Índice de Masa Crítica Coruña Foro Masa Crítica Coruña



Pincha no debuxo para ir ao foro das Masas Críticas Galegas
  • Compartir Foro Masa Crítica Coruña en:



 
 F.A.Q.F.A.Q.   BuscarBuscar   Lista de MiembrosLista de Miembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RegístreseRegístrese 
 PerfilPerfil   Conéctese para revisar sus mensajesConéctese para revisar sus mensajes   ConectarseConectarse 


4ª MARCHA CICLONUDISTA MUNDIAL
Ir a página Anterior  1, 2, 3, 4, 5, 6  Siguiente
 
Publicar Nuevo Tema   Responder al Tema    Índice de Masa Crítica Coruña -> Convocatorias Extraordinarias
Ver tema anterior :: Ver siguiente tema  
Autor Mensaje
Marcial
Administrador


Registrado: 10 Oct 2006
Mensajes: 403
Ubicación: A Coruña
Reputación: 20.8Reputación: 20.8

MensajePublicado: Lun May 21, 2007 4:29 pm    Título del mensaje: Responder citando

Por supuesto, publica. Ao igual que a masa crítica (e se cabe neste caso todavía máis), esta marcha ciclonudista é unha marcha de tod*s, e canto máis implicación haxa por parte de todo o mundo millor sairá o evento.

Creo que esta marcha será un hito dentro da mentalidade da nosa cidade, un paso adiante, e se conseguimos unha afluencia o máis masiva posible, ese paso será se cabe todavía máis grande. Por iso pido a tod*s *s interesad*s que publiciten o evento, animen a amig*s e coñecid*s a acudir, quiten complexos e recalquen o importante da cita.

Fagamos de Coruña unha cidade millor, máis tolerante e con bicis por todas partes.
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado   Visitar sitio web del autor
luisete 104



Registrado: 27 Nov 2006
Mensajes: 70

Reputación: 12.2

MensajePublicado: Lun May 21, 2007 9:19 pm    Título del mensaje: Responder citando

as meigas tamén van á ciclonudista


_________________
o home 104
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado  
rotor
Administrador


Registrado: 10 Oct 2006
Mensajes: 101

Reputación: 15.1Reputación: 15.1

MensajePublicado: Mie May 23, 2007 10:27 am    Título del mensaje: Responder citando

falei con Luis, a presoa que presentou 3000 firmas pra solicitar unha praia nudista na cidade. Xa estaba enterado da convocatoria e vai facer o posible para que vaia moita xente a ciclonudista ou, no seu defecto, a praia das Lapas, para "arropar" os ciclonudistas e facer un baño reivindicativo.

por outra banda, existe a posibilidade de facer unha comida solar ese día na mesma praia, pero para eso fan falta voluntarios, minimo seis persoas, que instalen e cociñen a partires das 11 da maña.
Temos tempo para organizar esto ben.
O triste é que o inedito no foro, PrettyJohn, non vai poder vir nin a ciclonudista nin a cociñar, magoa, as primeiras comunions fan estragos, e a min gustariame moito ir a ciclonudista.

A poibilidade pasa por quedar as 10:30 nas lapas, montar as cociñas, facer un rápido curso, e largar a maria pita a pedalear...mentres queda xente cociñando. Supoño que madrugando, Pretty poderia vir ata as 11. De todas formas, poderiame sacrificar, xa o falamos.
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado  
monica



Registrado: 11 Nov 2006
Mensajes: 12

Reputación: 11.6

MensajePublicado: Mie May 23, 2007 7:04 pm    Título del mensaje: comida solar Responder citando

Eu non vou ir a ciclonudista así que me apunto voluntaria para cociñar ese dia en caso de que se faga a comida. Agora ben, nunca utilicei unha cociña desas
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado  
bruji8688



Registrado: 17 Oct 2006
Mensajes: 54
Ubicación: Ourense
Reputación: 13.5

MensajePublicado: Jue May 24, 2007 10:45 am    Título del mensaje: Responder citando

As meigas de 1895 tamen...


