|
Foro Masa Crítica Coruña

Pincha no debuxo para ir ao foro das Masas Críticas Galegas
- Compartir Foro Masa Crítica Coruña en:
|
| Ver tema anterior :: Ver siguiente tema |
| Autor |
Mensaje |
Sergio
Registrado: 15 Oct 2007 Mensajes: 2 Ubicación: Monte Alto_A Coruña  
|
Publicado: Lun Oct 22, 2007 2:48 pm Título del mensaje: Factores salientables da MC coruñesa |
|
|
Tras falar con algún de vós e con xente de Ferrol sobre o inminente comezo da Masa Crítica ferrolá, aproveito para colgar no foro as reflexións xurdidas. Trátase dos aspectos máis destacados que, baixo o meu punto de vista, están influíndo no (bo) desenvolvemento da MC da Coruña, e considero que poden dar ideas de cara a impulsar iniciativas noutros lugares ou afianzar as existentes.
- Grupo heteroxéneo, con distintas metodoloxías e graos reivindicativos, e cun nexo claro en común.
- Movemento social sen siglas nin dogmas, en construción continua e sen intereses de acaparar protagonismo por unha organización ou grupo concreto.
- Constancia dun núcleo numeroso.
- Bo ambiente humano: sen malos “rollos” entre participantes.
- Ausencia de actitudes nocivas, acaparadoras ou boicoteadoras internas. Boa predisposición xeral.
- Ausencia de estrutura engorrosa: neste caso facilita a liberdade de acción, a flexibilidade e a permeabilidade para a inclusión de novxs participantes.
- Liderazgos compartidos e complementarios (ninguén é imprescindible).
- Apertura e receptividade de cara ás propostas dxs integrantes.
- Estabilidade e crecemento de actividades e participantes.
- Diversificación de actividades: masas mensuais e barriais con charla, masa das 12 horas, promoción da masa galega, “Carreira dos medios”, foro de internet vivo e funcional, aparicións nos medios de comunicación, participación de maseirxs habituais na marcha ciclonudista...
- Contaxio de ilusión.
- Ambiente lúdico-reivindicativo.
- Elección do día de celebración (venres ás 20h.): comezo da fin de semana (desconexión maioritaria coa rutina semanal e boa disposición psicolóxica), posibilidade de socializar trala masa.
Finalmente, para que non todo sexan flores, por sinceridade e por meter algo de cañita, atrévome a apuntar algunha "carencia" ou punto de interese-necesidade de cara ao futuro. Como asistente a varias das convocatorias dende o meu retorno temporal á Coruña (6 últimos meses) e tras recoller impresións e sensacións de varixs integrantes da MC coruñesa, xúrdeme a dúbida de se existe algún "plan de acción" consensuado entre os seus membros activos polo menos. Un plan-táctica-estratexia con visión global e de futuro de cara a acadar determinados obxectivos. Quizais unha das trabas para isto sexa un factor comentado arriba que ao mesmo tempo enriquece a iniciativa: a heteroxeneidade de obxectivos e reivindicacións.
Moitos ánimos e vémonos nas rúas!
* NOTA posterior: Comentario publicado tamén no foro galego (pásate por alí e engade a túa opinión)
Ultima edición por Sergio el Vie Oct 26, 2007 2:32 am; editado 5 veces |
|
| Volver arriba |
|
 |
sonia
Registrado: 06 Nov 2006 Mensajes: 58
 
|
Publicado: Lun Oct 22, 2007 6:53 pm Título del mensaje: resumindo |
|
|
somos os mellores, e que conste que non o digo eu¡¡¡ (bueno, eu o comparto) _________________ SONIA |
|
| Volver arriba |
|
 |
|
|
No puede crear mensajes No puede responder temas No puede editar sus mensajes No puede borrar sus mensajes No puede votar en encuestas
|
Foro creado Gratuitamente en http://www.mundoforo.com Crea gratis tu foro en http://www.mundoforo.com
Mapa del sitio
Powered by phpBB © 2001, 2005 phpBB Group
|