|
Foro Masa Crítica Coruña

Pincha no debuxo para ir ao foro das Masas Críticas Galegas
- Compartir Foro Masa Crítica Coruña en:
|
| Ver tema anterior :: Ver siguiente tema |
| Autor |
Mensaje |
Josiño Administrador

Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 267 Ubicación: GOLFO ARTABRO
  
|
Publicado: Mar Ene 09, 2007 12:57 am Título del mensaje: CIDADES LENTAS |
|
|
Noticia sacada da paxina web do colectivo Fusquenlla,non fala concretamente da bici pero si apunta a unha filosofía coa que podemos estar mais ou menos dacordo.
En 1999 xurdiu na Toscana un movemento municipal que manifestaba a súa oposición ao ritmo acelerado da vida moderna e propugnaba políticas de desenvolvemento urbanístico sostibeis baseadas no transporte público, a estensión das áreas peonís, a defensa do pequeño comercio tradicional, a agricultura biolóxica e as tradicións locais. Fronte a uniformización do proceso globalizador, enfatiza a riqueza da diferencia e da multiculturalidade. O movimiento Cittáslow aposta por un novo humanismo, rescata-lo modelo dos pequenos centros urbanos como eixo da vida civil e defende o concepto de cidade como ágora, lugar para a conversa, a política, en resumo, a vida cidadá. Amósase partidario de limitar o crecemento urbanístico masivo e aposta polas pequenas vilas como o modelo ideal do vivir e o sentir cidadán. Actualmente integran a rede de Cittaslow (cidade lenta) unhas 60 vilas de todo o mundo, catro delas españolas.
Manifesto das Cittaslow por un novo humanismo do ser e do vivir.
Vivir nunha cidade lenta, pero tamén administrala, é un modo de ser, un rasgo distintivo de conduci-la vida cotidiana dunha determinada maneira respecto a outra ata agora maioritaria, unha maneira ralentizada, certo, menos frenética, productivista e rápida, pero sen dúbida máis humanizante e ecolóxicamente correcta, máis solidaria coas presentes e futuras xeracións, respectuosa co local nun mundo sempre máis global e interconectado.
Vivir nunha cidade lenta, pero tamén administrala, significa deixar circular libremente en proveito de todos, incluidos os habitantes das metrópolis, a gran bagaxe de experiencias, valores, coñecementos, artes, ciencias, presentes nos pequenos centros, nas terras antes marxinais, nas provincias e periferias do mundo que agora se convirten en centro. Significa
contamina-los barrios das grandes cidades coa calidade de vida, co mundo de relacións e coa praxe da xestión social e económica sostible propia do campo, das montañas, das pequenas illas.
Vivir nunha cidade lenta, pero tamén administrala, significa vivir o tempo presente do mellor modo posible, tendo a mirada constantemente dirixida cara ó futuro, utilizando as grandes oportunidades tecnolóxicas e culturais do nosos tempo sen esquecer nunca o patrimonio de experiencia que nos chega da historia e da cultura material dos pobos.
Se slow food ensinou a defensa das produccións agroalimentarias autóctonas, xunto á revalorización dos modos tradicionais de cociña e dos sabores locais, de aquí pártese para descubrir nas cidades lentas un mundo de excelencias en diversos campos xa hoxe posíbel e experimentado. É un modelo para coñecer e asimilar que atinxe no so á comida, á cultura e ao social, senon tamén ao urbanismo, ao medioambiente, á enerxía, aos transportes, ao turismo, ao mundo agrícola, á formación dos xoves, ás mesmas razóns de constituirse dunha comunidade.
Vivir nunha cidade lenta, pero tamén administrala, significa deixar de lado o moderno concepto do bo vivir e da calidade de vida como tarefa prioritaria e
difundida en favor dos residentes. Pero significa tamén resolver con ganancia a falsa contradicción entre a apertura hospitalaria cara ao mundo e o orgullo do pertenza a un pobo e ás especificidades locais.
Quere decir tamén ter cidadáns conscientes e informados, preparados para acoller ao moderno viaxeiro segundo os cánones da hospitalidade máis auténtica.
Vivir nunha cidade lenta, pero tamén administrala, significa recoñecer o complexo das fontes materiais e inmateriais do lugar, desde o ambiente á paisaxe natural e urbana, desde os bens históricos e artísticos á cultura; tamén no eido gastronómico para reforzar ou quizáis reconstruir unha identidade cidadá que os cambios dos últimos decenios comprometeron algunhas veces.
Vivir nunha cidade lenta, pero tamén administrala, quere decir apuntar á lentitude como valor, dar un sentido completo e concreción á revolución temporal de quen, por historia, cultura e ambiente, resistiu e resiste á aceleración do século XXI, armonizar os tempos históricos cos tempos modernos, as razóns da naturaza cos da cultura e as da ecoloxía.
Vivir nunha cidade lenta, pero tamén administrala, significa, en síntese, darse tempo para construir calidade en tódolos sectores do vivir civil, ralentiza-los ritmos e combatir os paroximos para descubrir outra vez e sempre os sabores, as cores, os perfumes da cidade e do mundo.
Ultima edición por Josiño el Jue Ene 11, 2007 11:22 am; editado 1 vez |
|
| Volver arriba |
|
 |
Marcial Administrador
Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 403 Ubicación: A Coruña
  