_________________
Chus y Luis - desde Ourense
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado  
bruji8688



Registrado: 17 Oct 2006
Mensajes: 54
Ubicación: Ourense
Reputación: 13.5

MensajePublicado: Jue May 24, 2007 10:58 am    Título del mensaje: Responder citando

Ya puestos, un par más de mis queridos posters antiguos:






_________________
Chus y Luis - desde Ourense
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado  
Marcial
Administrador


Registrado: 10 Oct 2006
Mensajes: 403
Ubicación: A Coruña
Reputación: 20.8Reputación: 20.8

MensajePublicado: Jue May 24, 2007 6:08 pm    Título del mensaje: Responder citando

Oks, Mónica, apúntote como cociñeira, agora haberá que decidir se es cociñeira xefa, arguiñana ou pinche Laughing

http://www.editgrid.com/user/masacriticacoru/4_manifa_ciclonudista
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado   Visitar sitio web del autor
monica



Registrado: 11 Nov 2006
Mensajes: 12

Reputación: 11.6

MensajePublicado: Jue May 24, 2007 6:45 pm    Título del mensaje: Responder citando

Agora so faltan cinco voluntarios máis. Non vexo moita colaboración, como siga esto así me parece que imos ter que encargar unha pizzas. Onde están os "maseiros" que sempre se apuntan a todo?
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado  
Marcial
Administrador


Registrado: 10 Oct 2006
Mensajes: 403
Ubicación: A Coruña
Reputación: 20.8Reputación: 20.8

MensajePublicado: Jue May 24, 2007 7:23 pm    Título del mensaje: Responder citando

Á xente é moi timidiña jejeje, pero seguro que o día 9 de xuño están todos e todas ahí para o que se necesite. Ademáis a participación real que nos chega non se corresponde cos que estamos apuntados, e iso o sabemos Manel, Bruji e eu que estamos difundindo a saco e creo que moit*s máis están facendo o mesmo.

Ademáis concretaremos con máis xente na masa do día 1. Ou sexa que haberá xente, seguro.
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado   Visitar sitio web del autor
rotor
Administrador


Registrado: 10 Oct 2006
Mensajes: 101

Reputación: 15.1Reputación: 15.1

MensajePublicado: Jue May 24, 2007 11:00 pm    Título del mensaje: Responder citando

pizza imos comer, pero feitas por nos, ricas, ricas, ricas
Nos fornos coas masas precociñadas tarda 35 ou 40 minutos poñendo o forno o sol unha hora antes para que colla 140 grados.
Nas cociñas cocinase igual que nun fogón pero levando gafas de sol e crema protectora.
Temos que pensar un menú mais ou menos doado

Propoño:
Donner Solar
Facemos pisto a esgalla nas cociñas y nos fornos co pan dos tacos mexicanos, rico rico rico

Para os carnivoros de greenpeace podemos preparar polo en rollo (Pretty John xa nos diá o tempo) ou alas de polo, zorza (o forno sae bastante boa)

CousCous ou arroz

Pizzas variadas

Pimentos de padrón




se queredes información sobre as cociñas solares na páxina ospicosdosol.org hai en ligazóns enlaces a solar cooking
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado  
sonia



Registrado: 06 Nov 2006
Mensajes: 58

Reputación: 12.8

MensajePublicado: Vie May 25, 2007 9:14 am    Título del mensaje: Responder citando

os carnivoros tamén podemos comer verde de cando en vez que non nos fai dano¡¡¡¡¡¡ bueno, igual a Anxo si.
_________________
SONIA
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado  
Marcial
Administrador


Registrado: 10 Oct 2006
Mensajes: 403
Ubicación: A Coruña
Reputación: 20.8Reputación: 20.8

MensajePublicado: Vie May 25, 2007 12:26 pm    Título del mensaje: Responder citando

Aquí vai un texto que elaborei mesturando o de ciclonudista.net coa convocatoria propia. É mellorable e modificádeo como queirades, pero é unha aproximación do que se pode utilizar para promocionar o evento por correos, webs, ...

Para poñelo en correos e webs, máis que copiar este texto (html adaptado a de foros) copiade e pegade o que teño na miña bita (html máis compatible con publicación web e correos), porque así os pilla os enlaces correctamente e non coma simple texto: Marcha Ciclonudista Mundial (tamén en Galiza).

Chamamento Mundial. Sábado 9 de xuño. Espidos ante o tráfico, xustiza nas rúas.

