Índice de Masa Crítica Coruña Foro Masa Crítica Coruña



Pincha no debuxo para ir ao foro das Masas Críticas Galegas
  • Compartir Foro Masa Crítica Coruña en:



 
 F.A.Q.F.A.Q.   BuscarBuscar   Lista de MiembrosLista de Miembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RegístreseRegístrese 
 PerfilPerfil   Conéctese para revisar sus mensajesConéctese para revisar sus mensajes   ConectarseConectarse 


4ª MARCHA CICLONUDISTA MUNDIAL
Ir a página Anterior  1, 2, 3, 4, 5, 6  Siguiente
 
Publicar Nuevo Tema   Responder al Tema    Índice de Masa Crítica Coruña -> Convocatorias Extraordinarias
Ver tema anterior :: Ver siguiente tema  
Autor Mensaje
Johnny



Registrado: 16 May 2007
Mensajes: 6
Ubicación: A Coruña
Reputación: 2.4Reputación: 2.4

MensajePublicado: Mar May 29, 2007 6:22 pm    Título del mensaje: Responder citando

Hola. Pienso participar en la ciclonudista, y el recorrido me parece bien, aunque no entiendo porque no empezamos ya en pelotas en María Pita. Dicho eso, tendrá mucho impacto hacerlo en el Obelísco con todo el mundo de compras el sábado.

Creo que acabar por el paseo marítimo está bien, salvo la parte del recorrido donde el tranvía comparte la calzada que es algo peligroso si somos muchos.

El domingo (por cierto, es junio y no mayo) intentaré ir a la película, así nos conocemos.

Me gusta mucho el "manifiesto"

No sé si habréis visto este documental sobre el primer WNBR en Londres, es en inglés pero si lo entiendes está muy bien. En cuatro partes, aquí:

http://www.youtube.com/profile?user=highaltitudefilms

Saludos
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado  
Zorzamoth



Registrado: 19 Ene 2007
Mensajes: 13

Reputación: 6.2Reputación: 6.2Reputación: 6.2Reputación: 6.2Reputación: 6.2Reputación: 6.2
Votos: 1

MensajePublicado: Mar May 29, 2007 9:49 pm    Título del mensaje: Responder citando

Bueno, pois eu voume apuntar como ciclonudista, pero teño curiosidade por saber como vai ir a xente... quero dicir, eu penso que de ir, pois mellor ir ó grande, quedar en gorra, calceltíns, calzado e para de contar... pero tampouco quero chegar alí e ser depois o único que queda en cirrolas Embarassed

A min tamén me parece mellor o percorrido polo paseo xa que é máis suave en pendentes que indo por Monte Alto, aínda que tamén ten o inconveniente de que en principio se nos vai ver menos... pero bueno, sendo sábado igual hai bastante xente a pasear por ahí, quen nos vexa non o vai olvidar fácilmente, e seguro que os medios fan eco do asunto tamén Razz

A verdade paréceme unha iniciativa interesante cando menos, persoalmente sempre tiven curiosidade de ir a unha praia nudista ou algo (non por ver a xente en pelotas, que para iso xa está internet, senón pola sensación de liberdade que ten que ser bañarte no mar ó natural) e non tiven ocasión. Non as tiña todas conmigo ó principio (e aínda ando pensando que en menudos fregados me meto, de feito), pero cada día que pasa voume animando máis Very Happy
_________________

¿Me das un abrazo?
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado  
Marcial
Administrador


Registrado: 10 Oct 2006
Mensajes: 403
Ubicación: A Coruña
Reputación: 20.8Reputación: 20.8

MensajePublicado: Mie May 30, 2007 10:03 am    Título del mensaje: Responder citando

O número de participantes crece exponencialmente jejeje. Estupendo!

zorzamoth escribió:
pero tampouco quero chegar alí e ser depois o único que queda en cirrolas Embarassed


