera informarse sobre o que se move a nivel ciclousuario aqui pode volverse piripi. Por outro lado, o maior beneficio seria para o resto de cidades que non teñen foro, porque se son 3 ou 4, ou menos... non teria sentido facer e falar nun foro con tan pouca xente, nembargante nós dariamos unha base de usuarios que incentivaría a meterse a xente doutras partes.
Desde logo se pensamos no que nos convén a nós e agora mesmo, pois claro que non necesitamos cambio. Pero eu penso en que dous anos de vida é tan pouco tempo en comparación aos anos que nos quedan por vivir... |
|
| Volver arriba |
|
 |
bruji8688

Registrado: 17 Oct 2006 Mensajes: 54 Ubicación: Ourense
 
|
Publicado: Mie Oct 17, 2007 11:28 am Título del mensaje: |
|
|
Ya sabeís que a mí me gusta lo sencillo y práctico, por eso veo a priori lo del foro conjunto como muy buena idea y que beneficiaría a todos dando más agilidad a la causa; y si vemos que no funciona como se esperaba se da marcha atrás y asunto resuelto. Pienso que no hay que darle tantas vueltas y perderse en todos los posibles matices, al contrario hay que aprovechar la enorme suerte que tenemos de contar con gente que pucha un montón en estos temas informáticos y gasta su tiempo en crearlos y mejorarlos.
No os asusteis , pequeños saltamontes, el presente es lo que vale, pero el futuro nos espera...  _________________ Chus y Luis - desde Ourense |
|
| Volver arriba |
|
 |
Marcial Administrador
Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 403 Ubicación: A Coruña
  
|
Publicado: Mie Oct 17, 2007 12:28 pm Título del mensaje: |
|
|
| Xa esta estruturado a modo de exemplo en http://www.bicis.info/foro. Seria mais ou menos como podería quedar, sempre é mais fácil para facerse unha idea jeje. |
|
| Volver arriba |
|
 |
|
|
No puede crear mensajes No puede responder temas No puede editar sus mensajes No puede borrar sus mensajes No puede votar en encuestas
|
Foro creado Gratuitamente en http://www.mundoforo.com Crea gratis tu foro en http://www.mundoforo.com
Mapa del sitio
Powered by phpBB © 2001, 2005 phpBB Group
|