Xustiza nas rúas, isto é o que demandamos con firme convicción e moi en serio, pero á vez con simpatía, pasando un bo momento. Os coches imponnos a súa lei: velocidade, prepotencia, malos fumes e violencia. Por iso ao desprazarnos en bicicleta cada día pola cidade convertemos a nosa mobilidade nun acto de desobediencia cotián. Se ademais, manifestámonos en bicicleta e espidos convertemos a desobediencia nunha protesta exemplar.

Denunciamos que as nosas rúas foron secuestradas polo coche privado que colapsa as cidades dexenerándoas en lugares hostís e perigosos. O coche mata e a súa impunidade escandalízanos. Demasiados intereses de multinacionais belicistas do petróleo e do automóbil están en xogo se cuestionamos isto.

Propomos un modelo de cidade onde as persoas recuperen o seu espazo, onde se reduzan as necesidades de desprazamento e se aposte polo peón (que somos todos) e polos medios de transporte menos contaminantes e máis eficaces.

Por que en bicicleta? A bicicleta é un medio de transporte urbano solvente, saudable, ecolóxico e divertido. É unha icona, un símbolo de liberdade e un instrumento práctico de transformación social. Non paga tributos, non gasta petróleo, non colabora co desenvolvismo destrutor nin coa guerra global.

Por que espidas? Porque nos sentimos espidos ante o tráfico pola falta de respecto dos condutores e a desidia dos gobernantes. Coa desnudez facemos visible a fraxilidade das nosas carrocerías (o noso propio corpo). Ademais, amosamos o noso corpo con naturalidade, rompendo o pudor, desmontando tabús respecto do noso físico impostos pola moda e a avaricia da industria transnacional téxtil. En definitiva, enfrontámonos ao tráfico urbano co corpo espido sobre a bicicleta como a mellor forma de defender a nosa dignidade e de vivir a loita social.

Cidades do estado español nas que se celebra o evento: Zaragoza, Madrid, Barcelona, Iruña, Huesca, A Coruña, Alacant, Murcia, Valladolid, Valencia.

Visita a nosa web: http://ciclonudista.net

Marcha Ciclonudista en Galiza (Sábado 9 de xuño ás 12h na Coruña, desde a praza de María Pita ata a praia das Lapas)

En Galiza tamén queremos participar desta chamada mundial. Porque na nosa cidade todavía hai moita intolerancia e prepotencia. O coche e esa posición de poder que proporciona é intolerante e prepotente, como o é a xente que quere limitar o noso dereito a ir vestidos como nos pete, ou a ir non vestidos. Por iso e moito máis propoñemos un percorrido festivo e alegre polas rúas da cidade, un paseo de tolerancia e integridade.

O percorrido comezará en na Praza María Pita de Coruña, iremos vestidos e, nun punto do percorrido, fora a roupa e arriba as bicis! Smile Faremos un percorrido pola cidade para rematar na praia das Lapas, onde nos espera unha festa de recibimento e probablemente algo de picar. Iso sí, un baño nas augas do Atlántico despois da bici non virá nada mal.

Queremos contar co maior número posible xente, polo que se alguén dubida se atreverse, acudide igualmente. O apoio virá moi ben, e cada un que faga no momento o que lle pida o corpo. Tamén podedes acudir con perrucas, caretas, pintad*s, … Marcade ese día nos vosos calendarios, porque é un día irrepetible e para recordar.

A convocatoria nace coa intención de ser unha ciclonudista galega, polo que queremos facer partícipes a todas as persoas doutras partes, a que se animen a pasar un sábado divertido e estimulante na cidade da Coruña. Avisade a todos os vosos contactos, a tod*s *s vos*s coñecid*s, amig*s ou familiares (sexan daquí ou doutros lugares), seguro que agradecerán coñecer esta convocatoria.

Máis información sobre o espírito da marcha, dúbidas e preguntas en: http://ciclonudista.net

A preparación poderedes seguila aquí: Foro de masa crítica (apartado da ciclonudista)

O material dispoñible é:

- Cartaz 1
- Cartaz 2
- Panfleto diante
- Panfleto detrás

Vémonos o sábado 9 de xuño ás 12h en Coruña, na Praza María Pita!
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado   Visitar sitio web del autor
Fran



Registrado: 24 Ene 2007
Mensajes: 19

Reputación: 8.8Reputación: 8.8Reputación: 8.8Reputación: 8.8Reputación: 8.8Reputación: 8.8Reputación: 8.8Reputación: 8.8

