Índice de Masa Crítica Coruña Foro Masa Crítica Coruña



Pincha no debuxo para ir ao foro das Masas Críticas Galegas
  • Compartir Foro Masa Crítica Coruña en:



 
 F.A.Q.F.A.Q.   BuscarBuscar   Lista de MiembrosLista de Miembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RegístreseRegístrese 
 PerfilPerfil   Conéctese para revisar sus mensajesConéctese para revisar sus mensajes   ConectarseConectarse 


Domingo 12 nov, Gran Bicicletada

 
Publicar Nuevo Tema   Responder al Tema    Índice de Masa Crítica Coruña -> Convocatorias Extraordinarias
Ver tema anterior :: Ver siguiente tema  
Autor Mensaje
Marcial
Administrador


Registrado: 10 Oct 2006
Mensajes: 403
Ubicación: A Coruña
Reputación: 20.8Reputación: 20.8

MensajePublicado: Jue Oct 26, 2006 1:04 am    Título del mensaje: Domingo 12 nov, Gran Bicicletada Responder citando

Gran Bicicletada oraganizada por ConBici que se celebra en 28 cidades: Barcelona, Bilbo, Burgos, Cartagena, Ciudad Real, Córdoba, Corella, Chantada, Girona, Gijón, Granada, A Coruña, Las Palmas, Leganés, Madrid, Málaga, Murcia, Oviedo, Pontevedra, Donostia, Salamanca, Sevilla, Valencia, Valladolid, Vilagarcía de Arousa, Gasteiz, Vigo e Zaragoza (28 cidades pedalean polo cambio climático).

Páxina web: http://www.mejorconbici.com

A marcha está convocada o domingo día 12 de novembro ás 11h na Praza de María Pita, a marcha sairá ás 11:30h. Faráse un percorrido de 3 km pola cidade, e ao final depositaranse nas árbores de María Pita uns aneis repartidos antes entre os participantes. De este modo computarase o CO2 que dixou de consumirse en total polo percorrido realizado por todos os participantes.
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado   Visitar sitio web del autor
Marcial
Administrador


Registrado: 10 Oct 2006
Mensajes: 403
Ubicación: A Coruña
Reputación: 20.8Reputación: 20.8

MensajePublicado: Jue Oct 26, 2006 1:17 am    Título del mensaje: Responder citando

Na reunión falouse de quen pode colaborar.

Durante esta semana e a seguinte chegará o material, os cartaces e outros materiais de promoción repartiranse en canto cheguen para que *s que poidamos os peguemos e distribuamos.

Tamén é necesaria xente para o domingo 12 antes do comezo da marcha (máis ou menos ás 10:30h) para recoller o material que se entregará aos participantes durante a marcha (pulseiras e outro material). Para iso, sería bo que avise quen poida estar dispoñible a esa hora para planificar de canta xente se dispón para todo.

Finalmente decidiuse aprazar o das 12 horas en bici ata millor oportunidade (data sen fixar de momento).

Tamén falouse de algún posible proxecto:

- Un de reunir todo o material grabado en fotos e videos no primeiro ano de Masa Crítica e facer un DVD cunha sinsela montaxe, penso que quedaría chulo.

- Outra idea é ir pensando na posibilidade de grabar algún video promocional de Masa Crítica Coruña, para colgar en youtube, google videos e divulgar por ahí.

- Tamén falouse de estudar o ancho de todas as rúas da cidade e ver a posibilidade de se realmente cabe ou non unha sinalización de carril bici (porque en moitas rúas sería perfectamente factible facelo e sempre nos veñen coa falsa excusa de que non hai sitio). Existen dúas posibles vías, o plano da cidade que teñen no concello, compatible co autocad onde poderíamos coller o ancho de tódalas rúas, ou se falla esta posibilidade facer medicións manuais (con metros ou láser).

Como vedes estes tres temas ainda están por desenrolar, a ver que opinades e haberá que ir concretando co paso do tempo.

