|
Foro Masa Crítica Coruña

Pincha no debuxo para ir ao foro das Masas Críticas Galegas
- Compartir Foro Masa Crítica Coruña en:
|
| Ver tema anterior :: Ver siguiente tema |
| Autor |
Mensaje |
Marcial Administrador
Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 403 Ubicación: A Coruña
  
|
Publicado: Jue Nov 16, 2006 1:53 pm Título del mensaje: 01/12/2006 Masa Crítica |
|
|
Ainda non empezou o frío (ou está empezando agora mesmo) e xa temos enriba a última masa antes de Navidades. O venres 1 ás 20h saimos de novo da Praza de María Pita. O percorrido espermos que o teñamos o antes posible e poida poñelo tanto en texto coas rúas coma no mapa coma a última masa, así o chapades tod*s de memoria máis fácilmente e calquera pode ir tirando do grupo jejeje.
Para *s nov*s ou non moi habituais comecei un post de normas ou recomendacións a seguir durante o percorrido, sería moi bo que as teñades en conta, porque iso axudará en moito, porque lembrade, ¡¡¡ a masa somos tod*s !!! |
|
| Volver arriba |
|
 |
Marcial Administrador
Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 403 Ubicación: A Coruña
  
|
Publicado: Vie Nov 24, 2006 8:12 pm Título del mensaje: |
|
|
| ¿Alguén ten preparado xa o percorrido? Sería bo sacalo canto antes, xa entramos na semana da Masa. |
|
| Volver arriba |
|
 |
Marcial Administrador
Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 403 Ubicación: A Coruña
  
|
Publicado: Mar Nov 28, 2006 11:29 am Título del mensaje: |
|
|
Hola de novo,
Como sabedes pola lista de correo, a Masa Crítica de Zaragoza está sufrindo un malintencionado hostigamento pola policía, parece ser que o governador civil de Zaragoza ten moito que ver no asunto.
Non é fácil traballar polo uso da bici como medio de transporte, porque moitas veces atópaste coa indiferencia, rechazo, oposición, falta de implicación, ... e na Masa de Zaragoza teñen que sufrir tamén este tipo de acoso policial propiciado por uns cargos que se creen que a rúa é deles e que non permitirán nada que lles moleste ou estorbe, porque para iso teñen a súa disposición os medios intimidatorios (ou represivos as veces) das forzas da orde.
Por iso propoño facer unha pequena pancarta, ou levar follas impresas con algún lema tipo "A Masa Crítica da Coruña está con Zaragoza", "Non ao acoso policial á Masa Crítica de Zaragoza" ou similares, e facernos unhas fotos ao prinicipio ou ao final do percorrido para mandalas para alá e sintan que non están sós e que hai moita xente detrás que os apoian. |
|
| Volver arriba |
|
 |
xonia Invitado
|
Publicado: Mar Nov 28, 2006 1:25 pm Título del mensaje: |
|
|
| primeiro decir que desta vez ides voltar a contar coa miña sempre encantadora presencia sempre e cando non se perdan as boas costumes e depois tomemos as cerveciñas, e segundo que me parece moi boa idea o da pancarta e as fotos así apoiar un pouquiño a eses maños, terceiro, ¿como pode sorprender aínda que sexamos a Masa Crítica máis numerosa?, ¡¡¡SOMOS OS MELLORES ISTO E EVIDENTE¡¡¡ |
|
| Volver arriba |
|
 |
Marcial Administrador
Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 403 Ubicación: A Coruña
  
