Índice de Masa Crítica Coruña Foro Masa Crítica Coruña



Pincha no debuxo para ir ao foro das Masas Críticas Galegas
  • Compartir Foro Masa Crítica Coruña en:



 
 F.A.Q.F.A.Q.   BuscarBuscar   Lista de MiembrosLista de Miembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RegístreseRegístrese 
 PerfilPerfil   Conéctese para revisar sus mensajesConéctese para revisar sus mensajes   ConectarseConectarse 


4ª MARCHA CICLONUDISTA MUNDIAL
Ir a página Anterior  1, 2, 3, 4, 5, 6  Siguiente
 
Publicar Nuevo Tema   Responder al Tema    Índice de Masa Crítica Coruña -> Convocatorias Extraordinarias
Ver tema anterior :: Ver siguiente tema  
Autor Mensaje
Marcial
Administrador


Registrado: 10 Oct 2006
Mensajes: 403
Ubicación: A Coruña
Reputación: 20.8Reputación: 20.8

MensajePublicado: Lun Jun 04, 2007 5:33 pm    Título del mensaje: Responder citando

Subín o pdf das cos datos legais, onde se explica que ir espido por calquera sitio público está permitido e é un dereito que ampara a constitución española, tamén indica cal é a millor forma de comportarse no caso de atopar algún problema. Baixádeo os que teñades algunha dúbida ao respecto, son 2 páxinas en apaisado.

Legalidade sobre o nudismo (pdf)

Onte proxectamos o documental "El espejo de Irwin", que narra as experiencias de Irwin, que decidiu pasear desnudo polas rúas de Barcelona durante varios meses. Moi interesante e esclarecedor do que supón a idea de librevestimenta. Dicir que atopou moitos menos inconvintes ou problemas dos previstos e sí moita xente que lle daba ánimos. A reacción da maioría da xente nestos casos e rirse, e poucos eran os casos dalgún insulto de lonxe coma "guarro", "vístete" ou lindezas do estilo.

Sorprende positivamente a sinseleza e humildade de Irwin, así como a súa limpeza á hora de expoñer o que pensa. Calquera argumento en contra da súa liberdade a poder ir espido polas rúas cae polo seu propio peso.

Despois do documental fíxose unha charla-coloquio sobre o tema e o que afecta á marcha ciclonudista deste sábado.
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado   Visitar sitio web del autor
Marcial
Administrador


Registrado: 10 Oct 2006
Mensajes: 403
Ubicación: A Coruña
Reputación: 20.8Reputación: 20.8

MensajePublicado: Lun Jun 04, 2007 6:31 pm    Título del mensaje: Responder citando

Por certo, Rafa e Xiana, xa investigastes o tema das pinturas para o corpo? Informade se xa sabedes qué pinturas son boas, onde mercalas e a qué prezo.

Os máis tímidos poden ir con todo o corpo pintado, coa cara pintada, o incluso se prefiren cunha careta. E os que non o sexan tanto poden ir sen pintar ou con algún detalle colorista, frase ou debuxiño que apeteza pintarse. En calqueira caso, todo o mundo con crema protectora de porcentaxe moi alto, porque estamos comezando o verán e a pel ainda non está a ton como para arriscar queimaduras.

Outro consello. Pódese poñer unha toalla pequena enriba do sillín (simplemente por riba ou atada dalgún xeito para maior seguridade) se preferides ir cun asento un pouco máis acolchado.
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado   Visitar sitio web del autor
Xiana



Registrado: 03 Nov 2006
Mensajes: 180
Ubicación: Os Castros_A Coruña
Reputación: 19.7Reputación: 19.7
Votos: 3

MensajePublicado: Lun Jun 04, 2007 6:59 pm    Título del mensaje: Responder citando