P.D. Preguntaban tamén quen ten fotos da última Masa Crítica (a do día 6 de outubro).
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado   Visitar sitio web del autor
JaSe



Registrado: 10 Oct 2006
Mensajes: 129
Ubicación: Os Rosales/A Coruña.--.666781940
Reputación: 15.4Reputación: 15.4

MensajePublicado: Vie Oct 27, 2006 10:05 pm    Título del mensaje: Madrid Responder citando

Conozco a uno de Madrid al que le envie el cartelito del día 12 y me pregunta donde se reunen los de Madrid. Si sabeis algo ponerlo.
_________________
-->JaSe<--
<---------A metro y medio por farvor--------->
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado [ Oculto ] MSN Messenger
sonia
Invitado






MensajePublicado: Jue Nov 02, 2006 1:29 pm    Título del mensaje: día 12 Responder citando

eu podo estar a hora que sexa o día 12, así que seguide informando, ¡¡¡¡vémonos mañán¡¡¡
Volver arriba
sonia



Registrado: 06 Nov 2006
Mensajes: 58

Reputación: 12.8

MensajePublicado: Mar Nov 07, 2006 7:43 pm    Título del mensaje: causo baixa Responder citando

Con toda a dor do meu corazón, decir que debido a un esguince non podo ir a
bicicletada do domingo, en fin, teño instruccións da doctora de que debo repousar e non facer deportes extremos (e iso que lle dixen que fixera 6 km en bici, non sei a que deporte fara ela). Resumindo, espero que me votedes en falta, agora seguro que non hai ninguén que chegue xa sudando a Maria Pita antes de empezar.
_________________
SONIA
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado  
Marcial
Administrador


Registrado: 10 Oct 2006
Mensajes: 403
Ubicación: A Coruña
Reputación: 20.8Reputación: 20.8

MensajePublicado: Mie Nov 08, 2006 1:11 am    Título del mensaje: Responder citando

Que non se repita é, a ver que vai a ser iso de torcer a propósito un nocello para non vir á bicicletada. Mira que xa estamos en conversacións con Oscar Pereiro para que te sustitúa, ainda que creo que o tipo ese non aguanta nada, a ver se non se queixa todo o rato de que o percorrido é longo.
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado   Visitar sitio web del autor
Marcial
Administrador


Registrado: 10 Oct 2006
Mensajes: 403
Ubicación: A Coruña
Reputación: 20.8Reputación: 20.8

MensajePublicado: Lun Nov 13, 2006 12:21 pm    Título del mensaje: Responder citando

Aquí van algúns dos sitios da prensa onde se fixo eco da "Gran Bicicletada" na Coruña:

Gran Bicicletada en "La Opinión"
Gran Bicicletada en La Voz de Galicia
Que Diario! (¡ollo en PDF!, aquí tamén saimos)
Gran Bicicletada na páxina "Mejor con bici"

Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado   Visitar sitio web del autor
Josiño
Administrador


Registrado: 10 Oct 2006
Mensajes: 267
Ubicación: GOLFO ARTABRO
Reputación: 17.8Reputación: 17.8

MensajePublicado: Lun Nov 13, 2006 12:55 pm    Título del mensaje: Responder citando

A ver, alguen que faga unha pequena crónica da bicicletada pra os que non puidemos ir,estas convocatorias os domingos pola maña sonche un pouco incompatibles co rachete,non se pode estar en misa e tocando as campás....algun misericordioso que conte como foi o asunto,porfa...
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado [ Oculto ] Visitar sitio web del autor
Marcial
Administrador


Registrado: 10 Oct 2006
Mensajes: 403
Ubicación: A Coruña
Reputación: 20.8Reputación: 20.8

MensajePublicado: Lun Nov 13, 2006 2:27 pm    Título del mensaje: Responder citando

Hola! non son moi especialista en facer crónicas, pero podo esplicarche un pouco o que pasou. Comezouse coa inscripción dos participantes na marcha e se repartiron carteliños para poñer nas bicis e as pulseiras, a xente chegaba pouco a pouco (o madrugar un domingo sempre costa), e había un clima relaxado.

Repartíronse entre nós algunha mascarilla, Luis levou unha máscara antigas moi chula e cantosa, na bici de Manel iban 2, e así foron pasando os minutos, entre fotos, conversas, ... ata que se deu a saída.

Comezouse a saída dende unha esquiña, dando a volta á praza polo perímetro para sair por onde solemos facelo sempre (creo que nas masas deberíamos facer parecido, porque ás veces saimos un pouco precipitadamente e de improviso Jump ), máis fotos (había 3 ou 4 fotógrafos que nos perseguiron por todo o percorrido, a min non me colleron que conste Wink ). Tamén algún de nós sacou algunha fotiño e gravou algún video (eu colgarei o que teño eu en breve). Iban 2 ou 3 polis en bici parando aos coches e un coche diante e outro detrás.

