|
Foro Masa Crítica Coruña

Pincha no debuxo para ir ao foro das Masas Críticas Galegas
- Compartir Foro Masa Crítica Coruña en:
|
| Ver tema anterior :: Ver siguiente tema |
| Autor |
Mensaje |
xotengo
Registrado: 01 Jun 2007 Mensajes: 12
  
|
Publicado: Jue Oct 18, 2007 7:08 am Título del mensaje: A Bicicleta (Artigo de Opinión) |
|
|
Leo en Galicia Hoxe
"A bicicleta
MARCELINO AGÍS VILLAVERDE
Un anuncio televisivo do Goberno de España conciencioume da necesidade de deixar o coche na casa para non contaminar o planeta e, de paso, aforrar o combustible que o país non produce. A urbanización onde vivo dista apenas tres quilometros da cidade e acordei facer a viaxe en bicicleta acotío. Ben preparado con casco, luvas, cazadora reflectante e gafas aerodinámicas, comecei a pedalear. É curioso o distinto que se ve o mundo subido a unha bicicleta. Decátaste, por exemplo, da inexistencia dun carril axeitado e de que non hai máis remedio que empregar a cuneta.
A cuneta recolle e almacena unha manchea de cousas que hai que ir esquivando para non esnafrarse: pedras, area, tapacubos, latas, parafusos, cristais e outros desperdicios guindados alegremente dende as fiestras dos automóbiles.
Logo un comproba ata que punto as fochancas e o mal estado da estrada, que dentro dun coche son practicamente imperceptibles, poden provocar un sismo respectable subido ó sillín dunha bicicleta. Por se fose pouco, algunhas cidades gardan sorpresas para os ciclistas. Na miña puxeron un cartel de gran tamaño, antes de entrar no núcleo urbano, para anunciar que faltan cen metros para ceder o paso.O problema é que o cartel cadra á altura dun ciclista adulto cando vai sentado na bici e, se non andas ben de reflexos, podes perder a cabeza (e non falo metaforicamente).
Para algúns condutores é un estorbo que vaia pola cuneta tocando os narices, un tipo raro, un inadaptado social. Para outros é simplemente invisible. Non sei que será peor! Eu non penso desistir. Seguirei pedaleando, non só para contribuír a mellora do medio, senón para atender o consello do Goberno de España. Por iso, querido lector, se comprobas que me atraso máis da conta en acudir a este recanto que nos reúne cada xoves debes pensar o peor. Eu marcharei coa clara conciencia do deber cumprido, agardando que no Ceo polo menos conten xa co carril bici. " |
|
| Volver arriba |
|
 |
Xiana

Registrado: 03 Nov 2006 Mensajes: 180 Ubicación: Os Castros_A Coruña
   Votos: 3
|
Publicado: Vie Oct 19, 2007 2:28 am Título del mensaje: |
|
|
Hahahahahaha, moi bo. Espero que ningún ciclista perda a cabeza pola razón que comenta... De existir ceo (que, non, nenos... o ceo non existe...) non só contarían cun entramado de carril bici, senón, que non existirían vehículos a motor!!! puidendo voar todo o tempo..., pra que precisas coche!!!! _________________ Gravados Rupestres: Patrimonio da Humanidade!! |
|
| Volver arriba |
|
 |
|
|
No puede crear mensajes No puede responder temas No puede editar sus mensajes No puede borrar sus mensajes No puede votar en encuestas
|
Foro creado Gratuitamente en http://www.mundoforo.com Crea gratis tu foro en http://www.mundoforo.com
Mapa del sitio
Powered by phpBB © 2001, 2005 phpBB Group
|