Non te preocupes que seremos moit*s *s que decidamos libremente ir sen roupa, e pola expectación que se está creando pode que sexamos un número de xente moi aceptable.
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado   Visitar sitio web del autor
Marcial
Administrador


Registrado: 10 Oct 2006
Mensajes: 403
Ubicación: A Coruña
Reputación: 20.8Reputación: 20.8

MensajePublicado: Mie May 30, 2007 1:42 pm    Título del mensaje: Ciclonudista e a súa repercusión Responder citando

Xa hai moitos sitos en internet onde se recolle a convocatoria, irei poñendo todos os que atope por aquí:

Marcha Ciclonudista Mundial - A.D.C. Bomberos A Coruña (foro)

Evento: 'IV Marcha Ciclonudista Mundial na Coruña' - Adega

Marcha Ciclonudista Mundial (tamén en Galiza) - Altermundo.org

Manifestación Ciclonudista - Baixacultura

Sábado, 9 Xuño 2007 Marcha ciclonudista en A Coruña - bicis.info

Humanizar as cidades - Blogueteca da Betsa

O 9 de xuño, en bólas, en bici e na Coruña - chuza.org

Convocatorias da Ciclonudista no estado español - ciclonudista.net

Dez cidades do Estado acollerán a marcha ciclonudista convocada na Rede - Código Cero

Marcha Ciclonudista Mundial, tamen na Coruña - Cultur@ctiva

La marcha ciclonudista hará un recorrido desde María Pita hasta la playa de As Lapas - El Ideal Gallego

Marcha Ciclonudista Mundial (tamén en Coruña) - Galiza Indymedia

4ª Manifestación Ciclonudista Mundial. Desnud@s ante o tráfico - Galiza Indymedia

Una marcha ciclonudista recorrerá el centro de la ciudad mañana - La Opinión

Ciclonudista A Coruña - La vida naturista (foro)

Convocan una marcha ciclista y nudista entre María Pita y las Lapas para el sábado día 9 - La Voz de Galicia

Este sábado, saca a bíci....e a roupa - MariBolheras Precárias

Marcha Ciclonudista na Coruña - O Engranaxe

Marcha Ciclonudista Mundial (tamén en Galiza) - o mundo de birnarem

Marcha Ciclonudista Mundial (tamén en Galiza) - Open Vieiros

Marcha ciclonudista A Coruña - 9 de junio - Padel Xtrem

I Marcha Ciclonudista (ollo! está en pdf, páxina 23) - Que!

4ª Manifestación Ciclonudista Mundial - Unión Libertaria


Ultima edición por Marcial el Sab Jun 09, 2007 8:26 am; editado 17 veces
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado   Visitar sitio web del autor
branda
Invitado






MensajePublicado: Mie May 30, 2007 2:15 pm    Título del mensaje: Responder citando

Ola. Diversa xente dos grupos de ación que pululan polo centro social Atreu (Monte Alto) estivemos estes dias falando de ir á ciclonudista. Con todo, tendo en conta as datas, estábamos pensando en ir con elementos alusivos ás mobilizacións do G8 en Rostock (Alemaña). A bote pronto pensábamos en levar unha pancarta (complicado nas bicis, ata onde se nos alcanza..) e/ou cartaces nos portabultos, así como escritas no corpo (tipo 'Stop G8', 'Block G8', 'Free detainees', na língua que a cadaquén máis lle preste..) e se cadra uns pasamontañas arco-iris que dan un xogo moi visual (e, de paso, axudan a animar-se a persoas que podan ter problemas, mesmo laborais, por ser fotografad*s na mani...).
Comento-o porque a nosa intención non é para nada ir desta guisa sen que ao conxunto da xente lle pareza ben. Sirva este post para comenta-lo, de xeito que se non se ve procedente, deixámo-lo Smile
Parabéns pola iniciativa Very Happy
Volver arriba
Marcial
Administrador


