|
Foro Masa Crítica Coruña

Pincha no debuxo para ir ao foro das Masas Críticas Galegas
- Compartir Foro Masa Crítica Coruña en:
|
| Ver tema anterior :: Ver siguiente tema |
| Autor |
Mensaje |
rotor Administrador

Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 101
  
|
Publicado: Dom Abr 15, 2007 10:17 am Título del mensaje: 4/5/2007 Masa Crítica "Especial Os castros" |
|
|
ola xianinha, onde andas , ollo tolo?
como vai o asunto das aavv, temos data e local?
xianinha, fala |
|
| Volver arriba |
|
 |
Xiana

Registrado: 03 Nov 2006 Mensajes: 180 Ubicación: Os Castros_A Coruña
   Votos: 3
|
Publicado: Lun Abr 16, 2007 11:55 pm Título del mensaje: |
|
|
| Tranqui Maneliño, todo marcha. Quedaron en concretarme mañá os do Castrillón. Esta semá queda resolto. Xa che informo. |
|
| Volver arriba |
|
 |
Xiana

Registrado: 03 Nov 2006 Mensajes: 180 Ubicación: Os Castros_A Coruña
   Votos: 3
|
Publicado: Mie Abr 18, 2007 1:13 pm Título del mensaje: |
|
|
Manel!!!!!!!
A AAVV de Oza-Gaiteira-Os Castros está confirmada pra o xoves 3 de maio. Reservei aula no CCM de S. Diego pra ese mesmo día de 19.30 a 21 (collín un pouco máis de marxe porque pechan ás nove menos cuarto, nestes sitios se queres quedar máis tempo hai que pagar...). Tamén cedéronnos o local da AAVV, neste caso poderiase empeza-la carreira de medios ás 20.30... non sei. Un problemilla... que non teñen cañón nin pantalla pra proxectar e no Centro Cívico tampouco (hei falar coa directora de todas formas).
A AAVV do Castrillón quedou en mandarme hoxe un correo de confirmación (co logotipo do grupo deportivo Iar e todo), o máis seguro é que me digan que si. E reservei aula no CCM do Castrillón pra o mércores 2 de maio de 19.30 a 21. Os da asociación do Castrillón tampouco teñen cañón nin pantalla, teño que preguntar no Centro Cívico se dispoñen dun... Ti dixérasme que si, non???
Senón a pedir prestado un a algunha asociación amiga..... non sei.
De todas formas, Manel, falamos hoxe á noite no Dublín. |
|
| Volver arriba |
|
 |
Xiana

Registrado: 03 Nov 2006 Mensajes: 180 Ubicación: Os Castros_A Coruña
   Votos: 3
|
Publicado: Jue Abr 26, 2007 11:21 pm Título del mensaje: |
|
|
| Manel!!! manda os carteis da Masa dos Castros ao correo yahoo para que o vexamos tod@s, porfa!! (asi mañá pode imprimir uns cantos meu pai e eu pegalos o finde pola miña zona ou pola ruta que faga). Biquiños!! Sinto estar fora de combate, pero as oposicións o requiren...... |
|
| Volver arriba |
|
 |
rotor Administrador

Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 101
  
|
Publicado: Vie Abr 27, 2007 12:33 pm Título del mensaje: os castros |
|
|
nun principio falamos de facer duas charlas en dous centros cívicos dous días seguidos....pensando un pouco, non é moi intelixente, para un mesmo barrio por moitas aavv que teñan.
Faleino con xiana e con marcial e quedou a cousa nunha única convocatoria para o día 3, xoves as 19:30 horas no cc de san diego
Eles poñen o cañon.
As persoas que vaian dar a charla, (ainda non sabemos quen vai ser... a ver eses voluntarios dos castros) terán que estar no centro unha hora antes mínimo, non se vaia a repetir o problema dos mallos
xa lle pasei os cartazes a Jesus Varela de IAR, van facer pegada todos polo barrio
Outras tantos, (70 +-) deixareinos na sede da outra asociación.
o resto os teremos de imprimir nos coma sempre. Eu farei unha pequena tirada e a vou deixar no Dublín
Eu largo a ponte, non poderei facer pegada.
vémonos na bici |
|
| Volver arriba |
|
 |
Moncho do Orzán

