Índice de Masa Crítica Coruña Foro Masa Crítica Coruña



Pincha no debuxo para ir ao foro das Masas Críticas Galegas
  • Compartir Foro Masa Crítica Coruña en:



 
 F.A.Q.F.A.Q.   BuscarBuscar   Lista de MiembrosLista de Miembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RegístreseRegístrese 
 PerfilPerfil   Conéctese para revisar sus mensajesConéctese para revisar sus mensajes   ConectarseConectarse 


Diferentes Recursos de Masa Crítica (fotos, videos, ...)

 
Publicar Nuevo Tema   Responder al Tema    Índice de Masa Crítica Coruña -> Consultas, Dudas, Preguntas
Ver tema anterior :: Ver siguiente tema  
Autor Mensaje
Marcial
Administrador


Registrado: 10 Oct 2006
Mensajes: 403
Ubicación: A Coruña
Reputación: 20.8Reputación: 20.8

MensajePublicado: Lun Ene 15, 2007 2:10 am    Título del mensaje: Diferentes Recursos de Masa Crítica (fotos, videos, ...) Responder citando

Hola, quería aclarar os diferentes espazos para a Masa Crítica de Coruña,

En primeiro lugar, tan só hai dúas direccións básicas:

1ª A dirección da lista de correo de Masa Crítica Coruña: masacriticacoru@yahoogroups.com
2ª A dirección do foro de Masa Crítica Coruña: http://masacriticacoru.mundoforo.com

Lembrade que no foro é moi útil rexistrarse, e cada vez que o visitedes é práctico logearse co voso usuario, porque así poderedes ver en vermello os contidos novos que todavía non revisastes, é moi recomendable.

Aclaracións: A petición dalgúns usuarios da lista de correo que se queixaban da grande cantidade de correos que recibían na lista, creouse o foro. Éste o utilizaremos para poder falar, discutir, poñer noticias, enlaces, ... en definitiva para calquera cousa que queirades comunicar ou que se discuta entre nós.

Así, o uso da lista de correo debería ser para os anuncios ou avisos máis importantes e (a poder ser) nunca para discutir sobre algo e responderse entre sí uns a outros. Porque se hai moitos correos hai xente que prefire non estar na lista de correo e ademáis moitos outros non leen os correos por ser moitos, co cal poden perderse algún aviso importante.

Ben, para os usuarios que non teñan moito tempo para máis, non gusten de internet nada ou simplemente queiran informarse de cando en vez dalgunha cousa non é necesario ter en conta ningunha dirección máis.

Para o resto de usuarios temos máis lugares onde poñer cousas, pero cunha aclaración, sería moi bo que esa xente que non utilizan moito internet poidan acceder as cousas que colgamos nós doutros sitios, por iso pido un pequeno esforzo por parte da xente que sube cousas ou manda información para avisar (no foro ou na lista de correo) da dirección exacta onde se atopa ese novo elemento de información (arquivo, foto, noticia, ...).

O resto de ferramentes son as seguintes:

Grupo de Yahoo: http://es.groups.yahoo.com/group/masacriticacoru

Aquí temos unha base de datos cos socios, arquivos que a xente foi incorporando (información, panfletos, fotos, ...) e unha lista de Marcadores ( http://es.groups.yahoo.com/group/masacriticacoru/links ) onde podedes acudir para coñecer todas as páxinas utilizadas polo grupo dunha forma clara.

Debido a que o aumento das actividades e información recollida polo grupo iba en aumento, era necesario diversificar os sitios de almacenamento dada a escasa capacidade e versatilidade que para iso ten o grupo de yahoo, xurdindo varios filliños (todos listados na páxina de marcadores):

Disco duro en box.net: http://www.box.net/public/9745hcsunt

Para acceder máis rápidamente aos diferentes contidos fixen públicas todas as carpetas que de momento creei:

Documentos Internos: http://www.box.net/public/dv0thuxx51
Fotos: http://www.box.net/public/3887hm5720
Información: http://www.box.net/public/3ev3f2ox43
Logos: http://www.box.net/public/97osypxrvx
Panfletos para repartir: http://www.box.net/public/z5y7b79ueo

Como o disco duro de yahoo é bastante limitado en canto a capacidade e xa pasábamos do 50% de ocupación, e todo iso sen subir moitos arquivos que poderíamos ter subido, creouse unha conta en box.net. A dirección de acceso para a carpeta pública é isa que puxen arriba, polo que se simplemente queredes ver qué arquivos temos gardados, visitade esa dirección e navegade polas diferentes carpetas.

Avantaxes: maior organización ao poder crear diferentes carpetas segundo o tipo de arquivos que queiramos subir e que pódese facer público ademáis dunha carpeta enteira cada arquivo individualmente, polo que se subides un arquivo podedes darlle a "get public link" e conseguir unha dirección que corresponde únicamente a ese arquivo, desta maneira podedes anunciar no foro (por exemplo) que subistes un arquivo novo que vai de ... e poñer a dirección directa para acceder a él.

Para subir arquivos, simplemente visitade http://www.box.net e utilizade os seguintes datos:

usuario: masacriticacoru(arrob)yahoogroups(punt)com --- utilizade @ e . que a escribín así para evitar os robots de spam
contrasinal: mariapita

Fotos en flickr.com: http://www.box.net/public/9745hcsunt

Durante as masas, algúns de nos sacamos algunhas fotiños do grupo. A millor forma de facer públicas istas fotos é a través de flickr, xa que é (para mín) a millor ferramenta en canto a compartir fotos, xa que permite comentarios, facer grupos, cada foto ten unha dirección única, ... Porque se non compartimos as fotos a través de internet deste xeito, sempre hai problemas de que se poden saturar os correos ou que se teñen que mandar as fotos en moi baixa calidade. Ademáis así as fotos quedan gardadas e calquera que se incorpore ao grupo pode ver as fotos das diferentes masas, cousa que se perdería se as enviamos anteriormente por correo.