MensajePublicado: Lun May 28, 2007 2:44 pm    Título del mensaje: MEDIOS DE COMUNICACION Responder citando

Sin hacer ninguna promoción eln los medios, parece ser que ya hay medios de comunicación interesados en el evento, concretamente la TVG. Espero que la posibilidad de salir en la tele no eche a la gente para atrás a la hora de salir con la bici "en pelotas".
No se si quereis hacer un recorrido en concreto o lo que vaya surgiendo, y tampoco se en que punto del recorrido nos sacaremos la ropa. Se admiten sugerencias
_________________
participante da Masa Critica A Coruña
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado  
rotor
Administrador


Registrado: 10 Oct 2006
Mensajes: 101

Reputación: 15.1Reputación: 15.1

MensajePublicado: Lun May 28, 2007 10:06 pm    Título del mensaje: Responder citando

propongo despelotarse en el obelisco y tirar por rua nueva y san andres.
La plaza de pontevedra esta cerrada, podia ser un buen sitio...
yo no me moveria mucho del centro, san andres, cantones, puerta real, rua nueva...
para llegar a las lapas, dos posibilidades: o vamos por el paseo marítimo o tiramos por orillamar o finalmente por el medio de montealto hasta la ronda de monta alto y desde allí pillar el paseo y las lapas
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado  
Marcial
Administrador


Registrado: 10 Oct 2006
Mensajes: 403
Ubicación: A Coruña
Reputación: 20.8Reputación: 20.8

MensajePublicado: Mar May 29, 2007 1:01 am    Título del mensaje: Responder citando

Eu o que suxiro é que nos demos unhas voltas pola cidade, que unha vez liberados é unha mágoa non disfrutar do evento. Propoño meterse algo por Juan Flórez e Federico Tapia ou Juan Flórez e Praza de Portugal antes de tirar hacia As Lapas. No resto do percorrido dubido algo máis, non sei se me apetece máis tirar por monte alto ou polo paseo. Se fai bo día pode que haxa xente pola praia e o paseo marítimo, ainda iríamos polo lado contrario.

Por outra banda, eu propoño o sábado ir a Barrañán a quen lle apeteza a pasalo ben, facer unhas primeiras probas (para a xente menos afeita ao de ir espido) e repartir panfletos.

E hai unha segunda convocatoria. O domingo 3 de maio ás 18:30h, faremos unha proxección dun documental inédito “El espejo de Irwin” (50 min.), que recolle as vivencias dun home camiñando espido polas rúas de Barcelona un destes pasados veráns. As olladas da xente, os risos, as complicidades, os malestares, as reaccións da policía… Todo iso tendo como fío conductor unha sinxela e clara argumentación a favor do dereito persoal á libre indumentaria.

Tralo documental, poderanse resolver algunhas dúbidas suscitadas polo mesmo ou que xa xurdisen á hora de pensar se sumarse ou non á marcha ciclonudista. Tan só un pequeño adianto: o nudismo deixou de poder ser perseguido legalmente coa desaparición da figura de “escándalo público” en 1989. Así que a libre indumentaria, e por tanto o nudismo, é libre en calquera espacio público e non require de autorización algunha.

Lugar: Sala do Trinke (Rúa San Rosendo, 10, ao lado do Bar "El Cubilete", zona Estación de trens).

Estades tod*s invitados a vir.
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado   Visitar sitio web del autor
Mostrar mensajes anteriores:   
Publicar Nuevo Tema   Responder al Tema    Índice de Masa Crítica Coruña -> Convocatorias Extraordinarias Todas las horas están en GMT + 2 Horas
Ir a página Anterior  1, 2, 3, 4, 5, 6  Siguiente
Página 2 de 6

 
Saltar a:  
No puede crear mensajes
No puede responder temas
No puede editar sus mensajes
No puede borrar sus mensajes
No puede votar en encuestas
Foro creado Gratuitamente en http://www.mundoforo.com
Crea gratis tu foro en http://www.mundoforo.com

Mapa del sitio



Powered by phpBB © 2001, 2005 phpBB Group
 

MundoForo.com - Perteneciente a MundoGratis.com

 
Programas Gratis Subir Imagenes - Fotolog Crear Blog Personal
 
Chistes Juegos Gratis Manuales Gratis