rotor Administrador

Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 101
  
|
Publicado: Lun May 07, 2007 8:56 am Título del mensaje: sos courel |
|
|
Axuda urxente para o Courel !
(Por favor, reenvía este correo aos teus contactos)
A Xunta de Galicia vai declarar xa, unha miniatura de Parque Natural no Courel, só a efectos propagandísticos, para disimular a inminente autorización, de catro novas macro canteiras no Lor e Ferreririño, cando no Courel xa hai máis de unha ducia delas.
Por iso nós, a “Asociación Ecolóxico-Cultural SOS Courel”, veciñ@s do concello de Folgoso Courel, pedimos axuda urxente para que a Xunta de Galicia declare Parque Natural ao C o u r e l, de inmediato; incluíndo dentro, como mínimo, as cuncas íntegras dos ríos Lor_Louzara, Selmo, Soldón e Ferreiriño; e que se libre o territorio conformado por todas elas, de todo tipo de impactos e concesións incompatibles, como canteiras, eólicos, centrais hidroeléctricas, vertedoiros, ...
O territorio que nós esiximos como Parque Natural, supón alomenos un 1/3 da Serra Courelá, do conxunto montañoso que se estende entre os Ancares e a Ribeira Sacra (Sil), e entre as chairas de Monforte e Sarria ata o Bierzo. Os 2/3 restantes seguirán sendo aniquilados, se ninguén o remedia, de forma brutal polas máis de 12 macro canteiras que traballan na zona de Pacios-Vilarbacú e Selmo Leones-Montouto (en parte, antigos territorios do noso Concello).
A proposta que fai a Xunta de Galicia é de aproximadamente 1/5 do conxunto montañoso Courelá. Deixa fora a cunca enteira do río Ferreiriño (onde se sitúa o Pregue Tumbado do Courel ) e a metade sur da cunca do Lor, para instalar xa, 3 novas canteiras e autorizar a canteira “Campa-Santa Eufemia”, que segue a funcionar a pesar dunha orde de peche do 2002, confirmada polos Tribunais de Xustiza.
A proposta da Xunta de Galicia é un completo timo, deixa fóra lugares tan emblemáticos como Froxán, Vilar, Vilamor, Santa Eufemia, Pregue Tumbado de Campodola, ..... A metade sur da cunca do Lor, chea de canteiras, impactará de forma grave sobre a metade norte. Téñase en conta a disposición totalmente rectilínea do Canón do Lor, o camiño natural e fiestra entre os Ancares e a Ribeira Sacra.
Esta canteira, “Campa-Santa Eufemia”, que ocupa un Espacio Natural declarado en 1989-1990, no medio da cunca do Lor, vai ser legalizada de xeito inminente en base a unha Declaración de Impacto Ambiental que non contempla, entre outras moitas cousas, a ocupación do río Loruda pola propia explotación. Esta é unha canteira “Imposible”, acurralada polos soutos, aldeas, ríos e a estrada comarcal.
Se nos atemos a legalidade vixente, a canteira, “Campa-Santa Eufemia”, terá que ser clausurada. Se acontecera despois da autorización do Consello da Xunta, terá que ser indemnizada a empresa, con Fondos Públicos, en cifras astronómicas.
Polo tanto nos esiximos ás Administracións que se lle dea alternativa de inmediato, sen chantaxes e sen traumas, aos traballadores desta canteira, suxerimos:
- A) Que, tal e como pediron algúns sindicatos, se orzamente dende o Goberno do Estado un plan para equiparar aos mineiros da Pedra de Galiza aos do resto da minaría e así poder adiantar a idade de xubilación voluntaria, co fin de evitar algunhas doenzas profesionais. Isto permitiría recolocar aos especialistas da pedra.
- B) Para conservar e restaurar o patrimonio natural e cultural do Courel, necesítase crear un mínimo de 150 postos de traballo, aos que se debe destinar un mínimo de 3 millóns de euros anuais, cifra inferior aos Fondos Europeos que nos corresponden pola Rede Natura, por ser zona de Montaña e por ser zona desfavorecida. Como exemplo, O Principado de Asturias investirá no Parque Natural de Somiedo 7,7 millóns de euros no 2007.
¿ Que podes facer ti para axudar ?
* Recollida de sinaturas. Imprime nun folio o documento que vai dirixido “Ao Presidente da Xunta de Galicia”, que podes baixar do seguinte enlace da páxina de Adega de Lugo (en Galego, Castellano ou Inglés), asínao, e se podes, recolle sinaturas entre os teus familiares e amigos:
http://www.adega.info/index.php?option=com_content&task=view&id=477&Itemid=2,
- Tamén podes personalizar o texto das sinaturas para unha asociación ou institución(báixao de WORD), substituíndo “... os que abaixo asinamos” polo nome da mesma.
- Se vas recoller moitas, podes imprimilo polas dúas caras. Recorda que cada folio debe levar sempre o “texto ” que se adxunta, nunha das caras.