Pois a verdade é que temos varias referenzas pero aínda non miramos. Non sei se Rafa mirará hoxe na tenda de arte que hai na es quina da rúa dos Olmos e do xeneral Mola. Mañá a ver se miramos unha tenda de Sutega que hai na ronda de Nelle. En canto saibamos algo xa volo comentamos.
A proxección na Sala do Trinke ben, non?? xa me comentou Rafa un pouquiño. Xa me contará máis mañá que quedamos pra chapar.
Vou aproveitar hoxe (día de descanso, que o fide non descansei nada) pra subir os vídeos das 12h. Supoño que me aclararei.
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado  
Josiño
Administrador


Registrado: 10 Oct 2006
Mensajes: 267
Ubicación: GOLFO ARTABRO
Reputación: 17.8Reputación: 17.8

MensajePublicado: Lun Jun 04, 2007 8:57 pm    Título del mensaje: Responder citando

Cita:
Xa hai moitos sitos en internet onde se recolle a convocatoria, irei poñendo todos os que atope por aquí:


Blog da biblioteca da Escola de Arquitectura da Coruña

Razz Razz
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado [ Oculto ] Visitar sitio web del autor
bruji8688



Registrado: 17 Oct 2006
Mensajes: 54
Ubicación: Ourense
Reputación: 13.5

MensajePublicado: Mar Jun 05, 2007 9:49 am    Título del mensaje: Responder citando

manel escribió:
bruji, chus, a estas alturas de la película nos encataría saber si vamos a contar con vuestras nalgas el día 9
venga ese bronceado oriental....

Mis nalgas siempre están dispuestas...¡¡por una buena causa!!; Chus acaba de salir de una baja por afonía ( la enfermedad del profesor ) y no creo que se quiera arriesgar, supongo que por lo menos se animará a la fiestuki en As lapas; por mi parte ¡¡¡ YA ESTOY DESEANDO QUE LLEGUE EL DÌA 9 !!! ,¡¡ CONTAD CONMIGO!!!
Por cierto Manel, ¿hay algún plan B por si Lorenzo no brilla lo suficiente y no se puede cocinar con él? ,¿ llevamos bocatas por si acaso?

P.d: ¿ para pintar sobre la piel sirven los pintalabios normales ( de color oscuro )?
_________________
Chus y Luis - desde Ourense
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado  
Zorzamoth



Registrado: 19 Ene 2007
Mensajes: 13

Reputación: 6.2Reputación: 6.2Reputación: 6.2Reputación: 6.2Reputación: 6.2Reputación: 6.2
Votos: 1

MensajePublicado: Mar Jun 05, 2007 3:39 pm    Título del mensaje: Responder citando

Eu aínda non mirei nada, a ver se hoxe boto un vistazo en Sutega ou na tenda que dixo Xiana. Supoño que o pintalabios podería valer, non son experto no tema pero imaxino que están feitos para aguantar nos beizos aínda que bebas auga e demáis, así que por lóxica deberían aguantar na pel aínda que sudes un pouco.

Outra idea que nos deron foron as pinturas Jovi de pintar co dedo, se son para pintar co dedo imaxino que non serán tóxicas, eso si: xa non sei como quedarían á mitade do percorrido. E penso que outros tipos de maquillaxe como o de perfilar as pestañas ou cousas así tamén poderían servir. Tamén me falaron duns rotuladores non tóxicos que serven para pintar o corpo, a ver se busco esa marca...

Todo depende realmente do que quieras facer, se só é pintar unhas letras non hai moito problema, se queres cubrir todo o corpo ou zonas amplias de pel, entón xa vas necesitar algo un pouco máis rebuscado.
_________________

¿Me das un abrazo?
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado  
Josiño
Administrador


Registrado: 10 Oct 2006
Mensajes: 267
Ubicación: GOLFO ARTABRO
Reputación: 17.8Reputación: 17.8

MensajePublicado: Mar Jun 05, 2007 6:25 pm    Título del mensaje: Responder citando

Avisaronme de que o enderezo da web que aparece no cartel dos meniños está mal (www.ciclonudismo.net) e que é unha páxina ianki con moitos banners, o enderezo correcto é http://ciclonudista.net. toothy4
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado [ Oculto ] Visitar sitio web del autor
Marcial
Administrador


Registrado: 10 Oct 2006
Mensajes: 403
Ubicación: A Coruña
Reputación: 20.8Reputación: 20.8

MensajePublicado: Mar Jun 05, 2007 7:13 pm    Título del mensaje: Responder citando

Vaia Manel, despistámonos desta. A verdade é que nin me fixei, e debería porque sempre está ben repasar as cousas para evitar este tipo de erros. En finsss, tanto cartel, tanto correo electrónico, tanta publicación en páxinas, ... e todo sacando tempiño de onde pouco hai pois é normal algún erro.

