Índice de Masa Crítica Coruña Foro Masa Crítica Coruña



Pincha no debuxo para ir ao foro das Masas Críticas Galegas
  • Compartir Foro Masa Crítica Coruña en:



 
 F.A.Q.F.A.Q.   BuscarBuscar   Lista de MiembrosLista de Miembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RegístreseRegístrese 
 PerfilPerfil   Conéctese para revisar sus mensajesConéctese para revisar sus mensajes   ConectarseConectarse 


Contra a marea de cemento no Parque Rosalía (Lugo)!!!

 
Publicar Nuevo Tema   Responder al Tema    Índice de Masa Crítica Coruña -> Convocatorias doutros grupos sociais
Ver tema anterior :: Ver siguiente tema  
Autor Mensaje
Xiana



Registrado: 03 Nov 2006
Mensajes: 180
Ubicación: Os Castros_A Coruña
Reputación: 19.7Reputación: 19.7
Votos: 3

MensajePublicado: Lun Oct 08, 2007 10:46 pm    Título del mensaje: Contra a marea de cemento no Parque Rosalía (Lugo)!!! Responder citando

Non á marea de cemento!! www.parquerosalía.es

A asociación constitúese formalmente en maio de 2006, pero xa leva traballando dende hai uns catro meses atrás como plataforma.

Somos un grupo numeroso de cidadáns indignados polo que se quere facer a carón do Parque de Rosalía e deciden coordinar esforzos. Moitos dos que vivimos preto da zona afectada fomos os primeiros en decatarnos do que alí se pretendía facer. Isto levounos tempo asimilalo porque non podíamos crer o que os planos nos mostraban. Pouco a pouco foise recabando información sobre a futura urbanización e foi entón cando se decidiu dalo a coñecer a máis persoas que puidesen ignoralo, xa que isto afecta a tódolos cidadáns lucenses.

# Os nosos obxectivos: Preservar o espazo natural do Parque de Rosalía e o seu entorno para futuras xeracións .
# Conservar os sinais de identidade turísticos e paixaxísticos que se divisan dende a Pérgola: o meandro do río Miño, as carballeiras e leiras do seu entorno.
# Harmonizar os tres espazos máis significativos da cidade: a muralla, a zona monumental e as costas do Parque de Rosalía.

http://www.parquerosalia.es/sinaturas.asp
_________________
Gravados Rupestres: Patrimonio da Humanidade!!
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado  
luisete 104



Registrado: 27 Nov 2006
Mensajes: 70

Reputación: 12.2

MensajePublicado: Mar Oct 09, 2007 11:08 am    Título del mensaje: Responder citando

estiven vendo o enlace que puxeches pero non se explica que é o que van facer exactamente. coñezo algo lugo e sei onde está o parque, pero para os que non coñezan ben a zona sería necesario que puxerades un plano do que hai (referindo algunhas fotos a el) e outro do que van facer. se non tedes esa información, deberiades buscar un enlace onde apareza iso. A min me é imposible valoralo sen saber o que van facer.
animo e sorte.
_________________
o home 104
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado  
Xiana



Registrado: 03 Nov 2006
Mensajes: 180
Ubicación: Os Castros_A Coruña
Reputación: 19.7Reputación: 19.7
Votos: 3

MensajePublicado: Mar Oct 16, 2007 2:57 pm    Título del mensaje: Responder citando

Pois a verdade é que debería estar toda a información na páxina de enlace. Trátase dunha asociación que quere defender as atrocidades urbanísticas, proxectadas e vindeiras, que se van levar a cabo a carón do Parque Rosalía. Na páxina de inicio podes observa-lo exemplo do proxecto da urbanización (http://www.parquerosalia.es).
Fun a semá pasada ao San Froilán (por iso coñecín esta denuncia) e quedei aterrorizada co urbanismo Lugués "extramuros"... e morrín da pena coa abundante arquitectura ruinosa "intramuros". Non se protestou antes... vale, o feito feito está. Pero paréceme estupendo que protesten por defender unha harmonía visual coherente... Eu non estou metida no tema, simplesmente sensibilizada. Sei tanto coma ti.
_________________
Gravados Rupestres: Patrimonio da Humanidade!!
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado  
Xiana



Registrado: 03 Nov 2006
Mensajes: 180
Ubicación: Os Castros_A Coruña
Reputación: 19.7Reputación: 19.7
Votos: 3

MensajePublicado: Mar Oct 23, 2007 1:00 pm    Título del mensaje: Responder citando

(Máis novas, máis clarificadoras)

CONTENCIOSO POLA EDIFICACION NAS COSTAS DO PARQUE

Con data 10 de setembro de 2007, a Asociación para a Defensa do ParqueRosalía de Castro e o seu entorno presentou un recursoContencioso-administrativo no que se impugna a aprobación definitiva doProxecto de Urbanización de 14 de febreiro de 2007, a través dunhaimpugnación do Plan Especial de Reforma Interior (PERI) da Unidade deActuación CS5 (Costas do Parque), tal e como se veu anunciando en variasocasións ao longo destes máis de dous anos de loita contra o maior exemplode especulación urbanística realizado en Lugo.

