Índice de Masa Crítica Coruña Foro Masa Crítica Coruña



Pincha no debuxo para ir ao foro das Masas Críticas Galegas
  • Compartir Foro Masa Crítica Coruña en:



 
 F.A.Q.F.A.Q.   BuscarBuscar   Lista de MiembrosLista de Miembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RegístreseRegístrese 
 PerfilPerfil   Conéctese para revisar sus mensajesConéctese para revisar sus mensajes   ConectarseConectarse 


A excepción Verdegaia

 
Publicar Nuevo Tema   Responder al Tema    Índice de Masa Crítica Coruña -> Conversacións varias
Ver tema anterior :: Ver siguiente tema  
Autor Mensaje
sonia



Registrado: 06 Nov 2006
Mensajes: 58

Reputación: 12.8

MensajePublicado: Mar Sep 25, 2007 12:05 pm    Título del mensaje: A excepción Verdegaia Responder citando

Non sei se vai aquí pero parecíume interesante.

A excepción Verdegaia



Verdegaia está amosando independencia de criterio na súa postura fronte aos incendios forestais que asoballan Galicia. A excepción que confirma a regra.

A asociación ecoloxista, formada por membros de Adega fartos das inxerencias do BNG, está a facer boa a súa misión fundacional cunha actitude crítica fronte ao poder (sexa quen sexa).

Deste xeito se entende a súa análise Dez preguntas básicas sobre os incendios forestais en Galicia publicada en Vieiros [vía], onde desminte a mensaxe oficial coreada polos voceiros sociais do goberno bipartito.

¿É serio falar dunha organización incendiaria?

O Goberno bipartito está a reaccionar como o facía o Goberno do PP. Ao se ver superado o dispositivo de extinción e os incendios ocuparen o primeiro plano da actualidade, axiña ouvimos falar de “nova tipoloxía de incendiarios”, “organizacións incendiarias”, “trama organizada”.

Tampouco é novidoso que se lancen, desde o propio Goberno ou desde o seu entorno, acusacións ou insinuacións de motivacións políticas como causa dunha parte importante dos incendios.

Os que antes, desde a oposición, perante unha vaga de lumes, facían fincapé nas responsabilidades políticas do Goberno, propugnaban un pacto social e político e reclamaban comparecencias parlamentarias urxentes, agora teiman en reducir o problema dos lumes a un asunto de orde pública.

Pola contra, os que daquela estaban no Goberno, antes facían o mesmo que fai agora o actual Goberno e agora fan exactamente o contrario. O mesmo se pode aplicar a algúns creadores de opinión e a algunhas organizacións sociais afíns ás principais forzas políticas galegas.

O certo é que até hoxe as investigacións da Policia Autonómica e da Garda Civil non demostraron a existencia de ningunha organización incendiaria. Malia as carencias en investigación, semella incríbel que unha “organización” non deixase máis rastro logo de tantos anos de lumes que uns poucos artefactos incendiarios, extremadamente rudimentarios, e que ningún dos seus “axentes” fose detido e/ou identificado. Ademais, a realidade desminte a “teoría da conspiración”, pois todos os detidos e/ou denunciados son veciños do lugar ou das súas proximidades.

¿É tan novidosa a vaga de incendios que sofre Galicia?

Non. “Todos anos, tanto na primavera como no verán, hai varias semanas nas que se rexistra unha media de máis de 500 lumes. Non son tan excepcionais os días nos que hai 100-200 lumes”.

Sen embargo, “esta vaga de lumes está a ser máis visíbel que outras acontecidas no pasado” por tres motivos:

1- Existencia de vítimas mortais.
2- Sucede en agosto e afecta a zonas do país densamente poboadas.
3- Moita presenza nos medios de comunicación, favorecida pola maior transparencia e o menor control dos medios do Goberno bipartito.

¿Cales son as causas estruturais dos incendios?

“O abandono do medio rural, a falta de ordenamento e xestión sustentábel da inmensa maioría da superficie de monte, a elevada combustibilidade das plantacións forestais de piñeiros e eucaliptos, xunto coa cultura do lume que pervive no medio rural”.

¿E as causas inmediatas?

Múltiples e descoñecidas na maioría dos casos, aínda que sexan intencionados, pois existen “importantes insuficiencias en materia de investigación”.

Non obstante, “as dúas causas máis importantes coñecidas dos incendios intencionados a nivel do conxunto de Galicia son, con diferenza, as queimas agrícolas e as queimas coa finalidade de crear pastos para o gando mostrengo que vive en zonas de montaña”.

¿Mudou a política de loita contra os incendios?

A resposta é non. O problema dos lumes é un problema moi difícil e complexo. A ningún Goberno se lle pode esixir que o resolva nin nun ano nin en catro. Mais si se lle debe esixir que aplique políticas que tendan a reducir o número de lumes e a súa incidencia.

Nada se sabe da mudanza do Plano Forestal. Nada se fixo para negociar un amplo pacto social e político en defensa dos montes e contra os incendios, tantas veces demandado por BNG e PSOE desde a oposición e anunciado por Pérez Touriño no verán pasado. O Consello Forestal (órgano consultivo para a participación social) herdado do Goberno anterior non foi reformado, só celebrou a reunión de constitución e non debateu o Plano INFOGA 2006.

A aposta pola prevención que fai o Plano INFOGA 2006 é moi inferior á que sería desexábel e á posíbel se o monte fose unha prioridade orzamentaria. Por exemplo, as actuacións da Consellería do Medio Rural en silvicultura preventiva limítanse aos montes de xestión pública e abranguen 30.124 ha. Os convenios asinados pola Consellería para desbroces inciden sobre outras 14.000 ha. Temos 2 millóns de ha de monte e case 400.000 ha declaradas como de especial risco de incendios.

¿Hai que “limpar” o monte?

É preciso rozar máis mato para reducir o risco de incendios, mais non sería bo facelo de forma xeralizada. As rozas deben ser selectivas (non afectar a grandes extensións continuas) e centrarse nas áreas con maior risco de lumes.

¿É preciso gastar máis en prevención e menos en extinción?

É preciso investir máis en prevención, pero non menos en extinción. O esforzo en extinción debe manterse, polo menos durante os próximos anos, pois, de non ser así, sería aínda moito maior a extensión de monte queimada cada ano. É preciso investir máis en prevención, mais non á custa da extinción.
_________________
SONIA
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado  
Mostrar mensajes anteriores:   
Publicar Nuevo Tema   Responder al Tema    Índice de Masa Crítica Coruña -> Conversacións varias Todas las horas están en GMT + 2 Horas
Página 1 de 1

 
Saltar a:  
No puede crear mensajes
No puede responder temas
No puede editar sus mensajes
No puede borrar sus mensajes
No puede votar en encuestas
Foro creado Gratuitamente en http://www.mundoforo.com
Crea gratis tu foro en http://www.mundoforo.com

Mapa del sitio



Powered by phpBB © 2001, 2005 phpBB Group
 

MundoForo.com - Perteneciente a MundoGratis.com

 
Programas Gratis Subir Imagenes - Fotolog Crear Blog Personal
 
Chistes Juegos Gratis Manuales Gratis