|
Publicado: Mar Ene 09, 2007 10:56 am Título del mensaje: |
|
|
Evolucionar hacia ese tipo de entender a vida, a ese tipo de cidades ou pobos (porque non olvidemos que hai moitos pobos aquí que ainda que pequenos de lentos non teñen nada, con estradas e coches a toda velocidade e ningún espazo creado para o disfrute da poboación) sería un soño para mín.
Pero hai que loitar polos nosos soños, a nosa vida ten que ter un sentido e non podemos conformarnos con que nos vén dado.
Recoñezo que eu son inconformista por natureza e sempre penso que as cousas poden cambiar para millor, e ainda que non o consiga non será porque me quede de brazos cruzados por conformismo, desidia ou falta de confianza en que as cousas podan cambiar.
Tan só nos queda convencer a uns cantos millóns de persoas máis e o cambio estará feito. Somos máis dos que pensamos, en todo o mundo hai xente que pensa coma nós, ou sexa que todo é posible. |
|
| Volver arriba |
|
 |
Josiño Administrador

Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 267 Ubicación: GOLFO ARTABRO
  
|
Publicado: Mar Ene 09, 2007 12:05 pm Título del mensaje: |
|
|
Pois si, por eso internet é un bo invento pra algunhas cousas...¿podería ser Coruña unha cidade lenta?...está fodido,pero se se propuxera poderian acadarse cousas importantes...lendo esta noticia veume á mente un pensamento que tiven hai anos estudando urbanismo e que reflexei nun debuxo,é unha proposta de cidade reciclada.
A proposta,reflexa a idea de que o espazo físico onde vivimos teña un paralelismo coa nosa forma de vida actual,é dicir unha correlación absoluta entre as actividades que facemos e o entorno no que se desenvolven.Hai unha escala pra habitar e outra para relacionarnos e traballar.
Traballar,relacionarse e certos tipo de ocio enmarcarianse na actual cidade,reciclando os contenedores de formigón e asfalto pra eses usos cos que son compatibles,esta é a cidade ruidosa.
Pero habitar, crecer os nenos,e outras formas de ocio que precisan do contacto da natureza conformarían a cidade silenciosa.
Por suposto a comunicación entre ambas estaría asegurada cunha frecuencia de transporte público sostible suficiente.
Perdón por el rollo |
|
| Volver arriba |
|
 |
Marcial Administrador
Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 403 Ubicación: A Coruña
  
|
Publicado: Lun Ene 15, 2007 1:48 am Título del mensaje: |
|
|
| Interesante proposta para unha cidade media-grande coma Coruña ou outras similares ou maiores. |
|
| Volver arriba |
|
 |
Xiana

Registrado: 03 Nov 2006 Mensajes: 180 Ubicación: Os Castros_A Coruña
   Votos: 3
|
Publicado: Mie Ene 17, 2007 10:28 pm Título del mensaje: |
|
|
Onde hai que asinar??
Ademáis na nosa terra temos espazos verdes suficientes pra re-habitar...
Que chulo o debuxo, Jose!! |
|
| Volver arriba |
|
 |
Josiño Administrador

Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 267 Ubicación: GOLFO ARTABRO
  
|
Publicado: Jue Ene 18, 2007 10:22 am Título del mensaje: |
|
|
jeje..graciñas,é un pouco paranoia pero fíxome gracia sempre a idea;jolin "torbellino Xiana" ,Marcial teremos que poñernos as pilas que nos colle enseguida con tanto mensaxe...  |
|
| Volver arriba |
|
 |
Xiana

Registrado: 03 Nov 2006 Mensajes: 180 Ubicación: Os Castros_A Coruña
   Votos: 3
|
Publicado: Jue Ene 18, 2007 6:01 pm Título del mensaje: |
|
|
Nada oh!! paréceme moi chulo.
Pois si, onte adiqueille practicamente toda a tarde ao Foro da Masa. Púxenme ao día, que tiña moitas cousas por ler!! |
|
| Volver arriba |
|
 |
bruji8688

Registrado: 17 Oct 2006 Mensajes: 54 Ubicación: Ourense
 
|
Publicado: Vie Ene 19, 2007 11:42 am Título del mensaje: ciudades lentas |
|
|
¡SALUDOS!, por fin participo en el foro, espero poder hacerlo de vez en cuando aunque sea de forma breve y telegráfica----------------
Os envio una direccion de internete, http://www.arqa.com/informacion.cfm/n.7126.cfm
donde vereis un articulo muy interesante sobre el desarrollo de la ciudad brasileña de Curitiba, espero que os guste... _________________ Chus y Luis - desde Ourense |
|
| Volver arriba |
|
 |
|
|
No puede crear mensajes No puede responder temas No puede editar sus mensajes No puede borrar sus mensajes No puede votar en encuestas
|
Foro creado Gratuitamente en http://www.mundoforo.com Crea gratis tu foro en http://www.mundoforo.com
Mapa del sitio
Powered by phpBB © 2001, 2005 phpBB Group
|