Registrado: 10 Oct 2006
Mensajes: 403
Ubicación: A Coruña
Reputación: 20.8Reputación: 20.8

MensajePublicado: Mie May 30, 2007 4:23 pm    Título del mensaje: Responder citando

Ola,

Non gostamos de dar normas de cómo a xente debería ir ou non a convocatorias que nazan da xente da masa crítica. Sempre son convocatorias abertas, nas que tod*s somos partícipes. Ademáis procuramos abarcar ao maior número de xente posible, pensando antes no que nos une que no que nos separa. Nembargante tampouco gostamos de que se desvirtue ou confunda a intención de cada convocatoria.

A convocatoria da ciclonudista é algo moi significativo dentro da cidade. É unha reivindicación polo uso da bici como medio de transporte sen as agresións e os perigos que supoñen o tráfico motorizado e ao mesmo tempo exercer un dereito a ir sen ningún tipo de roupa en calquera espazo público. Poden considerarse a reivindicación dun dereito (neste caso dous) e algo atemporal.

Por iso considero que meter no saco outro tipo de reivindicacións sería confundir, levaría a informacións parciais do evento, asociar o evento a unha ou outra postura política e non a un dereito, ...

Por outro lado hai que ter en conta que ainda que exercemos un dereito e estamos amparados pola lei en todos os sentidos, é posible que a nosa presenza sexa incómoda para moit*s, polo que calquera tipo de acción a maiores pode ser utilizada como excusa para incomodarnos.

E finalmente dicir que é unha celebración festiva. Trataremos de que sexa unha marcha divertida, con bo humor, bromas, risas, cánticos, ... É necesario facer entender á xente que non queremos enfrontarnos a niguén, que non queremos impoñer nada, senón que non nos impoñan a nós, que non estamos para discutir senón para respetar, ... Por iso unha "protesta" contra o "G8" cambiaría radicalmente este espírito.

Polo tanto, estaremos encantados de que participedes no evento, esta marcha tamén é vosa. Pero preferimos que non se engadan máis reivindicacións ao evento, porque xa nos parecen suficientes.

Por outra banda, nas ciclonudistas de todo o mundo hai moita xente que vai pintada, con diferentes cores, lemas, ... Simplemente lebrade o sentido da marcha e o espírito que se quere levar nela.

Graciñas pola atención.

P.D. Moit*s de nós estariamos tamén interesados en participar noutras reivindicacións en contra do "G8", da criminalización dos movementos sociais en Alemaña a consecuencia da celebración da reunión deste ano do G8 alí, ... Polo que avisade se pensades celebrar algún acto ao respecto máis concreto.
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado   Visitar sitio web del autor
Xiana



Registrado: 03 Nov 2006
Mensajes: 180
Ubicación: Os Castros_A Coruña
Reputación: 19.7Reputación: 19.7
Votos: 3

MensajePublicado: Mie May 30, 2007 4:58 pm    Título del mensaje: Responder citando

Aí, aí, ... moi ben Rafita, hehehehe. Xa apuntei ao meu pai na lista (non é que o obrigue, he, vai el por motu propio).
Eu aínda non sei. Agora estou un pouquiño máis liberada de chape, a ver. De ir prefiro a ruta do paseo porque é máis suave, con pouca pendiente e igual a esas horas da o solete. E a verdade é que xa se podería ir espid@s desde María Pita (como xa comentou un forero).
Eu prácticas nudistas non preciso que xa teño experiencia desde pequena. Pero con todo preferiría ir pintada, por iso de ir polo medio da cidade.
Sabe bastante xente o da marcha ciclonudista... haberá que face-las Masas en pelotas??? hehehe. Parece que terían máis éxito...
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado  
MANEL
Invitado






MensajePublicado: Mie May 30, 2007 9:59 pm    Título del mensaje: Responder citando

pois penso coma marcial, sobre todo no tocante as pancartas.
Pero como sabedes, un dos pilares da convocatoria do sábado 9 é a exixir respeto a liberdade de indumentaria. Para min esto tamen implica, dalgunha maneira, a liberdade de expresión.

