Índice de Masa Crítica Coruña Foro Masa Crítica Coruña



Pincha no debuxo para ir ao foro das Masas Críticas Galegas
  • Compartir Foro Masa Crítica Coruña en:



 
 F.A.Q.F.A.Q.   BuscarBuscar   Lista de MiembrosLista de Miembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RegístreseRegístrese 
 PerfilPerfil   Conéctese para revisar sus mensajesConéctese para revisar sus mensajes   ConectarseConectarse 


22/abril día da Terra:Gran manifestación polo litoral galego

 
Publicar Nuevo Tema   Responder al Tema    Índice de Masa Crítica Coruña -> Convocatorias doutros grupos sociais
Ver tema anterior :: Ver siguiente tema  
Autor Mensaje
Pakinho



Registrado: 15 Nov 2006
Mensajes: 10

Reputación: 11.4

MensajePublicado: Sab Mar 24, 2007 11:51 am    Título del mensaje: 22/abril día da Terra:Gran manifestación polo litoral galego Responder citando

Hola a tod@s

O próximo día 22 de abril é o día da Terra. Con ocasión desta conmemoración, un amplisimo grupo de colectivos culturais, ecoloxistas, veciñais e diversas plataformas e coordenadoras, moitas delas integradas na Rede Litoral Vivo ( http://www.verdegaia.org/redelitoralvivo/), están a organizar unha gran manifestación en Santiago de Compostela.

O que pretendemos para o día 22 e dar un berro colectivo dende os movementos sociais contra a destrución do noso litoral e por outro modelo de desenvolvemento do mesmo. O protagonismo ten que ser principalmente dos colectivos afectados directamente, e na súa localidade, por esta destrución e co apoio dos afectados "colaterais" que podemos ser os grupos ecoloxistas e a cidadanía en xeral (non partidos políticos).

O que si é imprescindíbel e mantermos unha xuntanza presencial de todos os colectivos interesados para definir:

1. Lema da convocatoria
2. Manifesto
3. Cartelería: deseño, nº de exemplares a imprimir e custos
4. Faixa de cabeceira (se a queremos)
5. Permisos
6. Custo económico e prorateo entre participantes.


Xa esta confirmada a xuntanza o día 31 de marzo ás 12 na Galería Sargadelos de Compostela, Rúa Nova 16.

Esta xuntanza non é exclusiva da Rede Litoral Vivo senón abertas a tódolos colectivos que queiran asisitir. Asistide e divulgade o máximo posíbel a convocatoria.

Paco González

Coordinador do grupo local de Greenpeace na Coruña.
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado  
Xiana



Registrado: 03 Nov 2006
Mensajes: 180
Ubicación: Os Castros_A Coruña
Reputación: 19.7Reputación: 19.7
Votos: 3

MensajePublicado: Sab Mar 24, 2007 2:39 pm    Título del mensaje: Responder citando

Paco, a mani é ás doce??
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado  
sonia



Registrado: 06 Nov 2006
Mensajes: 58

Reputación: 12.8

MensajePublicado: Vie Abr 13, 2007 9:06 pm    Título del mensaje: cambio de dia Responder citando

Mobilización contra o deterioro do territorio o 6 de maio en Compostela PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 04 de Abril do 2007
Despois dunha xuntanza celebrada en Compostela, Greenpeace,a Plataforma veciñal contra a piscifactoria de Baroña,Plataforma Quilmas, Amigos da Terra, Verdegaia, FEG, Fusquenlla, Salvemos Monteferro, Luita Verde, Ortigueira Sostible, Foro Social de Cangas, Comisiao reunificasao GZ-Portugal, Plataforma Ártabra 21, Sociedade Galega de Historia Natural, Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol, Plataforma contra o Viaducto e a Variante de Outes y la Plataforma para a Conservación e Rexeneración do Litoral de Bueu. acordamos por unanimidade chamar á cidadanía a unha manifestación que sirva para amosar a nosa repulsa pola degradación do territorio. Coincidíuse na necesidade de celebrar este acto reivindicativo e de denuncia dada o estado de deterioración na se atopa o territorio galego, tanto o litoral como o interior. Se o primeiro está ameazado pola construción e as piscifactorias, non o está menos o interior, que sufre a espoliación do Courel e da Terra Cha. Sen esquecer a deterioración dos cascos históricos, a destrución do patrimonio arquitectónico, a desaparición dos espazos públicos e zonas verdes, e a edificación masiva que aporta especulación e depredación da paisaxe.

Existe unha grande sensibilidade social sobre as consecuencias irreversibeis que acarrea o descontrol das actuacións urbanísticas e a impunidade dos empresarios e alcaldes que os apoian. Temos agora a posibilidade de poñer freo á cementación de Galiza, de salvagardar o noso patrimonio natural, que é o mesmo que dicir o noso futuro.
_________________
SONIA
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado  
sonia



Registrado: 06 Nov 2006
Mensajes: 58

Reputación: 12.8

MensajePublicado: Sab Abr 14, 2007 7:09 pm    Título del mensaje: manifestación Responder citando

Por senon queda claro, a manifestación da que fala Paco e a miña é a mesma so que se cambiou o día.
_________________
SONIA
Volver arriba
Ver perfil del usuario Enviar mensaje privado  
Mostrar mensajes anteriores:   
Publicar Nuevo Tema   Responder al Tema    Índice de Masa Crítica Coruña -> Convocatorias doutros grupos sociais Todas las horas están en GMT + 2 Horas
Página 1 de 1

 
Saltar a:  
No puede crear mensajes
No puede responder temas
No puede editar sus mensajes
No puede borrar sus mensajes
No puede votar en encuestas
Foro creado Gratuitamente en http://www.mundoforo.com
Crea gratis tu foro en http://www.mundoforo.com

Mapa del sitio



Powered by phpBB © 2001, 2005 phpBB Group
 

MundoForo.com - Perteneciente a MundoGratis.com

 
Programas Gratis Subir Imagenes - Fotolog Crear Blog Personal
 
Chistes Juegos Gratis Manuales Gratis