Disculpas a tod*s *s que tiveron que soportar en pel propia banners e publicidades empalagosas. Procuraremos no futuro ser un pouco máis coidadosos.
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado   Visitar sitio web del autor
rotor
Administrador


Registrado: 10 Oct 2006
Mensajes: 101

Reputación: 15.1Reputación: 15.1

MensajePublicado: Mar Jun 05, 2007 9:23 pm    Título del mensaje: Responder citando

uiii, Embarassed
ben, penso que os internautas somos rápidos nestos casos, seguro que non quedou ninjen sen buscar no google ciclonudista ou ciclonudismo
o importante e a convocatoria, e penso que esta máis que aireada

perdón
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado  
Zorzamoth



Registrado: 19 Ene 2007
Mensajes: 13

Reputación: 6.2Reputación: 6.2Reputación: 6.2Reputación: 6.2Reputación: 6.2Reputación: 6.2
Votos: 1

MensajePublicado: Mar Jun 05, 2007 10:26 pm    Título del mensaje: Responder citando

Bueno, xa mirei nas tendas comentadas. En Sutega o que teñen son unas barras de maquillaxe Jovi bastante ben de precio, algo menos de 5 euros, e varias cores (nesta web é o artigo nº 176: http://www.jovi.es/catalogo_detalle.asp?familia=4&producto=1&articulo=1&all=). En principio parecen ser para pintar a cara, pero no corpo deberían aguantar ben mesmo cun pouco de sudor. Dixéronme que non son de esas de carnaval que son difíciles de sacar, aínda que non estou moi seguro.

Tamén tiñan uns rotuladores non tóxicos para pintar na pel, pero esos xa non mirei o precio, se vos interesa miro outro día, viñan en tres ou catro cores e a verdade eu mesmo xa estaba máis interesado polas barras de Jovi.

E por último na tenda de enfrente do Marfil o que tiñan eran tamén unhas barras semellantes ás anteriores pero dunha marca alemana, parecían de mellor calidade pero o precio xa andaba rondando os 10 euros...

E iso foi a miña pequena investigación... eu persoalmente creo que me decantarei polas do enlace, tamén me fixo gracia que lles comentei ás dependentas das dúas tendas que as pinturas eran para a ciclonudista, e mentres que na da rúa Olmos miráronme con cara de "este está tolo", as de Sutega sorriron, e dixeron: "si, xa nos enteramos de iso!", así que alí as mercarei por simpáticas Wink

E por último, un par de suxerencias para @s que queiran disimular as partes pudendas mediante pintura Laughing

Para eles:


Para elas:

_________________

¿Me das un abrazo?
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado  
mendalerenda



Registrado: 04 Jun 2007
Mensajes: 4

Reputación: 1.7

MensajePublicado: Jue Jun 07, 2007 9:48 am    Título del mensaje: alternativa a las pinturas Responder citando

Holas a tod*s ... hay una alternativa a las pinturas para el sábado... que es embarrarse ... aunque puede ser un poco más incomodo, y se borra con el sudor etc etc ... desde luego es más ecologico y "natural", lo digo pensando en el bañito final.. ... se puede comprar arcilla para el cuerpo en cualquier herboristeria o sitios que te vendan rollos de cosmética.
Por sierto Manelocho... como va la organización de la comida solar ¿necesitas ayuda? ¿conseguiste algún tipo de financiación para la papada? aquí andamos para lo que sexa.
_________________
Maru
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado [ Oculto ]
Marcial
Administrador


Registrado: 10 Oct 2006
Mensajes: 403
Ubicación: A Coruña
Reputación: 20.8Reputación: 20.8

MensajePublicado: Jue Jun 07, 2007 10:01 am    Título del mensaje: Responder citando

Graciñas polos consellos Rafa e Maru!!!