Registrado: 11 Ene 2007 Mensajes: 64
       
|
Publicado: Sab Abr 28, 2007 4:27 pm Título del mensaje: |
|
|
| Estiven facendo unha pegada nas paradas do 1A (dende o bárrio das flores á palloza), aproveitando que fun coa bici. Vou-lle pedir máis a Xiana. Saude! |
|
| Volver arriba |
|
 |
Marcial Administrador
Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 403 Ubicación: A Coruña
  
|
|
| Volver arriba |
|
 |
Xiana

Registrado: 03 Nov 2006 Mensajes: 180 Ubicación: Os Castros_A Coruña
   Votos: 3
|
Publicado: Mar May 01, 2007 2:24 pm Título del mensaje: |
|
|
| Entre o meu pai e máis eu estamos empapelando Os Castros, vou deixando carteis por cada lugar que paso (se os quitan... se colocan de novo!!). Vémonos o xoves, eu chegarei un pouco tarde, a iso das oito, por chapar un pouquiño máis. Está o tempo incómodo para pegar os cartaces pero esperemos que mellore a mediados da semá... |
|
| Volver arriba |
|
 |
Josiño Administrador

Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 267 Ubicación: GOLFO ARTABRO
  
|
Publicado: Mie May 02, 2007 9:16 am Título del mensaje: |
|
|
¿Onde queda o centro cívico de San Diego?
¿Quén vai dar a charla?
¿Fai falla un portátil?
.....
Falar amigos bicicleiros!Falar! Uahaha,uahahahaa.... |
|
| Volver arriba |
|
 |
alberto
Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 31
 
|
Publicado: Jue May 03, 2007 10:49 am Título del mensaje: |
|
|
| Hablé ayer con Manel y dijo que habia bastantes candidatos, por lo que no va a haber problema. Me dijo que posiblemnte Fran, Juan Bello o incluso él, pero bueno...espero no haberme olvidado de nadie. El centro cívico yo no se donde está, pero supongo que estará por donde está el gimnasio, no? Al ladito de carril bici....jejejejejej |
|
| Volver arriba |
|
 |
Josiño Administrador

Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 267 Ubicación: GOLFO ARTABRO
  
|
Publicado: Jue May 03, 2007 11:15 am Título del mensaje: |
|
|
Ok, arranxado todo entonces, agora solo fai falla que veña xente....  |
|
| Volver arriba |
|
 |
rotor Administrador

Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 101
  
|
Publicado: Vie May 04, 2007 1:04 pm Título del mensaje: do falado onte despois da charla e do que queda por falar... |
|
|
carretaxe de asistentes a carreira dos medios
clasificación:
1.masa critica : roberto, alberto, iria, jose, soninha, xiana, fran e menda
2.Xiana: Xiana mother, xiana father, xiana friend, Domingo presidente do Castrillon e unha muller da xunta directiva
3.Manel: Emilio, o meu veciño, e Isa do BNG
4.Marta, á única asistente que veu por motu propio
5. ideal galego, unha periodista, non me lembro do nome, chupou toda a charla e publicou hoxe unha pequena reportaxe
que onan nos asista...temos que facer un cambio de estratexia.
Eu penso, despois de falar co gran ausente do foro (Juan Bello) e de intercambio de opinións despois de charla que a carreira esta realmente ben e sería unha magoa deixala de extender pola cidade e que debemos seguir facendo as masas especiais barrios.
Penso que presentación da carreira terá que tomar outra dirección, pois tal como o estamos a facer agora, lévanos moito esforzo e chega a pouca xente de fora do noso entorno.
Teñen que ser as asociación de veciños as que convoquen os seus socios, que fagan os cartazes, que busquen o local, o cañon...ou poderiamos presentar a carreira as directivas aproveitando unha reunión ou asambleia deles...
Por outra banda, Marta (ou Mar, non me lembro) acercouse despois da charla e preguntou se seriamos quen de dala nun instituto.
Emilio, veciño meu e ciclousuario estacional, é mestre na Compañia e fixo a mesma proposta xa fai tempo. Temos que falar se queremos e estamos dispostos
Soninha solicitou que Masa Critica asinara unha decraración como colectivo...tamen o temos que falar ainda que me temo que non imos chegara tempo |
|
| Volver arriba |
|
 |
Marcial Administrador
Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 403 Ubicación: A Coruña
  