Eu penso que si vos estades de acordo cos motivos da nosa convocatoria, cousa que dou por segura, xa que o faladechedes en Atreu, tendes que vir, e se nos vosos corpos queredes pintar frases ou consignas en contra do g8, en vez de a favor da liberdade de indumentaria, da liberdade de movemento e da humanización dos nosos espazos, coido que ningún de nos podería decir nada, so risco de entrar en contradición.

dito esto, espero máis opinions dos maseiros, é anívomos a vir si non tedes programado convocar unha movilización o mesmo día contra o g8.
Supoño que o que pasa e que estamos a solapar, no mesmo día, duas reivindicacións moi interesantes pero de distinta índole, celebración por un lado e protesta por outro.

que pasaria se convocades pola tarde e pasamos da celebración a protesta todos os que queiramos...primeiro nos pintamos para a festa e despois de comer co sol poñemos as pinturas de guerra.. e unha idea, pero non sei se sera un pouco cansada...un día completo, un día comansy.
Volver arriba
Johnny



Registrado: 16 May 2007
Mensajes: 6
Ubicación: A Coruña
Reputación: 2.4Reputación: 2.4

MensajePublicado: Vie Jun 01, 2007 9:12 am    Título del mensaje: Responder citando

Ya salimos en La Voz:

http://www.lavozdegalicia.es/ed_corunia/noticia.jsp?CAT=127&TEXTO=5858085
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado  
Marcial
Administrador


Registrado: 10 Oct 2006
Mensajes: 403
Ubicación: A Coruña
Reputación: 20.8Reputación: 20.8

MensajePublicado: Vie Jun 01, 2007 9:20 am    Título del mensaje: Responder citando

Estupendo! Está funcionando a máquina publicitaria jejeje. Gracias Johnny, ide avisando de todos os sitios onde pouco a pouco aparecemos.


Máquina Publicitaria: Dícese dun aparato modernísimo e complexo formado por moitos chips, válvulas, mecanismos ultramoleculares e luceciñas utilizada para comer a cabeza aos periodistas para que publiquen e difundan o futuro do mundo a pouco tempo: irá en bici ata o pato lucas e os seres humanos terán a capacidade de pensar por sí mesmos sen necesidade da televisión.
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado   Visitar sitio web del autor
Josiño
Administrador


Registrado: 10 Oct 2006
Mensajes: 267
Ubicación: GOLFO ARTABRO
Reputación: 17.8Reputación: 17.8

MensajePublicado: Dom Jun 03, 2007 9:27 pm    Título del mensaje: Responder citando

En Amsterdam Spencer Tunick ya empezó con la movida ciclonudista este domingo:




Noticia en El Pais
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado [ Oculto ] Visitar sitio web del autor
rotor
Administrador


Registrado: 10 Oct 2006
Mensajes: 101

Reputación: 15.1Reputación: 15.1

MensajePublicado: Lun Jun 04, 2007 12:03 am    Título del mensaje: comer Responder citando

pois spencer vai palidecer cando lle enviemos as fotiños do dia 9
asunto comida solar:
o caso e que temos que pensar como financiamos a compra da comida para o día 9
existe a posibilidade de falar con algunha tenda ecolóxica ou cooperativa de consumo responsable e facer un pedido, e a cambio de publicidade, parte do pedido o poñerian eles...
se coñecedes a alguen que traballe nesto non estaria de máis falarlle do asunto antes do xoves, que será cando saberemos con máis craridade que día imos ter o sábado
en calqueira caso teríamos que poñer cartos ou organizarnos pra levar cada un parte da comida, que esencialmente vai consistir en pisto, couscous e pan de donner ou tosta mexicana (esta ben, e polo asado)
supoño que deberiamos de saber cantos da masa imos ir e dividir os gastos entre todos.
Este menu pode ser barato e dase de comer a moita xente...
Shocked dixen moita xente si, estades a leer ben
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado  
Sergio
Invitado






