sonia
Registrado: 06 Nov 2006 Mensajes: 58
 
|
Publicado: Dom Ago 05, 2007 7:59 pm Título del mensaje: 17 de AGOSTO, NOITE DE ENCANTOS |
|
|
17 de AGOSTO, NOITE DE ENCANTOS
Conta a lenda, e dí a experiencia, que, quen anda denoite polas plaias de Corme, ten a sensación de que alguén, cerca de el, o sigue. Pero xusto cando te das a volta, non hai ninguén, sólo a sensación, outra vez, de que volve a estar a tua espalda. As xentes de Corme que esto sabemos, xa non nos asusta, nin, moito menos, nos quita , nas noites cálidas do vran, de darnos un paseo mentras escoitamos o rumor continuo do mar, estricandose na area. Conta a lenda e dinos a experiencia, que quen nos sigue nestas noites pola plaia, son os Encantos. Habitan os Encantos, no mais profundo da terra, e vagan polas plaias en busca de algún neno, pra, se está sólo, levarlle o sentido, e roubarlle o corpo. Son as furnas, que tanto abundan por estas terras do mar, a porta pola que os Encantos, salen do mundo das tebras e acceden o noso mundo mortal. Conta a lenda e dí a experiencia, que os Encantos, son moi, pero que moi altos, e andan a grandes pasos. Nunca morren.
A Furna do Osmo de Corme, é, a porta principal, por donde os Encantos todos do mundo salen. A Furna do Osmo é, o sitio donde desde hai dez anos, as xentes de Corme fanlle a homenaxe e estes Encantos que hasta hoxe, sempre respetaron, os que aquí, neste embigho do fin do mundo viven, e morren. Ten a furna, as condicións pras representacións tanto teatrales coma musicales, que pra si quixera o Coliseo Romano, ou o Teatro de Mérida. É a Furna, un entorno e un espacio completamente natural, donde a man da humanidade ainda non tocou, sólo o Océano nas fortes turbonadas invernales, é o constructor de este sitio único no mundo. Por aquí pasaron, na historia de esta Noite de Encantos na Furna do Osmo, músicos como Emilio Cao e a sua arpa mimetizandose con ese murmullo do mar, As Gharotas, cando non facían concertos do seu rap da riveira, Tonhito de Poi, abraiandose do sitio, que el moitas veces distinguira desde o mar no que navegaba, cando atracaba no peirao de Corme, Konfilkto, Felix Arias, Elephan Band con Xoel Deluxe ainda neno, Festicultores, e tantos outros dos que ahora, mentras esto escribo non me lembro. Pido perdón os que non están, pero creo que se darán por satisfeitos sólo pola oportunidade que tuveron unha noite, de tocar neste sitio máxico. Darlle a todos eles as gracias, xa que todos eles, e seguindo a filosofía con que foi creado este espectáculo, viñeron de balde, sólo polo gusto de tocar nesta Furna protectora, coma útero materno. Estades todos invitados a asistir a esta explosión dos sentidos, vendo a Furna do Osmo iluminada por mil velas, mentras nos oidos, a música do mar e dos grupos, nos vai levando cara ese mundo sobrenatural no que os nosos Encantos habitan.
http://susolista.blogspot.com/ _________________ SONIA |
|