Índice de Masa Crítica Coruña Foro Masa Crítica Coruña



Pincha no debuxo para ir ao foro das Masas Críticas Galegas
  • Compartir Foro Masa Crítica Coruña en:



 
 F.A.Q.F.A.Q.   BuscarBuscar   Lista de MiembrosLista de Miembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RegístreseRegístrese 
 PerfilPerfil   Conéctese para revisar sus mensajesConéctese para revisar sus mensajes   ConectarseConectarse 


A Federación quere que o ciclismo chegue aos colexios

 
Publicar Nuevo Tema   Responder al Tema    Índice de Masa Crítica Coruña -> Noticias
Ver tema anterior :: Ver siguiente tema  
Autor Mensaje
Marcial
Administrador


Registrado: 10 Oct 2006
Mensajes: 403
Ubicación: A Coruña
Reputación: 20.8Reputación: 20.8

MensajePublicado: Vie Mar 23, 2007 2:18 pm    Título del mensaje: A Federación quere que o ciclismo chegue aos colexios Responder citando

Cita:
¿Promover o ciclismo deportivo sen promover o uso da bici como medio de transporte? ¿Poderiamos aproveitar isto?


Este xoves celebrouse en Vigo a primeira charla coloquio das programadas pola Fundación Ciclismo Galego e a Federación Galega na procura dunha maior promoción para o ciclismo base. Os principais impulsores deste deporte e do seu desenvolvemento tanto profesional como afeccionado en Galiza non quixeron perder a cita.

Deste xeito, o acto serviu para que o director xeral para o Deporte, Santiago Domínguez, anunciase a construción de pistas formativas de ciclismo así como a introdución dun modo experimental deste deporte en diversos colexios do país. Segundo informan desde o seu departamento, trátase dunha proposta realizada pola Federación Galega que se está a valorar co obxectivo de implantala o próximo curso.

Ao igual que o director xeral, que sinala que a razón de ser do Karpin é a promoción da base, o presidente da federación, Sabino Cortizo, asegurou que o nacemento deste equipo e o protagonismo dos corredores galegos debe levar o noso ciclismo a “vivir outro momento histórico”. Neste sentido, destacou o labor fundamental que os clubs deben xogar neste sentido xa que son os “verdadeiros motores do ciclismo galego”.

Pola súa parte, Valery Karpin, presidente da Fundación Ciclismo Galego, afirmou que está a comprobar a “dureza do ciclismo” e recoñeceu que segue moi de preto as actuacións do equipo que leva o seu nome.

Tampouco perderon a cita dous dos representantes na estrada do conxunto. O director deportivo do equipo, Álvaro Pino, eloxiou o “excelente traballo que están a realizar os técnicos galegos na formación de ciclistas” e subliñou que o Karpin Galicia “está aquí para apoiar a base”.

Mentres, o xefe de filas dos galegos, Marcos Serrano, sinalou a falta de lugares para adestrar como un dos grandes problemas do ciclismo en Galiza. Aos máis novos pediulles constancia e disciplina, porque “isto é como os estudos: ninguén pode estudar por ti” e engadiu que os ciclistas do Karpin Galicia “nos comprometemos gustosamente coa base”.

Fonte: A Federación quere que o ciclismo chegue aos colexios
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado   Visitar sitio web del autor
Mostrar mensajes anteriores:   
Publicar Nuevo Tema   Responder al Tema    Índice de Masa Crítica Coruña -> Noticias Todas las horas están en GMT + 2 Horas
Página 1 de 1

 
Saltar a:  
No puede crear mensajes
No puede responder temas
No puede editar sus mensajes
No puede borrar sus mensajes
No puede votar en encuestas
Foro creado Gratuitamente en http://www.mundoforo.com
Crea gratis tu foro en http://www.mundoforo.com

Mapa del sitio



Powered by phpBB © 2001, 2005 phpBB Group
 

MundoForo.com - Perteneciente a MundoGratis.com

 
Programas Gratis Subir Imagenes - Fotolog Crear Blog Personal
 
Chistes Juegos Gratis Manuales Gratis