Quizáis para subir fotos é algo menos directo, pero non é difícil, simplemente os facedes de flickr, subides as fotos á vosa conta, logo os unides ao grupo de masacriticacoru e as engadides ao grupo.

Videos en Youtube.com: http://www.youtube.com/view_play_list?p=5357635C8964DE94

Pola mesma razón que as fotos, algún video que facemos tamén resulta interesante que a xente o vexa. E como as fotos e coma todo non sería a única posibilidade, pero hai que decidirse por algo e creo que en youtube temos máis posibilidade de que haxa máis xente que nos vexa e tampouco atopei opcións nos que se puideran subir vídeos de máis calidade (e mirei moitas opcións diferentes).

Para subir arquivos os logeades cos seguintes datos:

usuario: masacriticacoru
contrasinal: mariapita

E xa está, de momento non hai máis jejejeje. Sí, é certo que son uns cantos sitios, pero e que non hai nada perfecto, e para cada cousa é necesaria a súa ferramente propia máis eficaz, e nos xeramos moitas informacións, arquivos, documentos, fotos, vídeos, ... Lembrade tamén que nin eu nin ningunha outra persoa gañamos nada facendo isto, polo que todo o que facemos é coa millor intención (e moitas veces non con pouco traballo), ainda que iso non quita que non poidamos equivocarnos de cando en vez.

Lembrade que as que realmente debedes utilizar frecuentemente son a lista de correo e o foro, e que se @s que subamos cousas nos outros sitios facemos o esforzo de avisar no foro do que vaiamos facendo e poñendo os enlaces correctos de cada cousa na mensaxe, para a maioría da xente o resto de recursos serán intrascendentes porque accederán a eles directamente cun simple click dende o foro.

Por iso pido un pouco de colaboración de tod@s para que todo sexa o máis sinselo posible, para a xente que fai fotos e videos ou elabora panfletos, carteis, logos, ... que os suban para que a xente os poida desfrutar e que o enlacen correctamente no foro. Para o resto de usuarios que participen, que opinen, ... porque todo o feito resulta máis satisfactorio se realmente a xente fai uso e colabora en todo.

Graciñas pola atención e espero que os servise todo isto, se tedes algunha dúbida consultádeme o que queirades.


Ultima edición por Marcial el Mie Ene 17, 2007 7:57 pm; editado 6 veces
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado [ Oculto ] Visitar sitio web del autor
Xiana



Registrado: 03 Nov 2006
Mensajes: 180
Ubicación: Os Castros_A Coruña
Reputación: 19.7Reputación: 19.7
Votos: 3

MensajePublicado: Mie Ene 17, 2007 7:41 pm    Título del mensaje: Responder citando

Marcial, penso que non deixas cavida a moitas dúbidas... eu non teño ningunha. Parabéns!!

Por certo, envieiche as fotos que saquei no día da bici?? si, non??

P.D.: Xa van 5 mensaxes!!! hahahaha
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado  
ubaldinho



Registrado: 10 Oct 2006
Mensajes: 1

Reputación: 12.5

MensajePublicado: Jue Oct 18, 2007 6:29 pm    Título del mensaje: vaia cark que estas feito don marcial!! Responder citando

Se xa non teño dubidas!! tiña algunha, ia preguntar pero buscando un pouco, e iso que eu son bastante chafalleiro con estas historias, e ainda asi xa atopei o que queria, uns panfletos para venderlle o asunto a un coñecido.
Si é que ainda queda xente por fichar!!!
Ve monos na bici!!!
_________________
aupa familia!!!!
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado  
Xiana



Registrado: 03 Nov 2006
Mensajes: 180
Ubicación: Os Castros_A Coruña
Reputación: 19.7Reputación: 19.7
Votos: 3

MensajePublicado: Vie Oct 19, 2007 2:16 am    Título del mensaje: Responder citando

Benvido!!! he. Que saibas que dentro de pouco mudámonos de "dirección"...
_________________
Gravados Rupestres: Patrimonio da Humanidade!!
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado  
JessySoy



Registrado: 22 Abr 2008
Mensajes: 2
Ubicación: La Coruña

MensajePublicado: Mie Abr 23, 2008 9:19 pm    Título del mensaje: Hola Responder citando

Muchas gracias por la informacion. Espero que os vaya muy bien.
Un saludo de Jessica
www.CochesEnLaCoruna.com
_________________
Un saludo de Jessica
www.CochesEnLaCoruna.com
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado  
Mostrar mensajes anteriores:   
Publicar Nuevo Tema   Responder al Tema    Índice de Masa Crítica Coruña -> Consultas, Dudas, Preguntas Todas las horas están en GMT + 2 Horas
Página 1 de 1

 
Saltar a:  
No puede crear mensajes
No puede responder temas
No puede editar sus mensajes
No puede borrar sus mensajes
No puede votar en encuestas
Foro creado Gratuitamente en http://www.mundoforo.com
Crea gratis tu foro en http://www.mundoforo.com

Mapa del sitio



Powered by phpBB © 2001, 2005 phpBB Group
 

MundoForo.com - Perteneciente a MundoGratis.com

 
Programas Gratis Subir Imagenes - Fotolog Crear Blog Personal
 
Chistes Juegos Gratis Manuales Gratis