|
Publicado: Vie May 04, 2007 1:55 pm Título del mensaje: |
|
|
1- Gracias polo informe Manel.
2- Creo que dar a charla-coloquio non nos supón un esforzo escesivo, ademáis nos vale para vernos, falar tamén entre nós e madurar as nosas ideas sobre mobilidade. Ademáis nos turnarmos para dirixir a charla e asistir segundo as nosas ocupacións (que non é necesario que sempre vaiamos tod*s).
O que sí resulta un esforzo é a promoción mediante carteis e panfletos da conferencia e a masa de cada mes. Hai que facelos, fotocopialos e distribuilos. Isto é o que temos que ver se é necesario, e quizais poidamos ver a súa efectividade na masa de hoxe (porque normalmente no tema de conferencias ou charlas é máis complicado que a xente acuda porque hai a algúns que tan só escoitar a palabra coloquio ou charla éntranlle salpullidos por todo o corpo, debe ser unha alerxia da civilización actual ).
Eu creo que sí nos axuda a ter presenza e a ser coñecidos, o que pasa e que ser coñecidos non significa que esa xente que nos coñece de o paso para acudir ás charlas ou masas. Polo tanto, eu creo que sempre dan unha publicidade extra, o que falaremos é se compensa co esforzo que supón.
Pode ser que carteis e panfletos xenéricos sen datas concretas supoñen un menor esforzo para facelos e distribuilos, pero perden a forza do inmediato.
3- Por outra banda deberiamos intentar socializar cada vez máis á xente do segundo e terceiro círculo, explícome. O primeiro círculo somos os que acudimos e participamos de todo o que podemos (conferencias, ceas, masas, ...), o segundo son os que acuden regularmente ás masas pero non participan de máis e o terceiro os que poden chegar a acudir nalgún momento a unha masa pero o fan de xeito moi esporádico.
Digamos que se conseguimos que tod*s *s que acuden ás masas (sexan habituais ou non) promocionen o noso movemento dentro do seu entorno (familia, amig*s, coñecid*s, círculos que frecuentan, ...) teriamos moito gañado. Quizais podemos facer unha tirada de panfletos xenéricos e repartir 20 ou 30 a cada persoa, así entramos en contacto con cada un e lle damos a opción de participar dun xeito máis activo.
4- O das charlas en colexios e institutos eu voto a favor.
5- E o de Sonia, eu tamén voto a favor de que se inclúa, pero aceptaría reflexións ou outras opinións ao respecto. Eu pensaba acudir á manifa do domingo se as forzas me acompañan (porque levo unha semana ocupadiña). |
|
| Volver arriba |
|
 |
Moncho do Orzán

Registrado: 11 Ene 2007 Mensajes: 64
       
|
Publicado: Vie May 04, 2007 3:39 pm Título del mensaje: |
|
|
Non está mal a proposta de Marcial de facer cartaces xenéricos, inda que penso que no deseño debe quedar ben claro que se trata de bicicletas. Non todo o mundo asocia Masa Crítica a concentración mensual de ciclousuários que se reunen para tal e cual... Conste que digo isto sen menosprezar o traballo de quen os fixo, só comento con afán de mellorar.
Por outra banda, ao respeito de nos engadir como Masa Crítica á manifa do domingo cómpre ter en conta que a Masa é un colectivo moi amplo e aberto e pode ser que haxa quen non goste de apoiá-la. Eu estou encantado de engadirmo-nos (de feito vou ir a Compos), mais lembrade que a Masa naceu para reivindicar algo moi concreto e coa vontade de aglutinar a máxima xente posíbel nese "algo" tan concreto. Digo isto porque xa se me pasou algunha vez propoñer a participación da masa noutras reivindicacións e penso que non procede.
Buf... hoxe saiu-me a vena "crítica" hehehehe
Vemo-nos na bici hoxe!!!
Saude!
O Moncho. |
|
| Volver arriba |
|
 |
Xiana