Xa queda pouco para a ciclonudista do sábado. Seguimos recibindo ánimos, máis xente que acudirá o sábado, xente que está ao tanto, .... Parece que o ambiente crece conforme se acerca a fin de semana.

Fixemos un comunicado para enviar aos medios de comunicación hoxe, para que o publiquen mañá os que así o crean convinte.

É o momento de refrescar a memoria de toda a xente á que estivestes avisando durante estes días. Tamén podedes enviar información a todos os medios de comunicación que controledes, radio, tv, periódicos, internet, ... Utilizade como base este comunicado, e engadide o que consideredes oportuno segundo á/s persoa/s á/s que vaia dirixido.

Animade tamén a amig*s e familiares a acudir á praia das Lapas a recibirnos como nos merecemos e unirse á xente que xa estará alí esperándonos. Comeremos alí e pasaremos unha tardiña de praia como fin do evento. É probable que esté algo nubrado, polo que pese a que haxa boa temperatura as cociñas solares nas que pensabamos cociñar algunha cousa non poidan estar operativas, por iso sería bo que cada un levase algo da casa para comer ou compartir co resto.

Comeza a conta atrás!!!

Vémonos sábado

Marcial


---


Manifestación Ciclonudista en Coruña. Sábado 9 de xuño

Cando imos en bici, pola calzada, ocupando o centro do carril e a unha velocidade de 15 km hora, estamos exercendo o noso direito de liberdade de mobilidade. O que ven detrás e solta improperios ou utiliza a bucina pedindo que o deixes pasar é unha persoa non informada. Non sabe que ti tes direito a ir polo medio do carril á velocidade que ti queiras mentres non excedas os 50 km hora. É probable que tampouco saiba que a velocidade media na cidade é de 20 km hora. E o que seguro que non sabe é que se che adianta sen deixar 1,5 m pode perder 3 puntos no carné de conducir. Simplemente está a faltarche ao respecto. Respira e pedalea.

Cando imos á praia e ficamos espidos, poucos saben que estamos exercendo o noso direito a liberdade de indumentaria. O que ven ameazante dicindo que vai chamar ás autoridades é unha persoa non informada. Non sabe que ir espido é libre en calquera espazo público e non requere de autorización. Simplemente esta a faltarche ao respecto. Respira e disfruta do sol.

O día 9 de xuño imos coincidir un grupo de homes e mulleres coa finalidade de reclamar dous dos nosos dereitos, so relacionados entre si, porque son vulnerados diariamente por xente non informada.

Estamos nun momento importante na vida política local ao iniciar unha nova lexislatura con catro anos por diante. Pór as bases para que os direitos dunha persoa ou grupo de persoas sexan respectados, ten que ser unha das máximas de calquera político democrático, e non se pode, ano tras ano, agocharse tras a escusa de que hai outras cousas máis importantes que facer.

Direito a libre mobilidade e a libre indumentaria, doado de cumprir.

A marcha ciclonudista é un evento que se celebra o mesmo día en diferentes partes do mundo, entre elas varias cidades do Estado Español.

Marcha Ciclonudista en Coruña. Sábado 9 de xuño. Saída ás 12h da Praza de María Pita, logo dun festivo percorrido pola cidade finalizará na praia das Lapas.

Percorrido: Praza de María Pita, Rego de auga, Fama, Avenida da mariña, Rúa nova, San Andrés, Praza de Pontevedra, Juan Flórez, Betanzos, Praza de Lugo, Ferrol, Marcial de Adalid, Emilia Pardo Bazán, Fontán, Praza de Galicia, Rosalía de Castro, Francisco Mariño, Cordonería, Panadeiras, Praza de España, Millán Astray, Baltasar Pardal, Campo da Estrada, Hospital, Paseo Marítimo, Regata Cutty Shark, Paseo dos menhires, Avenida de Navarra, Paseo , Praia das Lapas.