MensajePublicado: Lun Jun 04, 2007 10:50 am    Título del mensaje: cuestións legais para o sábado Responder citando

Ola compas! Seguindo na liña de difundir e asesorar sobre a legalidade en torno ao nudismo e a libre indumentaria, e tralo pase do documental “El espejo de Irwin” onte mesmo, deixo aquí unha suxerencia para o mesmo día da marcha.

Dado o descoñecemento xeral sobre estas cuestións, en Mª Pita repartiremos ás persoas asistentes un tríptico informativo sobre a liberdade do nudismo en espacios públicos (e sen necesidade de autorización). Suxiro aproveitar eses intres previos á saída da marcha para informar da actitude a ter en caso de que xurdan problemas coa xente en xeral ou coa policía en particular. As actitudes máis axeitadas para o propio discurrir pacífico e exitoso da marcha, penso que serían actitudes dialogantes e non agresivas, de xeito que se poda entablar un diálogo no que teñamos a oportunidade de explicar e informar dos nosos dereitos como ciclousuari*s e como persoas espidas.

Un punto fundamental desa posta en común previa sería o do único delito que si nos poderían achacar, en caso de darse as dúas seguintes situacións de xeito simultáneo (non é aplicable por separado). Trátase do delito de “exhibicionismo e provocación sexual”, que sería aplicable se houbese menores ou discapacitad*s mentais presentes, e ao mesmo tempo, que houbese intención sexual (ben de provocar a terceir*s ou de excitarnos nós mesm*s). Por iso, vexo moi importante advertir deste punto a tod*s *s asistentes para evitar caer en bromas e provocacións fáciles, que poidan darlles pé ás autoridades a incriminarnos dalgún xeito. Sigo á vosa disposición.

Nesta “semana de reflexión” tócanos captar o voto indeciso, a por el*s e a facer piña o sábado!
Volver arriba
bruji8688



Registrado: 17 Oct 2006
Mensajes: 54
Ubicación: Ourense
Reputación: 13.5

MensajePublicado: Lun Jun 04, 2007 11:14 am    Título del mensaje: Playas nudistas Responder citando

Aprovechando la coyuntura os mando un enlace con información sobre las playas nudistas de Galicia y el resto de la península.

http://naturistas.iespana.es/naturistas/galicia/

SALUDOS
_________________
Chus y Luis - desde Ourense
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado  
rotor
Administrador


Registrado: 10 Oct 2006
Mensajes: 101

Reputación: 15.1Reputación: 15.1

MensajePublicado: Lun Jun 04, 2007 5:25 pm    Título del mensaje: Responder citando

bruji, chus, a estas alturas de la película nos encataría saber si vamos a contar con vuestras nalgas el día 9
venga ese bronceado oriental....
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado  
Mostrar mensajes anteriores:   
Publicar Nuevo Tema   Responder al Tema    Índice de Masa Crítica Coruña -> Convocatorias Extraordinarias Todas las horas están en GMT + 2 Horas
Ir a página Anterior  1, 2, 3, 4, 5, 6  Siguiente
Página 3 de 6

 
Saltar a:  
No puede crear mensajes
No puede responder temas
No puede editar sus mensajes
No puede borrar sus mensajes
No puede votar en encuestas
Foro creado Gratuitamente en http://www.mundoforo.com
Crea gratis tu foro en http://www.mundoforo.com

Mapa del sitio



Powered by phpBB © 2001, 2005 phpBB Group
 

MundoForo.com - Perteneciente a MundoGratis.com

 
Programas Gratis Subir Imagenes - Fotolog Crear Blog Personal
 
Chistes Juegos Gratis Manuales Gratis