Registrado: 03 Nov 2006 Mensajes: 180 Ubicación: Os Castros_A Coruña
   Votos: 3
|
Publicado: Sab May 05, 2007 11:44 am Título del mensaje: Re: do falado onte despois da charla e do que queda por fala |
|
|
| manel escribió: | carretaxe de asistentes a carreira dos medios
clasificación:
1.masa critica : roberto, alberto, iria, jose, soninha, xiana, fran e menda
2.Xiana: Xiana mother, xiana father, xiana friend, Domingo presidente do Castrillon e unha muller da xunta directiva
3.Manel: Emilio, o meu veciño, e Isa do BNG
4.Marta, á única asistente que veu por motu propio
5. ideal galego, unha periodista, non me lembro do nome, chupou toda a charla e publicou hoxe unha pequena reportaxe |
Hehehe. Rafa (my friend) é ciclousuario da Masa, asi que o podes incluir tamén na lista. Tamén asistiu Juan Varela, do Clube deportivo Iar-AAVV Castrillón. Noraboa a tod@s!! por todo, pero especialmente porque miña nai case está convencida de aprender a andar na bici...
Comentou Manel despois da Carreira de Medios de da-la charla aos directivos das asociacións. Eu penso que é o millor. Son os que van (ou non, porque houbo baleiro presencial da AAVV de Oza-Gaiteira-Os Castros, non sei que lle pasou a Margarita...) e eles teñen posibilidades de difundir a nosa presenza polos barrios, na cidade (sempre que se impliquen, claro). Igual as charlas é millor dalas cando nolo pidan (institutos, colexios, ...). Ainda que a forma que chama máis a atención é a propia Masa nos barrios. É fundamental repartir panfletos nas Masas, estou con Marcial en que cada un de nós fagamos (que xa o facemos) unha labor difusora... a fin de contas os panfletos son coma "conferencias escritas".
Polo da manifa do domingo, se non somos asociación é millor deixalo como está.
Estou de acordo con Moncho de que os cartaces teñen que chamar máis a atención, hai que pensar n'algo... (Que están de pinga os carteis, que conste!!!!). Podianse anuncia-las Masas Mensuais, as normais, igualmente (claro que desgasta pegar cartaces tódolos meses...), pero con tal de repartirse e cubri-las zonas proximas ás casas, traballos, ... Penso que hai que recalcar que ir na Masa é seguro... a xente vai o día da bici porque cortan o tráfico, porque é un domingo e, porque regalan cousas... hai que luitar contra iso... nós imos en piña e non temos problemas co tráfico, os venres é un bo día para andar na bici tamén (tódolos días, calquera día) e nós, regalamos cousas inmateriais que valen máis que as outras, ademáis de ser unha festa...
Pero que sepades que hai boicot contra a Masa. Cartaces que colocaba en paradas de bus determinadas... desaparecían ao momento, vou pasar ás pintadas... (ups, isto non o podo dicir en úblico, non?? hehehe), xa verei.
Foiseme a pinza, ademáis teño que seguir chapando... aaaahh |
|
| Volver arriba |
|
 |
|
|
No puede crear mensajes No puede responder temas No puede editar sus mensajes No puede borrar sus mensajes No puede votar en encuestas
|
Foro creado Gratuitamente en http://www.mundoforo.com Crea gratis tu foro en http://www.mundoforo.com
Mapa del sitio
Powered by phpBB © 2001, 2005 phpBB Group
|