Mapa do percorrido:

http://www.bikely.com/maps/bike-path/Ciclonudista-A-Coru-a

Nota: Segundo as circunstancias, o percorrido poderá modificarse lixeiramente durante a marcha.

Máis información en:

http://ciclonudista.net
http://bicis.info
http://masacriticacoru.mundoforo.com

Información sobre o nudismo:

http://www.box.net/shared/zadvl1nu32 (legalidade sobre o nudismo)
http://ene-naturismo.org
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado   Visitar sitio web del autor
Marcial
Administrador


Registrado: 10 Oct 2006
Mensajes: 403
Ubicación: A Coruña
Reputación: 20.8Reputación: 20.8

MensajePublicado: Vie Jun 08, 2007 9:52 am    Título del mensaje: Responder citando

Hoxe saimos en La Opinión e no Que!

Una marcha ciclonudista recorrerá el centro de la ciudad mañana - La Opinión

I Marcha Ciclonudista (ollo! está en pdf, páxina 23) - Que!

Podedes ver a lista completa de medios nos que saimos AQUÍ
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado   Visitar sitio web del autor
rotor
Administrador


Registrado: 10 Oct 2006
Mensajes: 101

Reputación: 15.1Reputación: 15.1

MensajePublicado: Vie Jun 08, 2007 7:40 pm    Título del mensaje: Responder citando

os que vaiades a levar comida tipo festa campeira, que saibades que imos quedar as 10:30 no aparcadoiro da torre, na zona máis perto da baixada a praia para montar as duas carpas e unhas mesas, nunca sobra xente.

podedes pasar a deixar a comida ou os bocatas antes de ir a maría pita

xa compramos as bebidas

eu vou facer un couscous na casa
maru unha giga ensalada
marcial e mónica tamén levarán algo
cada quen o que lle pete e poda

Animamos a todos aqueles que xa sabedes que non ides ir a marcha que vos pasedes polas lapas a partir das 11:30 e axudar no que faia falta...

os que teñades dúbidas, vinde a maría pita, xa teredes tempo de marchar nalgún cruce...por suposto en dirección as Lapas.
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado  
Xiana



Registrado: 03 Nov 2006
Mensajes: 180
Ubicación: Os Castros_A Coruña
Reputación: 19.7Reputación: 19.7
Votos: 3

MensajePublicado: Vie Jun 08, 2007 10:03 pm    Título del mensaje: Responder citando

Ei!! como fagha este tempo ou pior eu vou co neopreno, aviso... eu paso de pasar frío e de coller unha pulmonía... que teño que tar sana para chapar as opos... Acábame de chamar Mónica, asi que se vai frío e néboa acompáñovos un pouco na marcha e logo tiro á praia das Lapas a axudarla.
Non creo que os que temos que chapar quedemos moito tempo na praia, pero despois de estudar un pouco á tardiña podemos retoma-la festa. Vémonos mañá sobre rodas...
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado  
Mostrar mensajes anteriores:   
Publicar Nuevo Tema   Responder al Tema    Índice de Masa Crítica Coruña -> Convocatorias Extraordinarias Todas las horas están en GMT + 2 Horas
Ir a página Anterior  1, 2, 3, 4, 5, 6  Siguiente
Página 4 de 6

 
Saltar a:  
No puede crear mensajes
No puede responder temas
No puede editar sus mensajes
No puede borrar sus mensajes
No puede votar en encuestas
Foro creado Gratuitamente en http://www.mundoforo.com
Crea gratis tu foro en http://www.mundoforo.com

Mapa del sitio



Powered by phpBB © 2001, 2005 phpBB Group
 

MundoForo.com - Perteneciente a MundoGratis.com

 
Programas Gratis Subir Imagenes - Fotolog Crear Blog Personal
 
Chistes Juegos Gratis Manuales Gratis