No devandito recurso denúncianse unha serie de supostas irregularidadeslevadas a cabo polo Concello coa única finalidade de proporcionar na leiradun particular e dun xeito, aparentemente legal, a máxima edificabilidadeno sitio máis rendible, obviar o ben social, os intereses da cidadanía áque representa, as leis de protección patrimonial e os trámites legaispara a tramitación dun PERI. Entre outras se enumeran e xustifican asseguintes:

1/ Falta de informes sectoriais preceptivos doutras Administracións(Cultura, Medio Ambiente e Industria) previstos na lexislación vixente.
2/ Falta de notificación á COTOP.
3/ Ausencia de notificacións a terceiros de carácter preceptivo.
4/ Permutación de terreo público, de forma supostamente irregular,adxacente na súa totalidade ás Costas do Parque (no que había nogueirascentenarias e outras especies arbóreas de interese e no que pretendíanconstruír un edificio de 9 plantas) por espazos residuais de dubidosoaproveitamento na pendente que dá a República Argentina.
5/ Indefinición do sistema viario que non conta nin co detalle ninxustificación necesarios en orde á súa capacidade prevista (acceso aosocupantes de 200 vivendas) de acordo coas esixencias técnicas deedificación.
6/ Incumprimento do artigo 104 da Lei de Ordenación Urbanística eProtección do Medio Rural de Galicia (de aplicación directa), cuxafilosofía está recollida en leis anteriores, e que protexe expresamentelugares paisaxísticos como é o noso Parque Rosalía e as súas Costas cosseus respectivos Miradoiros, cuxa beleza e interese está recollida entodas as Guías Turísticas de Galicia, desde a de Otero Pedrayo de 1945, ata a páxina web de Mundo-R, pasando polo Plano-Guía da cidade editadopolo Concello, entre outras.

A Asociación non pode entender que o Concello, tendo o apoio legalsuficiente para protexer o Patrimonio Paisaxístico da cidade á querepresenta, o obviara e ata cuestionara, só co fin de salvagardar osintereses, que non dereitos (como se demostra no recurso presentado) dunparticular, e que sexan os cidadáns os que teñan que defender o graveatentado ao patrimonio de todos das actuacións dos seus representantes.Así o Concello utiliza argumentos rebatidos no recurso:

1/ Non existe diferenzas entre bens protexidos en chan urbano e rural.
2/ Na entorno da unidade na que se quere construír existen bensinequívocamente protexidos (Termas Romanas, Sanatorio García Portela eParque Rosalía de Castro) e é preceptivo, sen ningún xénero de dúbidas, oinforme da Consellería de Cultura para calquera tipo de actuación.
3/ A inexistencia duns supostos dereitos de edificabilidade “á medida”, nunha leira privada que vulneran os dereitos de todos.

Desde a Asociación esiximos ao Concello explicacións por utilizar todos osrecursos “supostamente legais”, para defender os intereses dun particularno lugar das medidas de protección que lle proporciona a lei paraconservar e preservar os bens patrimoniais e paisaxísticos de todos oslucenses. E aos Grupos da Oposición no Concello que pidanresponsabilidades políticas pola inxustificada permutación de terreospúblicos (ilegal segundo a nosa denuncia) para que se poidan construír nosmesmos un edificio de nove plantas) e pola desidia e desobediencia a unorganismo con competencias superiores ao Concello en materia de Patrimonio(Consellería de Cultura) que ordenou paralizar as obras. Estamos ás beirasdo río Miño de Otero Pedrayo ou do río Congo de Joseph Conrad?

ASOCIACIÓN POLA DEFENSA DO PARQUE ROSALÍA+ de 10.000 firmas
_________________
Gravados Rupestres: Patrimonio da Humanidade!!
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado  
Mostrar mensajes anteriores:   
Publicar Nuevo Tema   Responder al Tema    Índice de Masa Crítica Coruña -> Convocatorias doutros grupos sociais Todas las horas están en GMT + 2 Horas
Página 1 de 1

 
Saltar a:  
No puede crear mensajes
No puede responder temas
No puede editar sus mensajes
No puede borrar sus mensajes
No puede votar en encuestas
Foro creado Gratuitamente en http://www.mundoforo.com
Crea gratis tu foro en http://www.mundoforo.com

Mapa del sitio



Powered by phpBB © 2001, 2005 phpBB Group
 

MundoForo.com - Perteneciente a MundoGratis.com

 
Programas Gratis Subir Imagenes - Fotolog Crear Blog Personal
 
Chistes Juegos Gratis Manuales Gratis