|
Publicado: Mar Nov 28, 2006 2:41 pm Título del mensaje: |
|
|
Praza de María Pita (Comezo do percorrido), Rego de Auga, Fama, Avenida da Marina, Rúa Nova, San Andrés, Praza de Pontevedra, Juan Flórez, San Pedro de Mezonzo, Alcalde Puga, Catro Camiños, Fernández Latorre, Ramón y Cajal, General Sanjurjo, Enrique Hervada, Castiñeiras, Emilia Pardo Bazán, Notariado, Praza de Galiza, Rosalía de Castro, Betanzos, Fonseca, Durán Loriga, Huertas, Estrecha de San Andrés, Estreita de San Andrés, Marqués de Pontejos, Pío XII, San Agustín, Praza de San Martín, Praza de María Pita (Fin de percorrido)
Mapa: http://www.bikely.com/maps/bike-path/Masa-Cr-tica-Coru-a-01-12-2006
Lembrade que para facer un percorrido virtual debedes pulsar o botón "Star Tour" e logo avanzar co símbolo ">" (Next Point). Cantos máis saibamos o percorrido millor, así non hai que estar esperando a niguén para que nos diga por onde ir  |
|
| Volver arriba |
|
 |
Pedro Invitado
|
Publicado: Mie Nov 29, 2006 1:01 am Título del mensaje: Masa novembro |
|
|
| ¡Veña, que xa falta pouquiño! Que non falte ninguén, a ver se acompaña o tempo, somos poderosos. Saúde e saúdos. |
|
| Volver arriba |
|
 |
Xiana

Registrado: 03 Nov 2006 Mensajes: 180 Ubicación: Os Castros_A Coruña
   Votos: 3
|
Publicado: Mie Nov 29, 2006 7:39 pm Título del mensaje: |
|
|
Paréceme fenomenal apoiar ao grupo de Zaragoza!! Ao final vaise facer algo máis?? o das mascarillas ou asi?? témola que montar joder!!
P.D.: Por certo Marcial, como podo poñer unha imaxe como a túa?? é de Miguelanxo, verdade?? |
|
| Volver arriba |
|
 |
Marcial Administrador
Registrado: 10 Oct 2006 Mensajes: 403 Ubicación: A Coruña
  
|
Publicado: Mie Nov 29, 2006 10:12 pm Título del mensaje: |
|
|
Tes boa vista Xiana jejeje. Sipi, é de Miguelanxo Prado, dunha das súas Quotidianas Delirantes. A escaneei dun libro que teño na casa.
Para poñer un avatar tes dúas posibilidades, buscar unha que che guste por internet, copiar o enlace e poñelo no sitio pertinente do teu perfil, ou coller unha imaxe do teu disco duro (foto, escaneado, imaxe modificada, ...) e subila a algún dos múltiples sitios que hay para gardar imaxes e compartir cada unha delas cun enlace (neste caso sería este enlace que che den o que utilizarías).
Neste último caso, unha opción interesante é Flicrk, e para saber como darte de alta e subir algunha imaxe te remito ao tutorial posto por Jose na sección de Fotos : http://masacriticacoru.mundoforo.com/tutorial-para-colgar-fotos-vt37.html
Tamén é interesante facer un perfil en Flicrk, porque así se algún día fas algunha foto na masa poderás compartirla co resto de nós no grupo de Flickr da masa crítica : http://www.flickr.com/groups/masacriticacoru ou simplemente facer comentarios nas fotos que os demáis vaiamos subindo.
¡Sorte coas probas!
P.D. Por certo, ao final sí poderei quedarme ao tradicional pinchiño e consumición de despois da masa, pola contra chegarei algo xustiño ao comezo. |
|
| Volver arriba |
|
 |
Xiana

Registrado: 03 Nov 2006 Mensajes: 180 Ubicación: Os Castros_A Coruña
   Votos: 3
|
Publicado: Vie Dic 01, 2006 6:25 pm Título del mensaje: |
|
|
Graciñas Marcial!! xa ves que conseguín mete-la foto... pero a tamaño xigante... ups... como a podo reducir?? ou non podo?? púxena en "small" xa... non sei si se poderá facer algo pois...
Como ves tamén é unha imaxe de Miguelanxo, da súa curtametraxe "De Profundis", encántame.
Pois vémonos hoxe na bici!!
Saúdos!!
Xiana. |
|
| Volver arriba |
|
 |
|
|
No puede crear mensajes No puede responder temas No puede editar sus mensajes No puede borrar sus mensajes No puede votar en encuestas
|
Foro creado Gratuitamente en http://www.mundoforo.com Crea gratis tu foro en http://www.mundoforo.com
Mapa del sitio
Powered by phpBB © 2001, 2005 phpBB Group
|