E sen maiores incidentes chegamos de novo a María Pita, onde se repartiron as camisetas (non chegaron para tod*s, pero sí para moita xente) e se leron unhas palabras sobre o acontecemento, ademáis de colocar as pulseriñas na árbore destinada para o mesmo. Máis parloteo, bromas, ... ata que se foron moit*s (con compromisos familiares, ...) e algún que outro quedamos a tomar unha antes de marchar para casa.

E colorín colorado este biciconto chegou ao seun fin.
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado   Visitar sitio web del autor
Josiño
Administrador


Registrado: 10 Oct 2006
Mensajes: 267
Ubicación: GOLFO ARTABRO
Reputación: 17.8Reputación: 17.8

MensajePublicado: Lun Nov 13, 2006 5:35 pm    Título del mensaje: Responder citando

Graciñas Marcial¿227 persoas?...xa vexo que un descubriu ó grupo de correo e pediu que se lle informara..por certo..¿Hai alguén que responda a esta xente que escribe mails pedindo incorporarse ó grupo de correo?

Que ben lles quedan as máscaras a Luis e a Alberto.jejeje!!,parece que o tema das mascaras deu xogo, ainda que só no diario qué! haberá que insistir.
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado [ Oculto ] Visitar sitio web del autor
Marcial
Administrador


Registrado: 10 Oct 2006
Mensajes: 403
Ubicación: A Coruña
Reputación: 20.8Reputación: 20.8

MensajePublicado: Lun Nov 13, 2006 6:36 pm    Título del mensaje: Responder citando

Sí, non te preocupes, coas subscripcións do grupo anda Alberto bastante atento (¿non sí penulltimailusion?) e se vexo que non a fixo, a mando eu. Por se algunha vez tes dúbidas, para ver se alguén fixo unha invitación podes ir a "Gestion" e dentro de "Actividad del grupo" pulsa en "Suscripciones", e alí verás os últimos movementos en este sentido. Tamén se queres dicir algo que sexa persoal e que non teña utilidade facer público no foro, e te resulta un pouco pesado abrir o correo e mandar un correo, aquí no foro existen correos internos que pode calquera mandar a calquera usuario, e que na próxima vez que entre no foro en me loguee verei que teño un "mensaje privado" (esta información valerá para tod*s, porque seguramente tí xa o saberás). Pero bueno, supoño que será por se picamos a alguén a responder tamén ¿non?

Volvendo ao da lista de correo o último que solicitou entrar nela xa está inscrito, agora tan só falta que se rexistre no foro se lle apetece Smile . Ah, e está permitido inscribirse e falar no foro, ainda que tan só sexa dar sinais de que existides Yell jejeje.
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado   Visitar sitio web del autor
Marcial
Administrador


Registrado: 10 Oct 2006
Mensajes: 403
Ubicación: A Coruña
Reputación: 20.8Reputación: 20.8

MensajePublicado: Vie Nov 17, 2006 10:06 pm    Título del mensaje: Responder citando

Xa colguei as fotos que saquei na Gran Bicicletada no grupo de flickr: http://www.flickr.com/groups/masacriticacoru e subín o video que fixen ao youtube, aquí o tedes:


Link



Nota: Os que fagades fotos ou gravedes videos e teñades internet na casa, por favor, compartide co resto da xente cando menos as que sairon millor ou os videos que merezan a pena. Non tedes máis que crear un usuario en flickr e subilas ao grupo, ou engadir os videos en youtube: usuario: masacriticacoru - contrasinal: mariapita. Se pensades que é moito curro ou estades un pouco pez en internet mandademe a min o que teñades e eu procuro publicalo
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado   Visitar sitio web del autor
Mostrar mensajes anteriores:   
Publicar Nuevo Tema   Responder al Tema    Índice de Masa Crítica Coruña -> Convocatorias Extraordinarias Todas las horas están en GMT + 2 Horas
Página 1 de 1

 
Saltar a:  
No puede crear mensajes
No puede responder temas
No puede editar sus mensajes
No puede borrar sus mensajes
No puede votar en encuestas
Foro creado Gratuitamente en http://www.mundoforo.com
Crea gratis tu foro en http://www.mundoforo.com

Mapa del sitio



Powered by phpBB © 2001, 2005 phpBB Group
 

MundoForo.com - Perteneciente a MundoGratis.com

 
Programas Gratis Subir Imagenes - Fotolog Crear Blog Personal
 
Chistes Juegos Gratis Manuales Gratis