- As sinaturas recollidas mándaas por correo, preferiblemente certificado se podes, á “Asociación SOS Courel. Santa Eufemia, nº 32, Folgoso do Courel, 27327 Lugo.”
- Ou, se tes tempo e te queres implicar máis, entrega o orixinal no Rexistro Público máis cercan, e que che selen unha copia. Se son varias follas teñen que selarche cada unha delas. A copia resgardo selada no rexistro, se fas o favor, mándanola a este enderezo: “Asociación SOS Courel. Santa Eufemia, nº 32, Folgoso do Courel, 27327 Lugo.”
- A campaña rematará o 21 de xuño de 2007 coa entrega de sinaturas ao Presidente da Xunta de Galicia, o resultado final farémolo público nos Medios de Comunicación.
- Engadimos a continuación os enderezos electrónicos das distintas Administracións, se o tes a ben cópiaos e reenvíalles este correo en tres veces. Si se copian todos xuntos, serán rexeitados polos sistemas informáticos da Xunta.
Presidente<secre.presidente@xunta.es>;Vicepresidente<gabinete.vicepresidencia@xunta.es>;
C Presidencia<conselleria.presidencia@xunta.es; Economía<secretaria.gab@xunta.eco.org>;
Ministra Medio Ambiente<oszurdo@mma.es>, Confederación H<presidente@chn.mma.es <mailto:contacto@chn.mma.es> >; c.pita@diputacionlugo.org, concello.folgosodocourel@eidolocal.es, culturaedeporte@xunta.es; Traballo< angelina.gutierrez.alvarez@xunta.es>,
Obras Públicas e Urbanismo<gabinete.cptopt@xunta.es>; gabinete.sanidade@sergas.es; C Educación<conselleira@edu.xunta.es>; secretaria.turismo@xunta.es, CIndustria<fernando.xabier.blanco.alvarez@xunta.es>; montes.galicia@xunta.es, valedor@valedordopobo.com, registro@defensordelpueblo.es, gp-pp@parlamentodegalicia.es; gp-socialista@parlamentodegalicia.es;
C Vivenda<rosa.lopez.rendo@xunta.es>;C Pesca<carmen.vallejo.pousada@xunta.es>;
C Medio Ambiente<mvazquezf@xunta.es>; Conservación Natureza<dxcn@xunta.es>; Calidade Ambiental<secretaria.dx.cal.aval.ma@xunta.es>;gp-bng@parlamentodegalicia.es;
Presidenta<yolanda.aguiar.castro@parlamentodegalicia.es>;
- Engadimos igualmente, os correos dos medios de comunicación, se o tes a ben, cópiaos todos, e reenvíalles este correo:
correo@elprogreso.es, redac@lavoz.es, cronica@diariodepontevedra.com <mailto:diario@diariodepontevedra.com> , info@anosaterra.com <mailto:info@anosaterra.com> , noticias@vieiros.com, info@gznación.com, galicia@elcorreogallego.es, redaccion@farodevigo.es <mailto:redaccion@farodevigo.es> , info@galicia-hoxe.com, digital@laopinioncoruna.com, stgredaccion@efe.es, redacción@axencia.com <mailto:corresponsales@axencia.com> , galicia@europapress.es, autonomias@servimedia.net, redaccion@xornal.es,
redaccion@galiciadiario.com <mailto:redaccion@galiciadiario.com> , redaccion@arroutadanoticias.com, redaccion@codigocero.com, info@noticiasgalicia.com <mailto:info@noticiasgalicia.com?Subject=Informacion%20solicitada%20desde%20NoticiasGalicia> ,
nosevendeacoruna@20minutos.es , galicia@abc.es, galicia@elpais.es,
informativos.tvg@crtvg.es <mailto:informativos.tvg@crtvg.es> , xefinfo.radiogalega@crtvg.es <mailto:xefinfo.radiogalega@crtvg.es> , sociedad9_ssii.tve@rtve.es, edirecto@rtve.es, redaccion.c.tve@rtve.es
informativos.santiago@cadenacope.net, redaccion@cadenaser.com,
Gaceta@recoletos.es, apenam@unionradio.es, lacoruna@ondacero.es,voces@radiovoz.com <mailto:redac@radiovoz.com> , informativosgalicia@antena3tv.es, mvelo@atlas-news.com, telelugo@elprogreso.es,
* Podes colgar na túa páxina Web o texto deste correo , ou calquera outro motivo relacionado co Courel (Fotos, ..).
* Non te olvides de reeviarlle este correo aos teus contactos
Gracias por axudarnos
Unha aperta
O Courel, 5 de maio de 2007
Asociación SOS Courel.
Esta mensaxe non é un Spam, vai dirixida aos amigos do Courel, para ao noso entender, defender o Patrimonio de Todos. Se non queres recibir máis noticias envía un correo a soscourel@mundo-r.com,
Se queres máis información con fotos, texto e enlaces mira esta páxina:
http://www.ecotono.net/modules.php?op=modload&name=News&file=article&sid=1216&mode=thread&order=0&thold=0, |
|